Sábado 11 outubro – Día de Acción Europea: STOP TTIP, CETA e TISA

Damos pulo a esta convocatoria que nos enviaron dende ECOAR))) (non ligamos a súa web porque ao ir a ela buscando máis información, o seu enderezo nos leva à web dunha empresa australiana de calzados, e pese a que avisamos a ecoar, aínda non nos dixeron a que obedecía tal situación e seguen enviando correos onde figura esa web para recibir máis información (??)).

hO vindeiro 11 de outubro terá lugar o Día de Acción Europea STOP TTIP (Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversión entre a UE e os EU), CETA (Tratado Económico e Comercial Integral entre a EU e Canadá ) & TISA (Acordo sobre o Comercio de Servizos). Cidades e colectivos de toda Europa uniranse a esta xornada de rexeitamento cara estes tratados e defensa dos dereitos das persoas, os pobos e o medioambiente. En Vigo, ECOAR))) apoiará este Día de Acción Europea STOP TTIP, CETA E TISA cun reparto de folletos en Praza América, Centro Comercial Travesía e Porta do Sol.

O TTIP, o CETA e o TISA son acordos comerciais internacionais negociados de costas á cidadanía cuxa aprobación suporá o establecemento definitivo dun sistema onde as multinacionais e as finanzas someterán definitivamente a soberanía popular!! O TTIP, o CETA e o TISA conformarán o marco legal que blinde o expolio do común por parte do poder económico a costa do esnaquizamento das persoas, os pobos e o medioambiente.

A aprobación destes tratados suporá que:

– As empresas multinacionais terán dereitos exclusivos para demandar aos gobernos ante tribunais de arbitraxe privados, que serán independentes dos sistemas lexislativos.

Reduciranse os estándares de saúde e seguridade.

– Os gobernos deixarán de ter competencia para previr prácticas nocivas, como o fracking ou o uso de transxénicos.

– Os servizos públicos esenciais deixarán de ter carácter universal e buscarase a súa total privatización.

– Os dereitos sociais e laborais xerais veranse reducidos á mínima expresión, cando non eliminados en moitos dos casos.

Podedes atopar toda a información sobre estes tratados nas seguintes páxinas web

http://noalttip.blogspot.be/ (española)

http://www.stop-ttip-ceta-tisa.eu/es/ (internacional)

Unha resposta to “Sábado 11 outubro – Día de Acción Europea: STOP TTIP, CETA e TISA”

  1. […] ABORDAXE. XOVES 9 DE AOUTUBRO DE 2014 […]

Deixar un comentario