[Vigo] ReCupErAr Os BaRRioS: BarrIO dO CuRa e PAnIfiCaDOrA

1979307_663156967137504_5171757441652083414_oNace “Recuperar os Barrios”. Unha iniciativa de ECOAR))) que pretende protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico, artístico e natural dunha comunidade que se atopa ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan.

O BARRIO DO CURA é, xunto á PANIFICADORA, un dos alicerces sobre os que se constrúe a historia e a identidade de Vigo. O Concello de Vigo, en connivencia coa Xunta de Galicia, vén de aprobar un plan especulativo que supón acabar con esta parte da cidade.

ASINA para defender o Barrio do Cura!

Web: recuperarosbarrios.eu

O vindeiro venres día 3 de outubro realizaremos un Roteiro polo Barrio do Cura que sairá ás 19:30h da Oliveira (Paseo de Alfonso)

Esiximos un cambio de modelo que aposte pola conservación e a rehabilitación dos espazos, edificacións e bens culturais; que aposte pola creación de espazos libres e dotacións públicas de calidade, e vivendas en sintonía có tecido urbano no que se atopan e coas necesidades sociais do momento actual; que busque a preservación de todas e cada unha das especies naturais senlleiras que nel se atopan; que aposte por unha economía sostible baseada no pequeno comercio e o consumo responsable; un modelo que aposte, sobre todo, polas persoas, a memoria, os dereitos e a dignidade!!

Esiximos…
RECUPERAR OS BARRIOS!!

Asina!! Difunde!!

Saúdos,

Unha resposta to “[Vigo] ReCupErAr Os BaRRioS: BarrIO dO CuRa e PAnIfiCaDOrA”

  1. […] ABORDAXE. MARTES 30 DE SETEMBRO DE 2014 […]

Deixar un comentario