Unha anécdota e unha reflexión sobre a militarización da vida

44947_NpAdvHoverArtigo por Disnomia para Abordaxe!.

Onte, mentras algunhas solidarias nos atopábamos nos exteriores da nova Audiencia Nacional no polígono industrial de San Fernando de Henares, no municipio madrileño de Torrejón de Ardoz, para asistir ao xuízo do militante independentista Raúl Agulleiro e amosarlle o noso apoio e sorrisos durante dito evento, tivo lugar un feito do que se cadra só unhas poucas nos decatamos, pero que considero importante reseñar brevemente pola reflexión que me viu á cabeza.

Antes de nada, dicir que o xuízo rematou antes do previsto, e a maioría das solidarias que onte nos desprazáramos a Madrid coa intención de ficar alá ata rematar o xuízo, voltamos no mesmo día. Lembremos que Raúl atopábase acusado de ser o autor material da explosión que tivo lugar na Casa do Concello da localidade de Baralla, en Lugo, onde o alcalde do PP, Manuel González, fíxose coñecido non só por realizar comidas e celebracións cada 20 de novembro para homenaxear a Francisco Franco no aniversario da súa morte, senón tamén por diferentes declaracións coma aquela na que dixo que na súa opinión, as persoas fusiladas e asasinadas a sangue frío durante o franquismo merecían a súa sorte. A defensa pactou 7 anos e medio de cadea para Raúl, dos cales 3 serían por integración en suposta banda armada (a mitolóxica “Resistência Galega”), 3 por depósito de explosivos e 1 ano e 6 meses por danos (inicialmente a acusación era por estragos). O acusado aceptou a sentencia e nós, considerando que a petición fiscal era de 29 anos, puidemos saborear un anaco de alegría. Supoño que é unha merda ter que considerar unha alegría ver pasar a alguén 7 anos da súa vida no talego por loitar por un mundo menos miserable, só porque os amos dese mesmo mundo miserable pretendían pechalo 29 anos e non 7, pero ante semellante perspectiva a verdade é que non podíamos senón alegrarnos e facer do compromiso de seguir coas nosas loitas a mellor das respostas.

Con todo, non é do xuízo en sí mesmo do que pretendo falar aquí, senón máis ben dun feito que ocorreu momentos antes. Recén abertas as portas da Audiencia e agardando a poder entrar, alá nos atopábamos, diante de tan infame edificio, cando un gran avión de cor gris apareceu voando baixo e pasando por enriba de todas nós. Tan baixo voaba que quenes miramos arriba puidemos ler no dorso inferior das ás as siglas USAF, que non significan outra cousa que United States Air Forces (Forzas Aéreas dos Estados Unidos). Abraiadas algunhas fixémonos preguntas, por que sobrevoaba esa zona un avión militar ianki? Moi sinxelo, non moi lonxe hai unha base militar aérea, que actualmente é usada polo exército español e que foi usada de xeito conxunto coas forzas armadas estadounidenses especialmente durante a Guerra Fría e ata comezos da década dos ’90, cando estas devoltaron a súa parte da base ao exército español, como un dos resultados do ingreso do Estado español na OTAN alá por principios da década dos ’80, grazas ao “socialista”, “amigo da paz” e “humanitario” PSOE. A pesar de que a maior parte das forzas da USAF foron retiradas da base de Torrejón de Ardoz en 1992, a “retirada definitiva” das forzas aéreas iankis produciuse 12 anos despois, en febreiro de 2004. Sen embargo, vese que de vez en cando aínda veñen de visita, porque senón non me explico o de onte.

De todos xeitos, e alén de se unha base militar na periferia dunha gran cidade coma Madrid alberga forzas militares extranxeiras ou non (que ao fin e ao cabo é algo irrelevante dende o momento no que non é ningún segredo que EE.UU. e U.E. colaboran formando o principal eixe imperialista contemporáneo), o que me importa neste caso é destacar o que supón que pouco a pouco se normalice a presencia militar nas rúas. No contexto do evento “Tatuagens pola liberdade”, realizado no Centro Social Okupado e Autoxestionado Escárnio e Maldizer de Compostela, tivo lugar unha palestra baixo o títuloMilitarizaçom do território, militarizaçom das fronteiras: Análise, experiências, propostas de luitas e resistências antimilitaristas” e na que, entre outras cousas, falouse precisamente do alarmante aumento no nivel de tolerancia da poboación cara a presencia militar, sempre vinculada a diferentes eventos e actos publicitarios que lexitiman dita presencia, ou agóchana con diferentes maquillaxes, aproveitando circunstancias especialmente críticas (“desastres naturais”, accidentes a gran escala, “ameazas terroristas”…) ou ocultándose tras ONG’s hipócritas coma a Cruz Vermella ou ACNUR, que serven de ferramenta ao imperialismo occidental para desembarcar colateralmente os seus intereses en zonas de conflicto pero tamén para facer plausibles os efectos da militarización interior das metrópoles e da neurose securitaria que padece Occidente nos nosos tempos. Sirva como exemplo a UME.

Ata que punto resúltalle normal a unha cidadá calquera que o seu barrio sexa supervisado por avións militares continuamente dende o ceo? Ata que punto resúltalle cotián, habitual, aceptable, que as maniobras militares se realicen ahí, ao carón da súa casa, e que non teñamos o menor acceso a información clara sobre o propósito real de ditas maniobras, ou do que pretenden? Ata que punto debería sorprendernos ou poñernos sobre aviso que avións militares estadounidenses sobrevoen as nosas cabezas mentras nos atopamos agardando a que outras forzas de represión e ocupación interiores, a Policía Nacional, a Garda Civil ou os lacaios noxentos vestidos de toga da Audiencia Nacional, elixan o destino das nosas compañeiras ou amigas? Son preguntas incómodas sen dúbida, pois conducen a pensamentos que obrígannos a replantexarnos cal é a nosa posición, pero o que a min me fan lembrar “anécdotas” coma a de onte é que por enriba de todos os vexatorios silencios e aplausos das masas que reforzan unha paz social cada vez menos creíble e máis inestable, a realidade é que estamos en medio dunha guerra, unha guerra que non declaramos nós senón que nacimos nela, unha guerra da economía contra a vida e do terrorismo de Estado contra os soños e a raiba de quenes non nos conformamos con este estado de cousas.

Aínda lembro cando facendo unha viaxe en autostop, mentras durmíamos ao carón dunha área de servizo en Francia, nunha zona de herba e árbores, espertáronnos varios cazas da OTAN sobrevoando a zona. Tamén había unha base próxima. Tamén estaban de maniobras. E á xente que preguntamos tamén lles parecía o máis normal do mundo… A nós, pola contra, déronnos arrepíos. Coma dicía certa canción, son os “arrepíos que percorren as visións da normalidade…”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: