A inutilidade da policía

represionespanaTirado e traducido por Disnomia para Abordaxe.

Como boas piratas e anarquistas, somos claras inimigas de toda forza policial. O noso profundo e irreconciliable desprezo sen embargo non é gratuíto, ten unha razón de ser, uns motivos ou máis ben, unhas causas, e aínda que eu considere que dita razón de ser resulta obvia para calquera que faga un pequeno esforzo por ver máis alá da realidade adulterada que a tv lle pon diante dos ollos, ás veces é necesario explicala. A iso ven este texto de Demian Reyes que tiro e traduzo de Ruptura Colectiva (a onde cheguei a través da republicación do artigo en Portal Libertario Oaca) e que titulado “A inutilidade da policía” fai un percorrido pormenorizado pola suposta “utilidade” da policía e reflexiona sobre a súa auténtica finalidade.

Ás policías de todos os Estados do mundo: Non esquecemos. Non perdoamos. Non vos queremos. Non vos necesitamos.

Apuntes sobre a historia e o concepto da policía

Desde o nacemento do Estado-cidade en Occidente, a “politeia” foi un mecanismo encargado do “ordenamento xurídico” da vida social, ademais de contribuír nas guerras de conquista polo territorio e as reservas de escravos. Desprendéndose destes grandes exércitos en todas as civilizacións do mundo, a policía a través das súas diversas transformacións non foi formada pola vontade dos pobos, senón pola subordinación directa dun grupo cara a outro que posúe o poder político e a ditadura da economía, xustamente para defender a súa propiedade privada. Así, nacería a perpetuación da propiedade privada, dividindo á humanidade en dúas clases: a que posúe as riquezas e a que as produce.

A policía foi un obxecto de estudo insignificante e mesmo turbio para a filosofía e as ciencias sociais. Poucas veces algún pensador ou escritor viviu en carne propia a detención, a extorsión, a intimidación ou o asasinato do outro e dun-mesmo a mans dun policía. É por isto, que se preferiu a través de varias xeracións, facer crítica das estruturas do poder político e non da política aplicada nas rúas a través do castigo nos toletes, armas ou puños da policía moderna.

Coa aparición do Estado moderno, a burguesía como clase dominante e os partidos políticos a finais do século XVIII, haberían de reformarse tamén os mecanismos de seguridade. A policía foi perdendo o rumbo militar que posuía e converteuse nunha institución encargada de resgardar os “dereitos dos cidadáns” mediante o monopolio da violencia. A policía non pode pensarse NUNCA como unha instancia da aplicación do dereito, senón, como un excedente da “aplicación da lei”, á súa vez fundadora e conservadora: crea o castigo para conservar a “orde”. Giorgio Agamben escribe a maneira de notas marxinais sobre un ensasyo de Walter Benjamin: “a policía, contrariamente á opinión común que ve nela unha función meramente administrativa de execución do dereito, é tal vez o lugar no que se manifesta ao espido con maior claridade a proximidade, case o intercambio constitutivo, entre violencia e dereito que caracteriza á figura do soberano.” É por isto, que falo sen andrómenas do monopolio da violencia por parte dos uniformados.DA4

A policía colabora así no ordenamento do medio urbano e a prevención do “delito”, sempre baixo os esquemas cívicos e administrativos dunha clase ao poder. Co aumento poboacional nas cidades e o estalido dos movementos obreiros no século XIX, esténdese o uso do concepto “orde pública”, entendido como o “estado de benestar” necesario para a convivencia social: a súa mal nomeada “paz”.

Para o filósofo francés Michel Foucault, é a policía a que “englobaría aparentemente todo”, xa que algunhas bases da sociedade moderna son a disciplina e o castigo como “técnicas de control” desde o corpo ata a mente (o que forma parte das súas teses sobre a “biopolítica”). Prefectos e avogados nas escolas-universidades; caciques e autoridades comunais no campo; patróns e directivos no traballo; un “amor dominante” nas relacións afectivas, tal como foi descrita a “dialéctica do amor” en Jean Paul Sartre e Jacques Derrida.

Con todo, sería a principios do século XXI onde adquiririamos unha conciencia máis ampla sobre o papel da policía, grazas á viralización de vídeos documentados durante brutais represións e detencións en manifestacións pacíficas.

A cuestión da policía foi expresada tamén nas contra-culturas, dentro dos movementos anti-sistema, popularizouse a consigna A.C.A.B. (All Cops Are Bastards = “Todos os policías son uns bastardos”) inventada na década dos 70’s por afeccionados “ultras” de fútbol en Inglaterra, aínda que a historia oral e algunhas crónicas barriais, denotan que a consigna puido ser creada desde 1920 nalgúns cárceres europeos.

Somos antagónicos ás súas violencias non-volitivas

Máis aló da inmediata abolición da autoridade imposta como aparello mundial de vixilancia, extorsión e represión, a nosa tarefa é irromper a lóxica cidadanista (ou rousseauniana) e as súas opinoloxías de que é necesario un monopolio do poder que protexa os dereitos individuais por sobre da comunidade -o que eles e os gobernantes chaman “seguridade pública”-. Non nacemos (e ninguén baixo o seu san xuízo) coa idea de crear prisións, xulgados, burocracias e demais aparellos de dosificación do desenvolvimiento humano por enriba da liberdade. Patrullas, tanques, toletes, gases lacrimóxenos e pementas, escudos, cascos, esposas, armas longas, interrogatorios, sustancias irritantes e demais, son ferramentas que se xestan por terceiros e recaen no parapeto hediondo da policía.

magon_arret

Os policías non son traballadores, non producen algo, e se de cando en cando deteñen “delincuentes” ou “violentos” (que para o individuo alienado, é a función que han de cumprir) xa saberán por anticipado que son produto do mesmo sistema de servidume ao cal se atopan sometidos: “non é a súa culpa, él/ela só necesita un salario!”, “non violencia, eles tamén son pobo!”, “policía, escoita, o teu fillo está na loita!”, son algúns dos argumentos-consignas da pasividade social para defender aos policías en tempos de revolta, mostrando ata a máxima cúspide de que importa máis o valor de uso-intercambio que os actos da realidade inmediata.

É destas premisas que a merda non se recicla, que a súa violencia de merda non recae en empregarse nunha nova dinámica histórica: SENÓN QUE DEBE DESTRUÍRSE PARA REALIZARSE EN CONCIENCIA. Mentres non sexan os mesmos exércitos, milicias ou brigadas as que se autoxestionen e defendan a súa xeografía nun proceso de ampla emancipación, pasarán de ser suposto “gardiáns da paz” a destrutores dela. Quen nos salvará dos americanistas que se apropian dos vagóns do metro?, ata contra eles o policía é un cero á esquerda!

E claro que hai propostas palpables. Durante a expansión do neoliberalismo financeiro e o “progresismo” estatal, o crime organizado en Latinoamérica alcanzaría un modelo de dominación político-territorial inimaxinable en pacto coa policía local, o que levaría á poboación rural a formar as súas propias autodefensas como o caso de Cherán K’eri en 2011 e en Aquila en 2013, ambos en Michoacán, baixo un novo precepto da “rolda comunitaria” que é conformada voluntariamente por integrantes da súa comunidade para servirlle heroicamente á súa comunidade.

Non somos quen para caer no absurdo, que permea con nocións éticas, de concederlle o título de humano ou non a un policía, a un mercenario, a un soldado. Só dicimos que… SOMOS ANTAGÓNICOS A TODO TIPO DE VIOLENCIAS NON-VOLITIVAS. Á súa forza pública contra a desorde social: nosa auto-defensa colectiva por unha orde en común.

Coñecendo este percorrido histórico, o concepto e as experiencias palpables de violencia, pregúntolle ao lector: é útil ou non o brazo policial dos Estados modernos?, é funcional ou é necesario que os mesmos individuos e comunidades deféndanse entre si ata lograr un modelo político onde teñamos unha participación definitiva?

(Reyes, Demián, “Sobre a prisión disciplinaria” en Hermenéutica das Prisións, 2015).

barcelona_05_ByN

Deixar un comentario