Comeza a campaña de financiamento da Escoliña de Vilar en Negueira de Muñiz
Lanzamos a campaña para a rehabilitación da escoliña de Vilar. Propoñémonos a rehabilitación da antiga escola como espazo para o encontro e o desenvolvemento comunitario. As que impulsamos este proxecto, compartimos e cultivamos inquedanzas comunitarias e de autoxestión. Se desexas saber máis sobre o noso proxecto podes botarlle un ollo á nosa web. Isto non o podemos afrontar soas, polo que precisamos do teu apoio.
E CÓMO PODES TI COLABORAR?
-
Contribuíndo dende a nosa páxina na web de goteo.org
-
Facendo un ingreso na conta ES07 2080 0118 4330 0011 4444 ABANCA (concepto: escoliña de Vilar)
-
Difundindo o proxecto e facendo público o teu apoio.
-
Facilitándonos espazo para a difusión nos colectivosdos que formas parte e/ou coñeces, que poidan sentir afinidade. Por exemplo do ámbito rural, educativo, da economía social, medio ambiente… o que ti vexas.
-
Participando na nosa canle de Vimeo cun video para apoiar o noso proxecto.
-
Colaborando no traballo. Todas as mans son benvidas. O noso email é escolinhadevilar@riseup.net
CAL É A NOSA HISTORIA?
O concello de Negueira de Muñiz sitúase no Val do río Navia, illado xeográficamente por mor da súa ubicación no mapa e da ausencia de vías de comunicación.
Confórmano 17 vilas que se atopan a ámbalas dúas beiras do encoro de Salime, que anegou parte das vilas nos anos 50, e deixou a parte oriental sen as canles de comunicación que posuia. A súa altitude vai dende os 250m ata os 1300m do pico máis alto do concello, o Busbeirón.
As riquezas propias deste val eran e son moitas, nun entorno natural privilexiado, cunha gran riqueza patrimonial entorno á alimentación (horreos, cortíns, curripas…) e á ordenación do territorio (muros de separación entre leiras, brañas…). O clima permite a este val situado na alta montaña lucense gozar de amplia tradición de horta, froita, viño, castaña… a súa altitude e a floración escalonada convírteno nun paraíso melífero.
Na actualidade é o concello de Galicia con menos habitantes, no último censo 214, ainda que nos anos 50 superara os 1000.
Ademáis da emigración a América e a posterior guerra civil, o illamento que supuxo a construcción do encoro fixo inviables as economías das aldeas, e @s veciñ@s víronse na obriga de deixar as súas casas, moit@s del@s foran agora ás colonias do Arneiro e o Pumar na Terra Chá lucense.
Tralas décadas de despoboamento, a finais dos 70, gracias a unha persoa que participou do maquis durante a posguerra, un grupo de rapaz@s de ideas libertarias viñeron a asentarse neste val para vivir en comunidade; isto supuxo a recuperación das vilas e o comezo dunha presenza que perdura hoxe en día.
Dende aquela ata agora xa pasaron 40 anos, e a vida nesta beira do Navia, como no resto, tivo unha evolución e transformación de seu. Houbo intres nos que a poboación aumentou ata o punto que chegou a existir unha escola e outros nos que prácticamente ficaron valeiras. Por sorte agora asistimos a un crecemento na poboación, traendo consigo a motivación de participares de proxectos comunitarios e de medrar na natureza.
O Concello de Negueira de Muñiz, que existe como tal dende o 1929, leva o seu nome en referencia a Jose Antonio Muñiz Alvarez, un retornado das migracións a América, onde cultivou unha conciencia de pobo galego e a necesidade da cultura e a lingua como bases para o desenvolvemento do seu concello.
Promoveu a autonomía e a xestión xunto @s súas veciñ@s na construcción da escola de Vilar de Ernes, escola que, aínda que se chegou a construir, nunca se puxo en funcionamento.
Recuperando as inquedanzas de Muñiz e as nosas propias, propoñémonos hoxe a rehabilitación deste edificio. A intención é procurar un espacio educativo e social.
Deixar unha resposta