[Melbourne, Australia] Sabotaxes contra o Consulado francés e empresas filiais de VINCI en solidariedade coa ZAD en Notre Dame das Landes

A loita no ZAD de Notre Dame das Landes, Francia, contra o mega-aeroporto está en pleno apoxeo e en Abordaxe estamos pendentes de “abordar” esa luita e dar conta dela en breves; entanto vos colamos a crónica desta acción solidaria chegada desde as antípodas e que traducimos desde a versión en castelán que se currou o compa de Rebelión de las Palabras desde a noticia orixinal de 325:

Interrupción de VINCI e o Consulado francés

A xs defensorxs da ZAD:

Solidariedade dxs anarquistas no chamado “Melbourne, Australia” -a nunca cedida terra dxs indíxenas do pobo Wurundjeri da Nación Kulin, roubada e ocupada polo Estado xenocida colono-colonial.

En resposta ás recentes ameazas de desaloxo violento polo Estado francés, tomáronse accións en varios puntos de Melbourne, a cidade construída sobre as terras roubadas do pobo Wurundjeri da Nación Kulin, na Australia colonizada. As accións apuntaron ao Consulado francés e a oficinas de compañías da familia corporativa VINCI ligadas á planeada destrución da terra na Zona-A-Defender (ZAD).

O Consulado francés foi atacado con pintura e as súas fechaduras foron enchidas e seladas.

As oficinas de Menard-Bachy e Fressynet (ambas as compañías propiedade de VINCI), tiveron as súas xanelas rotas e eslóganes en apoio á ZAD pintáronse na fachada.

As oficinas en Melbourne de Electrix (unha compañía propiedade de VINCI) foron redecoradas cun numerosos eslóganes celebrando a resistencia aos plans de VINCI.

Para máis información, mira: http://zad.nadir.org

Fotos e texto aquí.

Deixar un comentario