[CP Palma Mallorca] 1 de Xaneiro de 2016, Morre o compa Manuel Gómez Lidón na súa cela

Recollemos esta necrolóxica da traducción que fixo o Boletín Tokata (da que nós traducimos ao galego) da noticia publicada en Contrainfo.cat. Alén colamos (sen traducir) un seu Comunicado de cando a luita contra o rexime FIES que asinaba (xunto a outros presos do módulo de illamento da prisión de Palma) en 31 de decembro do 2000. Unha vez máis abondan as razóns para seguir indo ás Marchas contra os Talegos, das que a súa familia era asidua.
timthumb.php O ano comeza como sempre dentro das prisións do estado. Mal agoiro para o que resta. Chéganos esta noticia dunha morte dentro de prisión. Esta vez tocoulle a un resistente ás inxustizas e abusos dentro do cárcere:

Soubemos que Manuel Gómez Lidón foi atopado o 1 de xaneiro de 2016 morto na súa cela da prisión de Palma. A noticia comunicouno Teresa, nai de Manuel, con quen tiña previsto un cara a cara con el ese día mesmo. Cando acudiu á prisión, o xefe de servizo, sen ningún miramento, deulle a fatídica noticia sen ningunha información máis, con resentimento, como sempre trataron a esta familia.

A finais dos 90, tanto a familia de Manuel, como el mesmo, estiveron en contacto coa Cruz Negra Anarquista de Palma. Teresa e o seu marido eran asiduos ás marchas na prisión de día 31 de decembro, mesmo para unha destas manifestacións Manuel redactou unha carta aos compañeiros e compañeiras que participaron, e leuse ao final do acto. Sempre sabiamos que a manifestación dentro da prisión vivíase con moita alegría, e os presos sentíanse reconfortados; Manuel e a súa familia lembrábannolo sempre.

Teresa e o seu marido, tamén participaron de xornadas e actos. A última vez que se viu a Teresa foi na inauguración do local da CNT, na rúa de Joan Alcover. Estaba contenta porque esperaba a saída do seu fillo da prisión de Castelló, onde fora trasladado.

Manuel entrou de mozo á prisión, por delitos menores, e nunca puido saír. Aínda que recobrou a liberdade un par de veces, sempre volvía entrar: non puido, como lle pasou e pasa a moita xente, recobrar completamente a liberdade. Entrar á prisión a idades tan temperás provoca, na maioría de casos, a destrución do individuo, a incapacidade para manter unha vida dentro dos parámetros que se teñen como ”normais”. A reinserción nunca se abordou cunha clara intención de que se materialice, e Manuel era un claro exemplo.

Manuel estivo en réxime FIES moito tempo. Ademais, en 1999 recibiu ameazas na prisión madrileña de Soto del Real en represalia por denunciar malos tratos dentro do módulo XV, o de illamento, para que se retractase dos feitos denunciados cando acudise xulgado.

Ultimamente abandonara a metadona e facía moito deporte. Isto descolocou aínda máis á familia, posto que o vían con ánimos e non saben que pasou. A prisión non lles quixo informar de nada, temos que esperar a autopsia; toda a información que ten a familia recíbena da empresa funeraria que teñen contratada.

Pouco máis podemos achegar, posto que a noticia foi totalmente inesperada, e aínda máis a unha data como a de hoxe. Non queriamos que o sufrimento da familia quedase entre eles. Teresa xa pediu axuda para chegar onde sexa, e non nos sorprende: foi unha nai loitadora, que o deu todo polos seus fillos.

Que a terra che sexa leve compañeiro.

Desde Abordaxe tamén sumámonos á dor de familia e amigos e lembrámoslle no seu caracter loitador e resistente con este seu comunicado de cando a loita contra en reximen FIES (31/12/2000):
Dibujo

Deixar un comentario