[A Coruña] Lanzan pintura vermella ao consulado turco na noite antes dunha concentración en apoio do pobo kurdo

Consulado turco concentración abordaxe

Onte pola tarde realizouse diante do consulado turco da Coruña unha concentración solidaria coa loita do pobo kurdo. Ao redor dunha vintena de persoas repartiron panfletos e corearon consignas tras dunha pancarta na que se podía ler “En solidariedade co pobo kurdo. Turquía asasina”; todo baixo a atenta mirada da dotación correspondente a catro furgonetas dos antidisturbios, despregada oportunamente nos arredores da legación diplomática.

Recibidas quin /

Esta noticia non chamou a atención da prensa empresarial herculina, non obstante todos os diarios recollían nas súas seccións locais o “acto vandálico” perpetrado a noite anterior contra ese mesmo edificio, consistente no lanzamento de pintura vermella sobre a fachada e a beirarrúa, onde se pintou a silueta dun cadáver xunto as consignas “Turquía asasina” e “Kurdistán ceive”. Os serviciós de limpeza municipais borraron todo signo desa acción antes do comezo da protesata.

Jack Espárrago para Abordaxe!

Deixar un comentario