[Bilbo] Revista Píkara nº 3

Colamos das compas do Todo por Hacer (e traducimos) esta súa crítica ao nº 3 desta revista anuario en formato papel feita por varias autoras:

Píkara é unha revista dixital que xera e publica contido durante todo o ano na súa páxina www.pikaramagazine.com. Como complemento da web, cada ano publícase unha edición anual en papel (á que se adoita engadir algún artigo inédito como agasallo), impecablemente maquetada, para poder palpala, coleccionala, gozala sen pantallas e chegar con ela a novos públicos.

O último anuario, o terceiro, contén unha temática moi variada nos seus máis de trinta artigos, abordada sempre cunha perspectiva feminista e anti-patriarcal. Así, atopámonos con textos sobre como a brecha de xénero xera unha diferenza no diagnóstico e tratamento entre homes e mulleres en cuestións de saúde mental; artigos sobre violencia de xénero e amor romántico; mulleres no mundo da arte ou no cinema: mulleres en Palestina; a dualidade do terceiro sexo na India; a trata de mulleres; as mulleres nos Centros de Internamento de Estranxeiros/as; as mulleres durante o Holocausto e un longo etcétera. Incluso algunhas das súas autoras métense de cheo en cuestións sumamente polémicas como a compatibilidade (ou non) entre ser feminista e ter unha empregada doméstica, ou temas tan complexos e tan pouco tratados (ou esquecidos) como o é o feminismo islámico e o cuestionamiento dos privilexios masculinos no islam patriarcal.

Segundo a información que aparece neste número, escriben habitualmente en Píkara dezaoito persoas e no ano terceiro colabouraron outras cincuenta (60 se contamos ás coordinadoras, directora de arte, maquetadoras, etc.). O resultado é sumamente enriquecedor, e non só nas temáticas escollidas (e no feito de que cada autora profunda no que domina), senón tamén no estilo de redacción e na diversidade de ópticas coas que se escribe. Algúns artigos son máis sinxelos que outros; algúns serven para iniciar o debate ou a crítica respecto dunha cuestión (posiblemente dirixida a alguén que non se expuxo a súa existencia con anterioridade) e outros foron escritos para iniciadas e coñecedoras de distintas correntes feministas. Pero todos teñen en común a súa crítica ao patriarcado e a súa vontade de acabar cos privilexios machistas. Ler Píkara e aprender a enfocar as problemáticas que nos rodean desde unha perspectiva de xénero é un bo primeiro paso a dar para avanzar nesta dirección.

Despedímonos cunhas palabras da editorial deste número:

“Os editoriais son eses textos de opinión que nunca van asinados e responden á postura do medio de comunicación en que aparecen publicados. ¿A nosa? Desobedecer as normas. Entre elas, as regras de ouro do xornalismo máis tradicional. Resultaría practicamente imposible que colhesen nun texto a diversidade de opinións e crenzas de quen forma parte deste proxecto. Píkara Magazine puxo en alza o valor da heteroxeneidade. […] Queriamos facer xornalismo dese que transforma a realidade e mellora a vida das persoas e, ademais, crear un espazo de debate entre feminismos e feministas diversas, un lugar de encontros e encontróns. […] Estamos a consolidar, grazas ao voso apoio e agarimo, un proxecto que naceu sen demasiadas pretensións, pero que hoxe pretende cambialo todo. O xornalismo, se quere facer honra ao seu nome, ten que ser transgresor, protestón, cuestionalo todo. Niso estamos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: