[London, Gran Bretaña] Anarquistas irrumpen nunha reunión entre o SWP e Syriza en Solidariedade con xs compas presxs nos cárceres gregos

Recollemos de ContraMadriz (e traducimos ao galego) este seu extrato e tradución do inglés do site ActForFree:
cropped-2012-06-05-16.04.40 O Sábado 11 de xullo o Partido Socialista dos Traballadores (SWP) británico organizara unha reunión pública con un membro do Comité Central de Syriza en London e á que asistiron perto de 1.000 persoas.

Impulsados polo rexeitamento ás políticas apoloxistas do autoritarismo e o patriarcado do SWP e para deixar claro a Syriza que o encarceramento de compañeirxs revolucionarixs combatentes non ficará en paz (dá igual a que parte do mundo vaian), un pequeno grupo de Anarquistas conspiradorxs tomamos a decisión de interromper a reunión.

Coámonos con éxito entre as súas liñas de gardacostas ata chegar ao palco onde despregamos unha pancarta que dicía “Solidariedade cos anarquistas encarcelados, non con Syriza” e coreamos algunhas consignas contra a prisión.

Durante a fuxida fomos atacados con saña: A un compañeiro arrancáronlle pelo, a bandeira foi roubada, recibimos ameazas de morte, comparáronnos con nazis, resgaron roupa, etc. Este nivel de violencia foi inesperado pero revelou a natureza autoritaria do SWP.

Algúns membros da multitude opuxéronse á violencia desatada cara a nós; esperemos que isto lles faga evidente que tipo de organización é o SWP.

Lume as prisións!!
Ningunha paz para Syriza mentres os nosos Camaradas apodrezan nos seus cárceres!
Pola revolución social e un pobo en armas!

Deixar un comentario