Sábado 24 e Domingo 25 Manifestacións Contra a Represión. ¡NON à Lei Mordaza e NON à Reforma Penal!

B7ZNPisCEAAW2AcPese a que non temos noticia de que haxa unha convocatoria galega, colamos polo seu interés (e traducimos) do blogue da Coordinadora 25S, alén para saber máis sobre o que nos ven enriba (tanto da Lei Mordaza como da reforma do Código Penal) vos convidamos a ler este artigo do Todo por Hacer “A Lei Mordaza limpiará as rúas de persoas”, asín como visitar a web “No Somos Delito”, onde teñen un feixe deboa información ao respeito (en castelán). Ò final deste artigo vai unha relación das localidades onde vai haber protestas esta fin de semana (bon mais ben, das que se ten coñecemento ata agora):

Sufrimos un endurecemento represivo no que a norma é tratar a quen se manifestan ou disenten a paus, con cargas, identificacións, multas, detencións e mesmo con peticións de graves penas de prisión como a Alfon, aos anarquistas secuestrados o pasado 17 de decembro ou a unha morea de sindicalistas. Isto responde a unha falta de tradición democrática na que o respecto aos cidadáns e cidadás non existe. En lugar de servir ao pobo, de atendelo ou escoitar as súas demandas, considéraselle inimigo potencial, un sospeitoso ao que hai que abater.

cortes-c25s No terceiro Estado con menos delincuencia de Europa, que ten máis prisións que hospitais, queren encher os seus cárceres de disidentes, de dignos compañeiros e compañeiras de loita.

Para xustificar o endurecemento de medidas represivas, que sucede xa a nivel europeo, non dubidan en utilizar mesmo o recente atentado na revista Charlie Hebdo. En París vimos a todos os líderes europeos pretender erixirse en paladíns da liberdade de expresión e os valores democráticos mentres que, escusados na loita antiterrorista, aproban leis que converten en terrorista a calquera cidadán.

Liquidar liberdades e converter dereitos fundamentais en delitos, é o que estas reformas pretenden institucionalizar. Con iso, o réxime dá cobertura legal á represión xa en marcha e garante a seguridade ao bloque dominante: corruptos, especuladores, explotadores… La Ley de Seguridad Ciudadana e a Reforma Penal son en realidade leis para a seguridade do réxime.

Estas leis son unha mordaza ás protestas sociais, coa Lei de Seguridade Cidadá os escraches, as manifestacións non comunicadas, o uso de imaxes da policia ou as ocupacións de entidades públicas ou privadas como forma de protesta, serán obxecto de multas desorbitadas.

Corrupción compliance prescripción responsabilidad penal de las personas jurídicasAsí mesmo, a Reforma Penal que converte as faltas en delito castigará con penas de cárcere ou antecedentes penais condutas propias da protesta social como a resistencia pasiva, obstaculizar un desafiuzamento ou unha detención, ou difundir consignas que animen á desorde pública. Criminalizase a colectivos que non supoñen un perigo para a sociedade, como activistas, inmigrantes e persoas sen recursos, e non obstante non se endurece o castigo contra a corrupción nin contra outros delitos cometidos só por quen manexa grandes cantidades diñeiro.

mordazaCoa Lei Mordaza as condutas que agora se resolven ante un xuíz pola vía penal, o que che garante unha serie de dereitos á hora de defenderte das acusacións da policía, serán sancionadas pola propia policía baixo o ditado do goberno do réxime. Adeus á separación de poderes. A Lei Mordaza, ademais pretende dar cobertura legal ás chamadas “devolucións en quente” contrarias ao dereito internacional de asilo.

A resposta popular ante esta flagrante vulneración de dereitos fundamentais, pasa pola firmeza ideolóxica, por desafiar ao réxime monárquico, coñecer os nosos dereitos e que o movemento popular non retroceda. Pasa por non caer nas súas trampas de criminalización e por saber, de forma clara, que estas leis están pensadas para protexer aos Urdangarines e as infantas, aos dos sobres e as tarxetas black, aos empresarios que enchen eses sobres, aos das viaxes a Canarias a custa de todas nós, ás que fan recortes criminais en sanidade e asasinan mascotas mentres esconden coches de luxo invisibles no garaxe.

Pero xuntas imos combater a súa represión, as súas leis mordaza, a súa condena a pagar a débeda e cada un dos seus ataques aos cidadáns e cidadás. Imos seguir defendendo os nosos lemas: PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE.

Somos a resistencia democrática e dicimos que NON PASARÁN!

CONTRA A REPRESIÓN.
Non á Lei Mordaza e non á Reforma Penal!

Concentracións e manifestacións convocadas para o 24 e 25 de xaneiro contra a represión:

img_20150121_143756

Deixar un comentario