Contra TTIP e CETA – Recollida de sinaturas na rede

Dende ECOAR))) nos envían este seu correo da Campaña contra o TTIP:
non ttip
A Unión Europea e Estados Unidos, en absoluto segredo e de forma urxente, están negociando un tratado de libre comercio chamado TTIP (siglas en inglés de “Tratado Transatlántico de Comercio e Investimento”)

Dende ECOAR))) xunto con outras organizacións, queremos apelar ás institucións da Unión Europea e seus estados membros a que suspendan as negociacións do TTIP e que non asinen o Acordo Económico e Comercial Global (CETA) co Canadá. É por iso que vos animamos a participar na recolla de sinaturas que se está a levar ao cabo e á que podedes acceder neste enlace

Que queren conseguir con este tratado secreto?

O principal obxectivo deste tratado é a eliminación das barreiras regulatorias que limitan os beneficios económicos das empresas transnacionais aos dous lados do Atlántico.

Con todo, estas ‘barreiras’ son as que protexen e regulan os nosos dereitos sociais e ambientais.

Que está en xogo?

-Restrición de transxénicos.
-Regulacións sobre o uso de sustancias químicas tóxicas no agricultura.
-Fracking.
-Leis de proteción da privacidade en Internet e a protección dos nosos datos.
-Liberalización dos servizos públicos como sanidade, educación, seguridade e auga.

Que vai pasar?

A menos que presionemos para parar este tratado, a súa ratificación conlevaría a perda de importantes dereitos adquiridos nas longas loitas democráticas e dos intereses sociais da cidadanía da Unión Europea e os Estados Unidos, así como do resto do mundo.

E que podo facer eu?

Podes actuar contra o TTIP de varios xeitos: de forma virtual, presencial e/ou ambas.

non ttip2

non ttip3

En ECOAR))) iniciamos unha nova etapa na nosa andaina e para isto estivemos de mudanzas cara a un novo dominio web: http://www.ecoarglobal.org

Alédanos seguir contando con vós neste novo tempo!
Moitas grazas pola vosa atención, participación e colaboración!!!!!

DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”
MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR
PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE

ECOAR)))

Espazo de (Contra)discurso, Coordinación e Construción de Alternativas e Resposta Social

www.ecoarglobal.org

Deixar un comentario