[Asturies] Dous presos mortos no cárcere de Villabona

Recollemos do blogue do Grupo Anarquista de Asturies “HIGINIO CARROCERA”:

prision-carcel-inyeccion-letal-pena-muerte Segundo informa o xornal burgués La Nueva España Juan V. H. e Jonathan Jesús A. U., presos do módulo oito da prisión de Villabona, que cumprían condena por “furtos e delitos contra a saúde pública”, foron achados mortos onte pola mañá nas súas celas, tras o habitual reconto que realizan os carcereiros que, como é habitual, achacan as posibles causas a unha sobredose de droga ou á inxestión dalgunha substancia adulterada.

Ambos os dous presos, de orixe canaria cumprían condenas superiores aos tres anos. Un deles foi trasladado a Asturies o pasado mes de maio e o outro ingresou no centro penitenciario con posterioridade a esa data. Tras coñecer os feitos, Institucións Penitenciarias ten aberto unha información reservada (terminoloxía habitual para designar ás investigacións desta índole) e desprazou un inspector a Asturies que xa se encontra na rexión.

Aínda que o silencio é a tónica habitual á hora de valorar os feitos, persoas próximas ao ámbito penitenciario recoñeceron ao citado diario que se trata dun suceso pouco habitual, ao afectar a dúas persoas á vez, na mesma franxa horaria.

Recentemente o expreso anarquista Amadeu Casellas denunciou no seu libro autobiográfico “Reflexo dunha sociedade” que un dos principais problemas dos cárceres españois é que se está a facilitar en elevados niveis, drogas legais para “durmir ao patio”. A poboación reclusa recibe de xeito desproporcionado fármacos moi fortes de xeito continuado poñendo en risco a súa saúde física e mental. Casellas dicía que o Estado, a través dos carcereiros, induce algúns presos a suicidio por sobredosis.

En Villabona os venres facilítaselles as doses correspondentes ao sábado, ao domingo e a datas posteriores, se coincide con días de ponte, o que pode supoñer que o interno o toma todo dunha vez, e se coincide cun tratamento de metadona, se dan altas posibilidades de que se produzan intoxicacións graves. Por outro lado hai unha gran masificación nos módulos sete e oito do centro penitenciario, así como os problemas referentes á clasificación de presos.

2 Respostas to “[Asturies] Dous presos mortos no cárcere de Villabona”

  1. […] outro preso no cárcere de Villabona, o vixésimo sétimo dende 2011, segundo cifras oficiais, o terceiro nos últimos seis meses. Era Omar González López, un chavalote da conca mineira, langreano, con 29 anos. Os carcereiros […]

Deixar un comentario