[C.P. Villabona, Asturies] Galaxia Hernández “atopada” morta na súa cela. E van…

Recollemos do Tokata (e traducimos):

Galaxia Hernández Salgueiro, unha rapariga de só 27 anos de idade, foi “atopada” morta ás tres e media da tarde do mércores 30 na cela do módulo dez da prisión de Villabona onde estaba encerrada. O seu falecimento é o quinto producido nos últimos dez meses entre as persoas presas no cárcere de Villabona.

Aínda non se sabe nada oficialmente sobre as causas, pero xa empezaron algúns carroñeiros a tentar aproveitarse da morte de Galaxia en beneficio dos seus sucios intereses, como viñeron facendo en relación con mortes anteriores. Trátase dos demagóxicos defensores da UTE de Villabona, buque insignia do que se presenta como un novo modelo, máis humano, de cárcere −“o cárcere da esperanza” chegaron a chamala−, cando se trata en realidade dun sistema deshumanizante que busca a degradación das persoas atrapadas nel por medio de retortas estratexias conductistas que esixen aos presos converterse en acusones sometendo a chantaxe permanente o recoñecemento dos seus dereitos máis elementais.

Nese horrible cárcere, onde as persoas presas sofren, como en todas, condicións de superexplotación laboral, abandono sanitario e todo tipo de malos tratos, “apareceron” mortos en novembro dous presos, supostamente por sobredoses de drogas, e outro máis a finais de abril. En maio atopouse aforcado a outro na enfermería, da que se di é un verdadeiro psiquiátrico, pois está ocupada por cantidade de enfermos mentais dos que deambulan abandonados dentro das prisións españolas.

Máis información en Abordaxe sobre as mortes en Villabona:

[Asturies] Dous presos mortos no cárcere de Villabona

[CP Villabona, Asturies] Omar González López “apareceu morto” na súa cela. Xa van 3 nos últimos 6 meses (27 dende 2011!!)

Cárcere de Villabona, Perigo de Morte!! Un outro preso máis aparece morto na enfermería. Xa van 4 en 6 meses

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: