Archive for the publicacións Category

Boletín Abordaxe Nº15

Posted in anarquismo, publicacións on Xaneiro 11, 2017 by abordaxe

portadan15Xa está nas rúas e na rede o nº15 do noso boletín. Podes acceder á sua letura ou descarga na sección da columna dereita deste noso blogue. A seguir deixamos o índice de contidos: Seguir lendo

Saiu o primeiro número da Kallaikia, Revista de Estudos Galegos

Posted in galiza, publicacións on Xaneiro 2, 2017 by abordaxe

kallaikai

Saiu o primeiro número da revista da Associaçom de Estudos Galegos (AEG). Trata-se de um projeto de caráter científico, divulgativo e comunicativo, que tem a nossa língua como eixo articulador e abrange todos os ámbitos do saber e a Galiza como referente principal. Seguir lendo

Cronologia Maldita: Cronologia da confrontação anárquica no território controlado pelo Estado brasileiro (2000-2015)

Posted in anarquismo, publicacións on Decembro 30, 2016 by abordaxe

porto-alegre-rs-baixe-ja-o-livro-cronologia-mald-1

Por bibliotecakaos.noblogs.org

Após um ano de ter editado o nosso primeiro livro, decidimos difundi-lo e convidar a sua propagação. Valorizamos neste momento, todas as ações de confrontação que aconteceram após esta publicação. A chama anárquica mostra sua vitalidade, vigência e força. Do mesmo jeito, valorizamos cada lembrança e esforço por nos comunicar a memória anárquica com a qual fomos fazendo este livro. Seguir lendo

[Fanzine] “Lumbre: Reflexiones sobre cuidados y procesos inter e intrapersonales”

Posted in publicacións on Decembro 22, 2016 by abordaxe

lumbre-cobertaPost tirado e traducido de La Rebelión de las Palabras.

Recentemente pillei unha copia deste fanzine a unha distri dun compañeiro. O fanzine, editado por unha autora anónima á que desde xa quixese agradecer o seu esforzo, traballo e palabras, contén algunhas reflexións, consellos e apuntamentos ao redor dos coidados e os procesos que incumben á nosa maneira de relacionarnos e tratarnos tanto con nós mesmes como, sobre todo, con otres.

A lectura pareceume non só moi necesaria (creo que nunca reflexionamos o suficiente sobre estes temas, sempre relegados tristemente a un segundo plano, invisibilizados ou ignorados ata que é tarde e facemos dano a alguén) senón tamén moi conmovedora. Sentinme desgraciadamente identificado con algunhas das condutas e maneiras de actuar que se critican e a min polo menos serviume para reflexionar e darlle voltas. Esperando que teña a mesma utilidade para vós, que vos conmova e axude a mellorar e a construír relacións máis sas e coidadosas, déixovolo a continuación para a súa descarga en PDF.

Para descargar ou ler online o fanzine, click aquí.

«Cuba Libertária» tem edição especial sobre morte de Fidel Castro

Posted in internacional, publicacións on Decembro 19, 2016 by abordaxe

Seguir lendo

Xa disponible o novo número do noso boletín (decembro)

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Decembro 14, 2016 by abordaxe

portadaUn mes máis chega o noso boletín informativo, o derradeiro deste 2016, e xa van 14. Neste número decidimos adicarlle a nosa portada ao novo proxecto de centro social okupado posto en marcha polas compas da Coruña, o CSO A Insumisa, do que xa falaramos nesta nosa bitácora informativa virtual, e ao que desexamos unha longa e rebelde aventura desafiando as lóxicas da dominación e do poder na cidade herculina. Tamén repasamos e damos pulo a outros feitos, textos, reseñas e verbas recentes.

A continuación, segue o índice de contidos. Para descargar ou ler online o boletín, preme aquí.

Seguir lendo

[PDF] Sae á rúa “Cabo de guía: Consejos prácticos para afrontar la represión”

Posted in anarquismo, publicacións on Decembro 7, 2016 by abordaxe

A elaboración desta guía xorde á calor da chamada Operación Piñata, operación policial contra a contorna anarquista. Componse dunha serie de consellos prácticos para poder afrontar as consecuencias dunha operación antiterrorista da mellor maneira posible. Nace da suma de experiencias vividas por compañeiros e compañeiras que sufriron dita operación de forma moi próxima. A nosa intención é facilitar o camiño a quen lamentablemente lle toque transitalo. Non pode tomarse como un dogma, manual ou protocolo, se non como unha achega colectiva duns casos concretos sen esquecer que cada caso pode ser distinto e que a información exposta na guía debe ser revisada e actualizada periodicamente.

Esperamos que poida servirche de axuda, que poidas afrontar esta situación con enteireza e que sigas loitando pola liberdade.

Podes ler e descargar a guía aquí: https://cabodeguia.noblogs.org

banner_rgb_1000_288

“Un tiempo de mala fe”, blog en castelán adicado ao pensamento de Nicola Chiaromonte

Posted in historia, publicacións on Decembro 6, 2016 by abordaxe

Info tirada de Lapsus Distribuidora Alternativa

nicolachiaromonteblog.wordpress.com

Nicola Chiaromonte escritor e  filósofo crítico coas revoltas da mocidade estudantil estadounidense, italiana ou parisina. Utópico e libertario. Individualista e solitario. O «derradeiro mestre secreto do século XX», en palabras do historiador da arte Maurice Nadeau. Inimigo dos dous grandes movementos da súa época: o totalitarismo político e o totalitarismo da máquina. Rexeitou a idea de Historia —con h maiúscula— e a confusión entre progreso humano e progreso técnico. Durante toda a  súa vida loitou por denunciar a moral da súa época, que él definira como o tempo da mala fe, e en consecuencia tratou de erixir unha ética que se lle opuxese, baseada na idea de límite.

Desde Ediciones El Salmón & Revista Cul de Sac, como paso previo á publicación dos seus libros e ensaios, lanzan a páxina web “Un tiempo de mala fe”, coa intención de dar a coñecer aos poucos as súas ideas a través de citas das súas obras e de artigos breves, así como distintas análises que amigos, escritores e académicos escribiron sobre el.

[Libro] “Faccia a Faccia: Operativos e emboscadas contra a loita anarquista en Italia (2012-2016)”

Posted in anarquismo, internacional, península, publicacións on Novembro 30, 2016 by abordaxe

pantallazo-portada-para-el-blogTiramos de La Rebelión de las Palabras este libro editado por compas solidarias coa intención de reunir e espallar a información relativa aos acontecementos represivos que sacudiron a contorna anarquista italiana nos últimos 4 anos. Para descargar ou ver online o libro, premede aquí.

Deixámosvos co texto de introdución ao libro.

Nos últimos anos desatouse no mundo unha gran manobra anti anarquista por parte dos Estados e os seus policías. Duns anos á data, diversas xeografías víronse arremetidas pola brutalidade policiaca, as persecucións, os arrestos, os cárceres e as innumerables montaxes que se basean no invento policial sobre unha conspiración internacional anarquista que, no seu imaxinario, responde a unha especie de mafia-gánsteril-terrorista: con líderes, xefes, financiamientos e unha xerarquía estruturada. Seguir lendo

[Fanzine] “Sempre cara o mar aberto: Acerca do caso dxs compañeirxs acusadxs de expropiar bancos en Alemaña”

Posted in anarquismo, internacional, península, publicacións on Novembro 30, 2016 by abordaxe

portada-blog7Tiramos de La Rebelión de las Palabras o seguinte material editado por compas solidarias cxs acusadxs de expropiacións bancarias en Alemaña. Deixámovolo para descargar (en castelán) facendo click aquí