Archive for the publicacións Category

[A Coruña] 6 de abril · Presentación do zine “Reflexións para un mundo sen policía” + Concertos no CSO A Insumisa

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza, publicacións on Marzo 28, 2017 by abordaxe

O próximo xoves 6 de abril no CSO A Insumisa da Coruña terá lugar unha xornada antiautoritaria que contará coas seguintes actividades:

Ás 20:00 terá lugar a presentación da publicación “Reflexións para un mundo sen policía”, ao cargo do compañeiro editor, e a continuación terá lugar un coloquio aberto onde se tentará reflexionar sobre alternativas á policía e sobre a posibilidade real de prescindir dela, creando ferramentas propias para a autodefensa e para a auto-organización e xestión propia dos nosos conflictos, sen continuar delegando a nosa seguridade en ninguén que non sexa as persoas coas que compartimos espazos, amizades e vivencias, e non permitindo que ninguén nos impoña a súa mediación. Seguir lendo

[Fanzine] Distribuidora Anarquista Polaris edita “Anarquía biocéntrica”

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Marzo 27, 2017 by abordaxe

Cubierta blogsPara descargar ou ler online:

Portada
Interior

O compa da Distribuidora Anarquista Polaris (Pontevedra) compartiu por mail esta publicación recén editada, a partires da tradución que realizou do texto “Biocentric Anarchy” (Anarquía Biocéntrica) que como el di, expón a cuestión da liberación total (da terra e de todes os seus habitantes) desde un enfoque biocéntrico que cuestiona non só a explotación animal, senón a relación enferma que mantemos co planeta e coa vida natural no seu conxunto e con cada especie e ser vivo en particular, propoñendo o concepto da “anarquía biocéntrica” como un punto de partida desde o que empezar a cuestionarnos e a deconstruir a devandita relación cunha perspectiva interseccional e revolucionaria.

Dicir, por certo, que dadas as datas e a temática do propio material, optouse por dedicarlle a edición e publicación do mesmo á memoria do compañeiro Javier Recabarren, lembrando o seu compromiso pola liberación animal e o seu estilo de vida vegano, a pesar de ter só 11 anos.

A continuación, segue o texto da introdución. Seguir lendo

Xa na rúa o noso boletín de marzo

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Marzo 15, 2017 by abordaxe

0001

Xa está disponible nas rúas e na rede o noso boletín do mes de marzo, que podes atopar en múltiples espazos socias da Galiza, locais de hostelaría e centros de estudo e traballo. Tamén podes acceder á súa letura ou descarga a través da nosa sección da columna dereita ou premendo [AQUÍ]. A seguir deixamos o índice de contido: Seguir lendo

A Fenda -abrindo espaços ao mancomun-

Posted in galiza, publicacións on Febreiro 27, 2017 by abordaxe

capaA FENDA, abrindo espaços ao mancomun, é um novo meio de comunicaçom ao serviço da autogestom e a agroecologia.

A FENDA está editada por um coletivo de ativistas galegas que notamos a necessidade de um meio de reflexom, informaçom e debate para o espaço do mancomum galego, é dizer, para todos os movimentos que estám a trabalhar na construçom desde a base de um país mais justo. A agroecologia e o mundo rural ocupam um lugar destacado nas nossas páginas, à par das luitas feministas, os centros sociais urbanos, os projetos de autonomia em ámbitos como a saúde, a economia, a comunicaçom, etc. Seguir lendo

[Música] Disco debut de Cáustica

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Febreiro 23, 2017 by abordaxe

capa-causticaJá podes descargar o disco debut de Cáustica, 3 cançoms libertarias de rap em galego contra o patriarcado que anexamos aqui através dumha ligaçom acompanhada dumha breve resenha de apresentaçom:

http://www.mediafire.com/file/jrf35y5vpjyvu5h/C%C3%A1ustica-2017.zip

” […] A liberaçom da angústia , da ansiedade , a luita de proclamar aquilo que nos fai dano e transforma-lo em político”. J. Mitchell.

Abrindo o caixom dos recordos soaram versos. E escuitei as vozes que tantas vezes afogaram no silêncio impertérrito. Agochavam umha mensagem oculta, candente, a piques de estourar. A muniçom estava perfeitamente preparada. Só faltava este pequeno impulso que deliberadamente atoparía a súa única diana. Que racionalizará qualquer intento de fábula mal-intencionada. As perspetivas ja estam claras.

Surge-me a necessidade de aclarar que estas letras podem resultar normativas no que se refire ó tratamento de género, máis só tento refletir a linguagem binária da que se alimenta a sociedade patriarcal e que nom atende á complexidade de género nem á inclusom doutras identidades. Eiqui deixo un pequeno travalho composto por tres cançons, todas produzidas por DJ TIPS, coa colaboraçom de GOLPE e o desenho a cargo de NEREA. Gravado, misturado e masteriçado en estúdios COCOBOLO (Quistiláns).

[Libelo] “Para destruir a escolarizaçao”

Posted in anarquismo, internacional, península, publicacións on Febreiro 13, 2017 by abordaxe

frenteRecibimos na nosa caixa de correo e espallamos esta publicación que enviou un compa desde O Porto e que contén unha traducción ao portugués dun texto de Jan D. Matthews contra a escolarización.

Obrigadas ao compañeiro polo seu aporte!

Para ler online ou descargar o libro:

O texto original, escrito por Jan D. Matthews e datado de 2004, faz uma crítica radical da escolarização como processo de preparação para a vida em sociedade e, consequentemente, para uma vida em servidão. O texto dedica espaço a uma contextualização histórica da escolarização e a algumas das teorias que mais a marcaram, ao ensino universitário e à sua “miséria” e a pontuais episódios de resistência por parte de estudantes e respectivos familiares, em particular nos E.U.A., onde o processo de escolarização contribuiu para a colonização desse território.

Aqui ficam algumas citações: Seguir lendo

Xa disponible o novo número do noso boletín mensual! (febreiro 2017)

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Febreiro 12, 2017 by abordaxe

portadaVelaquí deixamos o noso novo boletín mensual, correspondente ao presente mes de febreiro. Difundídeo, fotocopiádeo, espalládeo, repartídeo, pasádeo de man en man, discutide o que di!

Para descargar ou ler online o boletín, clickade aquí. A continuación segue a listaxe de contidos:

Portada

  • Operación represiva contra Gabriel Pombo da Silva e Elisa di Bernardo

Novas

  • [Grecia] Sobre as recentes detencións de compañeiras de Loita Revolucionaria (Disnomia)
  • Crónica da XVII Marcha á prisión de Teixeiro (Disnomia)

Opinión

  • Contra a tolerancia. Contra o diálogo. O fascismo cúrase sangrando… · A raíz do acontecido en Murcia. (Unhxs antifascistas orgullosxs da súa intolerancia)
  • Moça, nós não somos rivais, somos a revolução! (S.) Seguir lendo

«Que delito é roubar un banco comparado con fundalo?» Publicación e audio con motivo do comezo do xuízo das compañeiras acusadas do atraco en Aachen

Posted in anarquismo, audiovisual, internacional, publicacións on Febreiro 7, 2017 by abordaxe

Con motivo do xuízo das compañeiras apresadas en Alemaña acusadas do atraco en Aachen (que tivo a súa primeira sesión o 23 de xaneiro) sacouse un monográfico titulado:

«Que delito é roubar un banco comparado con fundalo? Publicación solidaria coas compañeiras anarquistas acusadas de atracar unha sucursal bancaria en Alemaña.», que nos chegou a través do correo e que traducimos para a súa difusión por Galiza.

O monográfico fai un breve resumo sobre o caso e a situación actual das compañeiras, e conta con dous artigos máis, un sobre a historia do anarquismo expropiador e outro sobre a banca e a propiedade privada.

Para descargar a publicación:

solidariedade-aachen

+ Info do caso en:

https://solidaritatrebel.noblogs.org/

Tamén difundimos este interesante audio dunha palestra sobre «anarquismo e propiedade privada: historia do anarquismo expropiador.» que tivo lugar o 28 de Xaneiro no Local Anarquista Motín:

https://localanarquistamotin.noblogs.org/post/2017/02/01/audio-charla-anarquia-y-propiedad-privada-historia-del-anarquismo-expropiador/

[…]«Desde esa época e ata a actualidade o anarquismo sempre utilizou a expropiación non só a bancos e non sempre por medio da forza, desde Ravachol, Durruti e Di Giavanni a Lucio Urtubia e seguindo na actualidade, é unha práctica que nos dá perspectiva histórica, para continuar loitando en contra da propiedade privada e toda autoridade.»[…]

 

Presentacións en Compostela de publicacións editadas colaborativamente por Abordaxe!

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza, publicacións on Xaneiro 30, 2017 by abordaxe

palestras

Esta semana (o xoves 2 e o venres 3) terán lugar no CSO Escárnio e Maldizer e no CSA do Sar respectivamente dúas palestras nas que se presentarán as publicacións en cuxa edición colaboramos. A continuación, segue o programa de actividades, convidándovos a asistir ás mesmas e participar. Tamén haberá ceador (vegano, por suposto) os dous días, e os posibles beneficios irán destinados á financiación do novo número da nosa revista (que agardamos editar pronto).
Seguir lendo

[Música] Tenue

Posted in galiza, publicacións on Xaneiro 19, 2017 by abordaxe

a1347054091_10

Naceu unha nova perversión crust na Galiza. A xente de Tenue presentou a súa primeira creación composta por 4 cancións, coincidindo en data coa XVII Marcha ao cárcere de Teixeiro, o pasado 14 de xaneiro. Deixamos aquí o seu texto de presentación e unha ligazón de acceso ao seu disco:

tenuepunx.bandcamp.com

“Hoxe foi a marcha ao Centro Penintenciario de Teixeiro. Hoxe moitxs berraron ata quedar sen voz pra intentar trasmitir un pouco de calor e afecto ás persoas privadas de liberdade. Hoxe, nós, humildemente, con este disco, decidimos homenaxear a todxs xs que resiten a presión dos muros. As cadeas non son só espazos físicos construidos pra illar os fallos do sistema: están por todas partes. Temos que volvernos cada vez máis fortes, debemos resistir esta violencia, debemos rematar con ela. Pouco a pouco, empoderándonos, faremos tremer o mundo.

Ánimo a todxs nos vosos proxectos, ánimo nas vosas vidas!
A morte con todo, hostia. Este é o noso primeiro disco. Catro temas; vinte minutos. Regalámosvos a nosa rabia, a nosa dor, as nosas ganas de cambialo todo. Esperamos que o disfrutedes.”