Archive for the península Category

Umha conversa entre o preso independentista Carlos Calvo Varela e as presas anarquistas Mónica e Francisco (atualmente em liberdade)

Posted in anarquismo, entrevistas, galiza, península on Maio 16, 2017 by abordaxe

mailA continuaçom, espalhamos, transcrita da ediçom impresa do jornal Novas da Galiza do passado mes de abril, umha entrevista realizada pelo preso independentista Carlos Calvo ás companheiras Mónica e Francisco, quando as compas encontravam-se na cadea con ele.

As companheiras Mónica e Francisco já nom se encontram, afortunadamente, nas cadeas espanholas, e foram expulsas a Chile onde estam livres na rúa, após que o Tribunal Supremo fixara sua condenaçom definitiva en 4 anos e 6 meses (tendo por tanto as compas ja mais da metade da condenaçom cumprida e podendo optar ao beneficio de mudar o que restaba de condena pela expulsom e a proibiçom temporal de entrar em territorio espanhol). Pensamos que esta é umha entrevista moi interessante e que permite conhecer melhor e comparar o contexto chileno co contexto espanhol en xeral e o galego em particular.

Desde Abordaxe! parabenizamos ao preso independentista Carlos Calvo e a equipa de redacçom do Novas da Galiza pola laboura realizada con esta entrevista.

En novembro de 2013 a polícia detivo em Barcelona as anarquistas chilenas Mónica Caballero e Francisco Solar. Eram as primeiras presas dumha vaga repressiva do Estado contra o movimento anarquista e, até o de agora, as únicas que resultárom condenadas. Enquanto mantínhamos esta conversa o Tribunal Supremo fixou a condena em quatro anos e meio de prisom para cada umha (Nota de Abordaxe!: A condena inicialmente dictada pola Audiencia Nacional contra as compañeiras ao rematar o seu xuízo en marzo do 2016 foi de 12 anos e medio para cada unha, dos 45 anos que solicitaba por cabeza a fiscalía). Compartimos aquí agora, mais ou menos ordenadas, as ideias que fomos enfiando enquanto corríamos no pátio ou através do “correio intermodular”. [Nota: As dúas anarquistas nom estám atualmente em prisom após comutar-se a sua pena por umha expulsom do estado espanhol]. Seguir lendo

[Madrid] Encontro Anarquista Contra o Sistema Tecno-Industrial

Posted in anarquismo, convocatorias, internacional, península on Maio 16, 2017 by abordaxe

Informa: contratodanocividad.noblogs.org

Iencuentrocontraelsisttecnoindustrialweb
Por que un Encontro Contra o Sistema Tecno-Industrial (STI)?

Entendemos o Sistema Tecno-Industrial como unha organización social autoritaria, con determinadas características como son: xerarquías, autoridade, centralidade, relacións sociais mediatizadas pola mercadoría e a tecnoloxía, sociedade de masas, control social, alienación, imposición da técnica e a tecnoloxía, vida administrada e xestionada, ideoloxía do progreso, falta de límites e un longo etcétera. Seguir lendo

O xenocidio penal durante a década 2006-2016 nos datos oficiais

Posted in noticias, península on Maio 12, 2017 by abordaxe

1970 son as persoas mortas en prisión recoñecidas oficialmente polo Estado na década que vai do 2006 ao 2016.  Neste número de falecementos non van incluídos os ocorridos en Cataluña ao ter esta as competencias transferidas en materia penal, polo que os datos serían aínda máis alarmantes.

Segundo o Informe Epidemiolóxico sobre Mortalidade en Institucións Penais, en 2015 faleceron 155 internos (2,79 por cada 1.000 internos) no ámbito de prisións da Secretaría Xeral de Institucións Penais. Trátase de 27 falecementos máis que o ano anterior, no que houbo 128. Desde 2009 ata a actualidade, o ano con maior número de falecementos foi 2009 (224) e o de menos foi 2014 (128). O mesmo pode dicirse en tasa por mil internos: 3,42 por mil en 2009 e 2,25 por mil en 2014. Non están dispoñibles os datos de 2016 no momento de redactar estas liñas.

Dos 155 falecementos rexistrados en 2015, 147 son homes e 8 mulleres. A media de idade é de 47,8 anos. 95 persoas faleceron no centro penal no que se atopaban, 59 nun hospital e 1 no traslado. Houbo 92 falecementos por causas naturais e 63 por causas violentas, incluíndo nelas a inxesta de drogas (37 falecementos), os suicidios (23), os accidentes (2) e a agresión doutro interno (1). No que incumbe á súa distribución por centros penais, ha de destacarse o número de falecementos en Morón de la Frontera (Sevilla) (12), Madrid VII-Estremera (10) e A Lama (Pontevedra) (8).

Como se indicou, houbo 23 suicidios (20 homes e 3 mulleres), un menos que o ano anterior. O número de suicidios nos últimos anos ten como cifra máis alta os 31, de 2013, e como cifra máis baixa os 15, de 2011. En marzo de 2014 foi revisado o Programa de Prevención de Suicidios no ámbito penal correspondente á Secretaría Xeral de Institucións Penais, sendo de destacar o descenso do número de suicidios, desde os 31 de 2013 aos 23-24 por ano das últimas cifras dispoñibles. Iso non exclúe a necesidade de que todos os profesionais penitenciarios manteñan unha actitude activa para detectar a concorrencia de posibles situacións de desencadeamentos da conduta suicida xa desde o ingreso do interno en prisión.

Extracto do último Informe do defensor do pobo no que fai referencia ás mortes en prisión (páxinas 153-16).

As táboas que aparecen a continuación conteñen os falecementos dos últimos 10 anos, por ano, centros e causa da morte. Seguir lendo

[Audio] Palestra: «Os mitos da II República»

Posted in audiovisual, historia, península on Maio 10, 2017 by abordaxe
Difundimos o audio da palestra: «Os mitos da II República», que tivo lugar no Local Anarquista Motín (Madrid), o pasado venres 14 de abril, polo Grupo Anarquista Tensión. 

Para descargar, pincha aquí.

Solidariedade coa nova okupa “La Ingobernable” (Valencia)

Posted in anarquismo, internacional, noticias, península on Maio 4, 2017 by abordaxe

Deixamos a continuación esta información des compas da Ingobernable, novo espazo anarquista okupado nunhas instalacións que a Universidade de Valencia tiña en completo desuso e abandono desde facía máis de 5 anos, xustificando o seu abandono deliberado do espazo (na procura do pelotazo especulativo máis apetecible) con que estaba en mal estado e supoñía un risco (afirmación falsa xa desmentida mesmo por unha fundación de arquitectos).

As persoas que okupan o edificio coa intención de convertilo nun espazo do común libre de opresións e en loita contra esta orde de cousas, fixeron pública a súa iniciativa o pasado día 1 de maio, e desde ese momento só están a recibir ameazas e un aumento exponencial da seguridade na zona, tanto en forma de policía como en forma de gardas de seguridade privada. Moita forza para elas e moito desprezo para os madeiros, os seguratas e as autoridades universitarias! 10, 100, 1000 centros sociais!

A asemblea do espazo liberado A Ingobernable comunica que despois dunha semana de okupación, e de facer pública esta onte 1º de Maio, a universidade respondeu contundentemente, aumentando a seguridade privada (en colaboración coa policía local e nacional) ata deixarnos nun estado de asedio. Isto supón que ningunha persoa pode saír nin entrar no edificio, non permitindo que se nos fornezca ningunha subministración básica tales como auga e comida.

A universidade triplicou o número de traballadorxs da seguridade privada, rodeando o edificio. A actitude destes está a ser provocadora, violenta e ameazadora, chegando a expresar un literalmente “se eu píllovos por aquí fóra ídesvos a acordar de min Seguir lendo

[Portugal] Reflexão sobre esta merda toda, num 25 de Abril qualquer

Posted in anarquismo, internacional, opinión, península on Maio 3, 2017 by abordaxe

gato

Enviado á nosa caixa de correo pola Agência de Noticias Anarquistas – ANA

Nem democracia nem ditadura! Nem esquerdas nem direitas ou centros, tampouco!Em todo o mundo, na democracia só há é mais hipocrisia!

Hipocrisia, quando se utiliza a máscara mais fantástica de todas, a repressão legal.

Quando se financiam os bancos que financiam as empresas de armamento. O florescimento do negócio de armamento não só beneficia as empresas de armas mas também os bancos e as seguradoras. O financiamento dos bancos é feito com o nosso suor e sangue e destina-se ao ataque terrorista dos povos, em todo o mundo. Seguir lendo

[Portugal] Aldeia de Barco junta-se para travar mina a céu aberto na Serra de Argemela

Posted in internacional, noticias, península on Maio 3, 2017 by abordaxe

argemela-768x512Argemela é nossa e há de ser

Fica a 15 km do Fundão e foi outrora palco da resistência das tribos celtiberas aos invasores romanos. Hoje, a Serra da Argemela é palco de uma vibrante luta popular face à ameaça dum novo projecto mineiro. Seguir lendo

Repelido ataque fascista durante 1º de Maio anarquista em Madrid

Posted in anarquismo, internacional, noticias, península on Maio 2, 2017 by abordaxe

fascismo-nc3a3o-se-discute

Após a palestra “A luta das mulheres contra o trabalho” e no caminho para o parque de San Isidro para continuar com as atividades (pique-nique e a próxima palestra), alguns compas repeliram um ataque fascista quando se dirigiam para montar as distribuidoras para continuar com a jornada [“1º de Maio Anarquista – Contra o trabalho e o mundo que o necessita”]. A tentativa de agressão partiu de um par de nazistas – conhecidos do bairro – que surgiram com uma “catana” [uma espécie de facão com cabo de madeira] para tentar intimidar os compas gritando “desagradáveis”. Seguir lendo

Anarquistas invaden Oficina de Emprego en Madrid

Posted in anarquismo, internacional, noticias, península on Abril 30, 2017 by abordaxe

Anarquistas invadiron unha Oficina de Emprego no madrileño barrio de Carabanchel o pasado 28 de abril baixo o lema: “Rompamos a escravitude do paro e o traballo”. A seguir deixamos o seu comunicado e algunhas imaxes da acción:

O pase de diapositivas require JavaScript.

C-kyU-IXcAAcrUA

 

Prorrogam 18 meses a instruçom da causa contra as anarquistas da Operaçom Pinhata. Ano e meio mais de castigo preventivo e control jurídico-policial

Posted in anarquismo, internacional, noticias, península on Abril 28, 2017 by abordaxe

A passada semana, foi-nos notificada ás imputadas na Operaçom Pinhata a aprovaçom por parte do juiz Eloy Velasco dumha nova prórroga de 18 meses na sua fase de instruiçom, a atual prórroga finalizaria no próximo mes de junho, tendo teoricamente até o 15 de maio para tomar postura as diferentes partes.

Seguir lendo