Archive for the noticias Category

[Montreal] Sabotaxes a establecementos e oficinas da elite contra a xentrificación e a exclusión social

Posted in anarquismo, internacional, noticias on Xuño 15, 2017 by abordaxe

Tirado da Agência de Noticias Anarquistas, ANA, que tirou e traduciu desde Montreal Counter-Info, e colado na Abordaxe! por Disnomia.

Olá yuppies*!

Durante a noite do 19 de maio, decidimos unir-nos para atacar o restaurante Ludger, os escritórios do Projeto Montreal e o supermercado IGA em Saint-Henri.

Se atacamos o restaurante Ludger, não é só para denunciar as refeições excessivamente caras que servem, mas para atacar o estilo de vida dos jovens yuppies profissionais que invadem os bairros populares com seu dinheiro e contribuem à exclusão dos pobres no bairro. Seguir lendo

Pouco tardaron… Os corpos represivos preparan xa as multas contra as persoas identificadas/detidas durante a terceira manifestación contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer (Compostela)

Posted in galiza, noticias on Xuño 14, 2017 by abordaxe

Para ler unha crónica detallada e pormenorizada dos feitos do pasado día 10 de xuño, premede aquí.

Informa o infame Disnomia para Abordaxe!

Segundo informaba hoxe a prensa burguesa (eu tirei a nova de Europa Press), a DGP (Dirección Xeral da Policía) estaría a tramitar 400 propostas de sanción administrativa para as 116 persoas identificadas durante a terceira e maior manifestación contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer de Compostela, realizada o pasado día 10 de xuño na cidade do apóstolo.

Ademais da represión máis bruta, en forma de malleiras, pelotazos de goma e botes de fume que caeron sobre manifestantes pacíficas e que en ningún momento entraran nunha actitude de ataque ou de resistencia violenta contra a policía, agora chega a quenda da represión administrativa. Nada, doutra banda, que polo menos quen isto escribe non estivese a agardar. Seguir lendo

Ataque incendiario-explosivo contra unha sucursal de Bankia en Madrid en solidariedade coa compañeira acusada pola expropiación a Pax Bank en Aachen, Alemaña, e contra o cumio do G-20

Posted in anarquismo, noticias, península on Xuño 12, 2017 by abordaxe

tumblr_mmaothycBB1s2ahmfo1_500Recibimos na nosa caixa de correo electrónico, traducimos e espallamos…

A noite do 7 de Xuño colocouse un artefacto explosivo-incendiario nunha sucursal de Bankia situada na colonia Mirasierra de Madrid, perturbando a tranquilidade da clase media-alta que alí reside. Esta urbanización está poboada de chalés e mansións videovixiladas e dotada dunha patrulla de seguridade privada, lonxe da miseria que cimenta o nivel de vida dos seus habitantes. Seguir lendo

Crónica da terceira manifestación en solidariedade co CSOA Escárnio e Maldizer (Compostela, sábado 10 de xuño)

Posted in galiza, noticias, opinión on Xuño 12, 2017 by abordaxe

Tras as mobilizacións anteriores, onte, sábado 10 de xuño, o colectivo do CSOA Escárnio e Maldizer convocara unha nova manifestación para responder o seu desaloxo o pasado martes 30 de maio. A semana anterior estivera marcada polas novas alarmistas e sensacionalistas ao redor da mobilización, resaltando o seu carácter ilegal e non comunicado á Subdelegación do Goberno, así como tamén por toda a manipulación dos distintos medios de prensa de maior tirada con respecto á actividade do centro social desaloxado, inventándose numerosas mentiras coas que encher as páxinas dos seus noxentos xornais, criminalizando todo o tecido social e o movemento de solidariedade que se estivo creando durante eses 3 anos de loita, autoxestión e actividade política e cultural antagonista e que tanto o día do desaloxo como en días seguintes estivo moi presente, de distintas formas e con distintas vías para expresar a súa raiba e o seu apoio ao Escárnio e a calquera outro proxecto autoxestionado de loita ameazado no Estado (por certo, forza para o CSOA La Redonda de Granada tamén baixo ameaza de desaloxo, ánimo, compas!). Seguir lendo

Violencia policial na mobilización solidaria co CSOA Escárnio e Maldizer

Posted in audiovisual, galiza, noticias on Xuño 11, 2017 by abordaxe

Video realizado por GalizaContrainfo

[Curdistão] Jinwar, o nascimento da primeira aldeia de mulheres livres de Rojava

Posted in audiovisual, internacional, noticias on Xuño 9, 2017 by abordaxe

O paradigma da libertação da mulher na revolução de Rojava é um dos objetivos principais, no qual a sociedade e as organizações Curdas vem lutando desde o primeiro dia da revolta. Os avanços alcançados foram vastos, as mulheres se fortaleceram em todos os aspectos da vida: auto-organização, autodefesa, cultura e língua, educação, economia, meios de comunicação, etc…

Para dar continuidade a este trabalho, as companheiras de Rojava lançaram o projeto de Jinwar. A construção de uma aldeia de mulheres livres e ecológica, onde as mulheres podem se desenvolver de maneira independente e pôr em prática a vida comunitária que desejam. Um espaço de convergência e desenvolvimento para uma vida sustentável e livre da mulher, que servirá também como ponto de encontro e reflexão para todas as mulheres que desejem conhecer o projeto.

Podes entrar em contato com as companheiras através deste e-mail: womensvillage.jinwar@gmail.com

[Alemanha] Condenada a sete anos e meio de prisão a anarquista de Barcelona acusada de assaltar um banco

Posted in anarquismo, internacional, noticias on Xuño 9, 2017 by abordaxe

1alemanha

O outro acusado fica absolvido de todas as acusações e a defesa tem uma semana para apresentar recurso contra a sentença condenatória. Esta tarde (07/06) uma manifestação partirá às oito da noite da praça Lesseps de Barcelona para rechaçar a sentença e mostrar solidariedade com as retaliadas. Seguir lendo

Italia – Comunicados sobre as detencións en Turín

Posted in anarquismo, internacional, noticias on Xuño 8, 2017 by abordaxe

Tiramos e traducimos de La Rebelión de las Palabras estes comunicados que o compañeiro recibiu traducidos de colaboradores afíns, acerca do recente golpe represivo en Turín, Italia, e a situación das compañeiras detidas. Os comunicados atópanse na orde cronolóxica na que se foron publicando ao longo do último mes.

A día de hoxe, só 3 das 6 persoas detidas están no cárcere, mentras as outras 3 están en arresto domiciliario sen posibilidade de recibir correspondencia nin visitas (só poden estar acompañadas por persoas que residan na mesma vivenda).

Para escribir aos compañeiros presos (Francisco é un compañeiro da Península, fala castelán; os outros todavía non sabemos):

Antonio Pittalis
Antonio Rizzo
Francisco Esteban Tosina

C/O casa circondariale Lorusso e Cutugno.
Via Maria Adelaide Aglietta 35, 10151 Torino

“Este Maio, non hai rosas” (A Maggio, non lle rose) (03/05/17)

Xa desde hai anos, entre maio e xuño, chegan as forzas da orde ao Asilo Occupato e ás casas das compañeiras para notificar medidas cautelares e arrestos. Por certo, as medidas e custodias cautelares non nolas aforran tampouco durante o resto do ano, pero desafortunadamente queren manter a tradición de antes de verán. Seguir lendo

[Italia] 7 persoas máis imputadas por “asociación subversiva” no marco da operación Scripta Manent

Posted in anarquismo, internacional, noticias on Xuño 8, 2017 by abordaxe

Espallamos traducida esta nova tirada de La Rebelión de las Palabras e que foi achegada e traducida do inglés por Sin Banderas Ni Fronteras desde Traces of Fire.

O venres 2 de xuño pola mañá, a DIGOS notificou o peche das investigacións por artigos 270bis (asociación subversiva) e 414 (solicitación criminal) a 7 anarquistas, 4 delxs son redactores de Croce Nera Anarchica [Cruz Negra Anarquista] e outrxs 2 de RadioAzione e Anarhija.info, co “agravante” dos propósitos terroristas. Para 2 delxs agrégase o artigo 280 (ataque con fins terroristas), en relación cun ataque explosivo asinado por FAI / FRI contra o palacio de xustiza de Civitavecchia.

A notificación non foi acompañada por unha redada e xs acusadxs non foron arrestadxs.

Semella, a partir dos documentos, que esta onda de cargos, sempre realizada polo fiscal Roberto María Sparagna, son unha Seguir lendo

[Urxente] Cancelada a “Xornada Antiautoritaria pola Guerra Social” do sábado 10 de xuño no CSA do Sar (Compostela)

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza, noticias on Xuño 6, 2017 by abordaxe

Recibimos na nosa caixa de correo e espallamos esta nota:

Boas, compañeiras!

Debido aos últimos acontecementos que tiveron lugar na cidade de Compostela e ás circunstancias que tales acontecementos foron creando nestes días, as individualidades anarquistas que organizabamos a actividade “Xornada Antiautoritaria pola Guerra Social” no CSA do Sar para o vindeiro sabado 10 de xuño sentimos ter que comunicar que decidimos desconvocar. Con todo, ficamos coas ganas, e agardamos sacala adiante nun futuro próximo.

Vémonos nas rúas!

Uns gatos pretos…