[A Guarda] IV Festa Pirata de Abordaxe!
Tras un parón relevante para o noso proxecto, volvemos con novos ventos e a santabárbara cargadiña de pólvora para continuar abordando os buques dos poderosos. Pero antes facemos unha parada estratéxica para aprovisionar nosas bodegas e atoparnos con outros espíritos aventureiros cos que compartir as experiencias das nosas travesías contra toda autoridade. Desta forma queremos convidarvos a todas á nosa IV Festa Pirata, unha xornada chea de actividades na que tamén aproveitaremos para presentar a reformulación de Abordaxe! como colectivo editorial. Así que piratas e raqueiras, agardámosvos o vindeiro día 23 de setembro na Guarda, concretamente no CS O Fuscalho, fronte a Atalaia. A seguir deixamos a programación do evento:
- 12:00h Xincana Pirata – Busca do tesouro e colectivización –
- 14:00h Xantar vegano e sesión vermú con Sapoconcho Sem Poncho
- 17:00h Charla: Historia da piratería na Galiza
- 20:00h Sopran novos ventos: presentación da Editorial Anarquista Abordaxe!
- 22:00h Concertos con Euforia – Furnier – Tenue – Mondo Podre
Deixar unha resposta