COMUNICADO DE REFORMULACIÓN DE ABORDAXE!

img130

“(…) Que é unha opinión? É unha idea alisada, unha idea que foi uniformizada de modo a tornarse aceptable para o maior número de persoas. As opinións son ideas masificadas. É importante para o Poder que estas opinións se manteñan, pois é a través da opinión e do seu control como consegue determinados resultados (…) Que significa entón opoñerse á fabricación de opinións? Significa adquirir máis información? Opoñer contra-información a información? Non, iso non é posible, pois non interesa como ollamos para ela. Non é posible opoñerte á enorme cantidade de información coa cal somos bombardeadas diariamente con contra-información capaz de desmascarar, a través dun proceso de investigación de causas escondidas, a realidade que foi coberta por todo aquel palabreado informativo. Non, nós non podemos operar nesa dirección. Cando tentamos facelo, decatámonos de que iso non ten sentido, de que nós non queremos nin somos capazes de convencer ás persoas. (…) Ese non é o tipo de traballo que precisamos facer, e en calquera caso non contén elementos de contra-información, ou se os contén é puramente accidental. Este traballo ten esencialmente o obxectivo, ou deberia ter, de construír unha idea ou un certo número de ideas-chave, un certo número de ideas fortes.”

A.M. BONANNO

—————————————————————————————————————————————–

No ano 2008 un feixe de individualidades anarquistas de distintos puntos da Galiza, xa ligadas por anteriores proxectos, relacións de afinidade e por unha coordinación informal, sentimos a necesidade de dotarnos de órganos de expresión e tamén de xerar un espazo de referencia para a comunicación no que as distintas sensibilidades antiautoritarias puidesen construír, desenvolver o seu discurso e confrontar ideas, ademais de facilitar a súa coordinación mediante un labor informativo e visibilizar a nivel internacional tanto as loitas antagonistas que se desenvolven na Galiza, como dar a coñecer nestas latitudes distintas realidades e contextos de loita contra a dominación noutros territorios do mundo. Deste modo levamos a cabo a creación dunha revista en papel, complementada por un blogue de carácter máis dinámico e periódico que axudasen a encher ese baleiro. A estas ferramentas sumamos no ano 2015 un boletín mensual en formato impreso co que plasmar de forma máis eficiente nas rúas a nosa actividade, distribuído en distintos centros de estudo e traballo e porsuposto tamén nos distintos espazos libertarios do terruño. Este boletín publicaría a súa última edición en maio de 2017, tras 19 números.

Hoxe, despois de 9 anos de comunicación virtual e impresa ininterrompida, cos seus acertos e erros, tomamos a decisión de virar o noso temón cara outros horizontes, se cadra máis ambiciosos, e desde logo máis enriquecedores para as persoas que facemos parte de Abordaxe!. Así é como tomamos a decisión de salientar nosa faceta editorial (que xa viñamos exercendo coa publicación da compilación dos textos “Arredismo e Anarquia” e a primeira edición en galego de “Memorias de Liberdade”) e suspender o traballo contrainformativo do blogue e do boletín. Neste punto, nun clima de mudanzas e debates internos no seo do colectivo, sentimos a necesidade de deternos e de reformular o proxecto como editorial, mantendo tamén a nosa revista como pedra angular na que como xa dixemos noutras ocasións, é onde mellor e con máis saña destripamos o cadáver desta sociedade autoritaria e onde máis alegremente pasamos pola quilla os principios que a sustentan.

O certo é que este xiro responde a novos desafíos. Á vontade de continúar aprendendo e fornecéndonos de ferramentas teórico-prácticas que axuden a poñer en evidencia as distintas operacións especiais dos sistemas autoritarios, á necesidade de confrontar e xerar ideas e debates-chave nunha realidade na que somos presas da democraticidade e o mercado das opinións, e porsuposto á intención de investigar e recuperar a memoria respecto da loita contra a dominación e dos tecidos comunitarios e autoxestionarios que ligaron este e outros territorios durante longo tempo asegurando a súa supervivencia. Porque ao igual que a Orde da dominación ten unha historia que consideramos importante examinar co fin de obter unha maior comprensión de como enfrontala, tamén a loita contra esta Orde ten unha traxectoria que representa un arsenal do que non estamos dispostas a renunciar e que consideramos moi útil no contexto da guerra social aquí e agora.

Somos conscientes e estamos seguras das virtudes e as dificultades de todo este apaixonante reto que pretendemos levar a cabo a través do noso traballo editorial e das ferramentas que este pode achegar. Tamén somos conscientes e valoramos o baleiro que pode deixar a falta dunha ferramenta informativa específicamente anarquista a nivel galego, especialmente no aspecto da coordinación e da difusión das accións, comunicados e convocatorias. Pero tamén é certo que os tempos que vivimos non son os mesmos que cando Abordaxe! naceu para encher ese baleiro. Temos claro que afortunadamente hoxe en día hai máis xente e máis vontade para realizar este tipo de traballo que cando nós comezamos, e intuímos que a curto ou medio prazo haberá compañeiras con intención e disposición de afrontar esta tarefa. Ademais, sendo honestas, consideramos que a deriva das “redes sociais” e a lóxica de determinados comportamentos propios da sociedade do espectáculo, invaden aos colectivos anticapitalistas e parte dos libertarios, e isto non facilita moito a tarefa de desenvolver un proxecto de comunicación desde a nosa perspectiva, e esta batalla, nestes momentos, non queremos librala desde unha barricada “contrainformativa”, á marxe do necesaria, válida e respectable que nos poida parecer esa formulación, que é a que nos trouxo ata aquí tras case unha década de existencia.

Nas vindeiras datas o noso blogue mudará o seu aspecto e prestacións para facilitar unha experiencia de navegación máis axeitada ás características da súa nova función. Aproveitamos tamén para anunciar que xa estamos argallando novas edicións e o número 7 da nosa revista, así como distintas actividades para financialas, e que estamos abertas a toda achega económica e solidaria, tendo en conta que partimos de cero € nas nosas arcas. Comezamos unha nova etapa embarcándonos nesta travesía coa convicción de transitar unha ruta que nos permita vivir contra vento e mareas, asaltando os buques dos poderosos, e convidamos a tódolos espíritos aventureiros, rebeldes e subversivos a navegar connosco.

Vémonos nos mares revoltos!

Abordaxe!

Contacta connosco en abordaxe@bastardi.net

Advertisements

3 Respostas to “COMUNICADO DE REFORMULACIÓN DE ABORDAXE!”

  1. FESTA PIRATA DE ABORDAXE! SÁBADO 23 DE SETEMBRO NO CS O FUSCALHO (A GUARDA):
    https://abordaxe.wordpress.com/2017/09/03/a-guarda-4a-festa-pirata-de-abordaxe/

  2. muita força! Says:

    “O brilho do salto
    do peixe na cascata,
    lâmina de prata.”

    Luiz Bacellar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: