Un pequeno xesto de solidariedade desde Pontevedra para as 9 persoas detidas hoxe
Desde Pontevedra compartimos estas fotos dunha faixa que foi colocada esta noite nunha ponte da zona da Xunqueira, nun dos accesos principais á cidade. A nosa pequena contribución a seguir espallando na rúa a solidariedade coas 9 persoas que foron detidas hoxe, martes 20 de xuño, en Compostela, Ourense e A Coruña.
Porque nós tamén somos o Escárnio e Maldizer, porque sentímonos orgulloses do camiño andado e da integridade coa que moites compañeires están a afrontar este camiño de rebeldía difícil e cheo de obstáculos, pero tamén digno e fermoso. Porque para nós, o Escárnio non morreu neses catro muros de Algalia de Arriba. Botaremos de menos aquel lugar, sí, por suposto, e aínda sentimos a raiba e a tristeza mordéndonos a tripa ao pasar por diante e ver tapiadas portas e fiestras, pero o que alí se construiu e medrou segue connosco, levámolo dentro, nos recordos e en todas as cousas que aprendimos e que axudáronnos a medrar coma persoas e coma inimigas deste mundo, e iso non nolo quitarán nin as súas ostias, nin os seus gases, nin as súas multas, nin o seu medo.
Tócannos a unha, tócannos a todes!
Quitade as vosas noxentas mans dos nosos espazos e das nosas compas!
Solidaries
Xuño 30, 2017 ás 1:09 pm
[…] gesto solidário dende Pontevedra polas 9 detençoms realizadas en toda […]