[A Coruña] Sobreseída a denuncia contra o CSO A Insumisa

Deixamos aquí esta información tirada do blogue anarquista coruñés “A Irmandade da Costa” que ven de actualizar a situación do CSO A Insumisa, despois de que se arquivase a denuncia interposta polo Ministerio de Defensa.

Vimos de saber, pola prensa comercial,  que o xulgado de instrución número 2 da Coruña arquivou a denuncia contra o Centro Social Okupado A Insumisa. Bueno, iso lendo entre liñas, posto que o panfleto pseudo-xornalístico La Voz de Galicia, nun alarde desinformativo moi típico deste voceiro do P.P., preferiu titular a noticia: “O concello consentiu a okupación da Comandancia segundo un auto xudicial”. Na súa cruzada particular contra as Mareas son capaces de converter o sobresemento dunha causa contra os okupas nunha condena ao concello. Polo que a nós respecta poden matarse entre eles, pero non deixa de sorprender o cariz goebbelsiano que está a asumir esta folla parroquial coruñesa.

En canto ao tema que nos okupa (e nunca mellor dito), o caso é que a denuncia interposta hai medio ano contra xs okupas por parte do Ministerio de Defensa (titular da propiedade do inmoble) quedou definitivamente arquivada. O xulgado entende que nin o propietario (defensa) nin o custodio (concello) manifestaron claramente a súa intención de expulsar as okupas, nin acudiron a vías administrativas para a súa expulsión, polo que considera que a vía penal non é axustada ao proceso. Con todo, deixa aberta a vía administrativa para proceder a un desaloxo.

Fontes xurídicas afíns xs okupas aseguran que, no caso de que non se presentara recurso por parte de ningunha das dúas administracións afectadas (que parece o máis probable), a vía penal quedaría definitivamente pechada e non podería abrirse de novo. Isto é así por tratarse dun sobresemento libre, en lugar de provisional, o que o converte en definitivo. Con todo, un desaloxo por vía administrativa, ao tratarse dunha propiedade do estado, non requiriría orde xudicial e podería instarse desde as propias administracións en prazos temporais relativamente curtos.

Hai que lembrar que o ministerio de fomento, en mans do P.P., resucitou un proxecto esquecido para ese inmoble, adxudicando 1.319.081 euros para unha obra cun tempo de execución de 18 meses (dos que xa pasaron mais de tres). Esta manobra, destinada a forzar á Marea a realizar un desaloxo se non quere ter que enfrontarse ao desgaste de renunciar a semellante caramelo envelenado, non só vai para adiante, se non que saíu a concurso e xa se valoraron e puntuaron as propostas, así que a adxudicación a unha construtora é practicamente inminente.

Así que aínda que a sentenza xudicial do sobresemento da causa da Insumisa parece de primeiras unha boa noticia, teremos que seguir expectantes o desenvolvemento dos acontecementos, posto que, como puidemos comprobar hai pouco en Compostela, os inimigos non baixan a garda. Desta volta que nos pillen preparadxs.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: