Pouco tardaron… Os corpos represivos preparan xa as multas contra as persoas identificadas/detidas durante a terceira manifestación contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer (Compostela)

Para ler unha crónica detallada e pormenorizada dos feitos do pasado día 10 de xuño, premede aquí.

Informa o infame Disnomia para Abordaxe!

Segundo informaba hoxe a prensa burguesa (eu tirei a nova de Europa Press), a DGP (Dirección Xeral da Policía) estaría a tramitar 400 propostas de sanción administrativa para as 116 persoas identificadas durante a terceira e maior manifestación contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer de Compostela, realizada o pasado día 10 de xuño na cidade do apóstolo.

Ademais da represión máis bruta, en forma de malleiras, pelotazos de goma e botes de fume que caeron sobre manifestantes pacíficas e que en ningún momento entraran nunha actitude de ataque ou de resistencia violenta contra a policía, agora chega a quenda da represión administrativa. Nada, doutra banda, que polo menos quen isto escribe non estivese a agardar.

Polo que apareceu na prensa (que recibe a información directamente das súas fontes policiais), cada unha das persoas identificadas sería proposta para sanción por dúas faltas graves, en concreto, “desobediencia ou resistencia á autoridade” e “negarse a disolver reunións e manifestacións en lugares de tránsito público cando o ordenen as autoridades”. As sancións por estes casos conlevan cantidades que oscilarían entre os 601 e os 30.000 euros para os casos máis graves, segundo a nova “Lei de Seguridade Cidadá”, máis coñecida popularmente como “Lei Mordaza”. Ademais, as persoas identificadas dentro do patio do antigo colexio Peleteiro tras a okupación simbólica levada a cabo durante a manifestación enfróntanse tamén a unha posible sanción adicional por unha falta leve, “ocupación do inmoble”, que podería conlevar multas a maiores de entre 100 e 600 euros. Por último, a policía tamén propoñería sancionar a outras 16 persoas “que portaban paus” (supoño que se refiren aos paus das bandeiras, que en ningún momento usáronse como arma nin contra a policía nin contra ningún obxecto), a outras 10 “que levaban escudos que foron comisados” e a outras 2 persoas “por escalar os muros do colexio Peleteiro”.

Pola súa banda, o SUP (Sindicato Unificado de Policía) reclamou “sancións inminentes e exemplarizantes para as persoas que causaron os disturbios na capital de Galicia” e advirten de que se persoarán como acusación nas causas penais “nas que existen axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) feridos”.

Mentres seguen falando de “axentes da UIP feridos” (gustaríanos saber como houbo axentes feridos se o pasado sábado non se produciu ningún ataque á policía, que pasa, seica algún dos madeiros lesionouse unha man repartindo leccións de orde pública a golpe de porra e pelotazos?), mentres o delegado do goberno en Galiza, así como o portavoz de “Marea galega” (un deses “partidos do Cambio” a quen teño que agradecerlles a resurrección da socialdemocracia e da esquerda parlamentaria e burguesa), Agustín Hernández e outros corruptos, consideran que a violencia policial non foi desmedida e que mesmo se actuou con “extrema delicadeza”, eu, para pechar esta noticia, quixera deixar unha pequena mostra da “delicadeza” da policía o pasado sábado (fotos achegadas polas compas de Galiza Contrainfo, que publicáronas na súa páxina da rede social Facebook):

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: