Sobre madeiros e parásitos do pensamento único…

As compas de Punkostela colgaron onte, domingo 11, no seu perfil do Feisbuk este texto ao respecto da represión vivida o día anterior contra os protestos contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer en Compostela. O título escollido para este post é noso.

Existe un fungo chamado Cordyceps unilateralis, un parásito que é capaz de modificar a conducta da formiga á que infecta convertíndoa nunha especie de zombi. Unha vez infectada, a formiga entra nun estado de confusión que a leva a subir á parte superior dunha pranta onde se anclan ao nervio dunha folla coas súas mandíbulas. Alí, como se tivera sido mentalmente controlada, morre para servir de maceta ao parásito e asegurarlle a súa máxima distribución noutras víctimas.

Onte, gritabamos aos antidisturbios “para que levades casco, se non tedes cabeza?”. Teñen cabeza, unha da que sae o longo talo dun fungo alienante que non lles deixa ver máis aló, nen pensar individualmente, nen ter ideais… Só parálise do xuízo. Son escravos da máquina, do fungo, do Estado.

Onte, 10 de xuño, voltámonos concentrar para defender os nosos centros sociais e protestar contra o desaloxo do CSOA Escarnio e maldizer. Nos días previos, nas nosas suposicións pareciamos estar todas de acordo en que probablemente non se repetirían as represións violentas da semana anterior. Por que estariamos tan equivocadas?

Para algunhas, a loita era contra os corpos de represión da Policía Nacional. Para outras, iámonolas ver cos resultados da ferinte desinformación dos medios de comunicación de masas, encarnados en forma de bufón ridículo na figura do El Correo Gallego. Había para quen loitariamos contra os poderosos e os terratenentes, que tremían no sofá da casa entre a rabia e o medo, ante a idea de perder parte dos seus privilexios de clase acomodada a mans da xustiza social.

Pero a verdade é que loitabamos contra unha máquina, unha especie de transformer articulado por todo o anterior. Unha engranaxe perfecta que tenta controlalo todo, que extende as súas raíces de terror pola nosa cidade e por todas as demais. É unha máquina creada polos poderosos que entenden que o seu estilo de vida podre non podería seguir sendo o mesmo sen os escravos, sen un pensamento uniformizado, sen unha represión perfecta.

Onte a loita era de Compostela contra a máquina e o seu exército infectado. 10, 100, 1000 centros sociais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: