[Italia] 7 persoas máis imputadas por “asociación subversiva” no marco da operación Scripta Manent

Espallamos traducida esta nova tirada de La Rebelión de las Palabras e que foi achegada e traducida do inglés por Sin Banderas Ni Fronteras desde Traces of Fire.

O venres 2 de xuño pola mañá, a DIGOS notificou o peche das investigacións por artigos 270bis (asociación subversiva) e 414 (solicitación criminal) a 7 anarquistas, 4 delxs son redactores de Croce Nera Anarchica [Cruz Negra Anarquista] e outrxs 2 de RadioAzione e Anarhija.info, co “agravante” dos propósitos terroristas. Para 2 delxs agrégase o artigo 280 (ataque con fins terroristas), en relación cun ataque explosivo asinado por FAI / FRI contra o palacio de xustiza de Civitavecchia.

A notificación non foi acompañada por unha redada e xs acusadxs non foron arrestadxs.

Semella, a partir dos documentos, que esta onda de cargos, sempre realizada polo fiscal Roberto María Sparagna, son unha extensión da operación Scripta Manent, para a cal se celebrará a audiencia preliminar o luns 5 de xuño.

*Nota de Sin Banderas Ni Fronteras*

Non é a primeira vez que os fiscais de turno en operacións anti-terroristas en Italia apuntan a compañeirxs de blogues e publicacións anárquicas. En 2012 un grupo de compañeirxs italianxs foron detidxs em Florencia repartindo panfletos contra a morte dun inmigrante a mans da policía. Os gardiáns da orde inseriron esta detención dentro dunha nova operación represiva contra compañeirxs anarquistas. No medio dos operativos, con allanamentos a casas e confiscación de obxectos persoais, a policía interveu e plaxiou os correos electrónicos dos blogues Parolearmate, Culmine e Iconoclasta e acusou a algunhxs compas de delitos subversivos.

Solidariedade e acción internacional cxs compas afíns de Italia e o mundo!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: