Italia – Comunicados sobre as detencións en Turín

Tiramos e traducimos de La Rebelión de las Palabras estes comunicados que o compañeiro recibiu traducidos de colaboradores afíns, acerca do recente golpe represivo en Turín, Italia, e a situación das compañeiras detidas. Os comunicados atópanse na orde cronolóxica na que se foron publicando ao longo do último mes.

A día de hoxe, só 3 das 6 persoas detidas están no cárcere, mentras as outras 3 están en arresto domiciliario sen posibilidade de recibir correspondencia nin visitas (só poden estar acompañadas por persoas que residan na mesma vivenda).

Para escribir aos compañeiros presos (Francisco é un compañeiro da Península, fala castelán; os outros todavía non sabemos):

Antonio Pittalis
Antonio Rizzo
Francisco Esteban Tosina

C/O casa circondariale Lorusso e Cutugno.
Via Maria Adelaide Aglietta 35, 10151 Torino

“Este Maio, non hai rosas” (A Maggio, non lle rose) (03/05/17)

Xa desde hai anos, entre maio e xuño, chegan as forzas da orde ao Asilo Occupato e ás casas das compañeiras para notificar medidas cautelares e arrestos. Por certo, as medidas e custodias cautelares non nolas aforran tampouco durante o resto do ano, pero desafortunadamente queren manter a tradición de antes de verán.

Ás 06:30 desta mañá, con moito despregamento, entre leiteiras e coches, a policía e os carabinieri (e os ROS, Grupo de Investigación contra a criminalidade organizada e o terrorismo) fixeron irrupción na ex Escola Infantil en Via Alessandria, en Corso Giulio 45 e de via Borgo Doura 39, e nalgunhas vivendas para levar a Antonio, Giada, Antonio, Camille, Francisco e Fabiola. Algunhas compañeiras subiron axiña ao teito das casas okupadas e aí quedáronse ata o fin das operacións, mentres cómplices e solidarias chegaron a Corso Brescia para controlar a situación e dicir algunhas palabras velenosas aos gardas vestidos de uniforme e de secretas.

Ao non haber outras medidas á parte do cárcere, non puidemos botar un ollo aos papeis xudiciais e debemos agardar a que sexan enviados aos avogados para ver a argumentación acusatoria. Os xornais locais falan dunha operación que se refire á noite entre o 25 e o 26 de febreiro. Segundo o que escriben, durante un evento solidario para sacar diñeiro no Asilo, un coche dos carabinieri sería rodeado por unhas 15 persoas, ás que se acusa de secuestro de persoas, danos a un coche policial, resistencia e ameaza á autoridade. Acusacións fortes que, se fosen confirmadas polos papeis xudiciais, atribuirían ás compañeiras presas un delito absurdo como o secuestro de persoa. Non é a primeira vez, xa que foi utilizado como imputación tamén na construción da acusación da gran operación do 3 de Xuño do 2014, para castigar a loita en contra dos desaloxos, das cales se está celebrando o xuízo xusto nestas semanas. Nese caso tamén se falaba de secuestro dun alguacil.

Con todo, agora imos a modiño, para ver como se está a utilizar nesta útima investigación.

A mañá represiva non se limitou aos arrestos. As forzas da orde ademais de levar ás compañeiras, danaron as ferramentas de traballo, romperon cristais e portas no Asilo e, aínda que queda por verificar con absoluta certeza, secuestraron o diñeiro da caixa solidaria.

Pero o máis interesante son os rexistros, xustificados por outra investigación, como a primeira investigación conducida polo PM Rinaudo: leváronse todos os computadores, discos duros, algúns móbiles e buscaban sprays e roupa para a identificación de quen o 5 de abril pintara as sedes de IAAD e Lavazza. Non nos sorprendemos, os novos donos do barrio exercen os seus intereses económicos e represivos.

A mañá foi longa e despois dos rexistros, policía e carabinieri quedáronse máis tempo para permitir que algúns técnicos de IREN e ItalGas controlasen as pinchadas de auga e gas do Asilo; A operación terminouse soamente cando a entrada de gas foi cortada. Esta acción recibiu unha resposta inmediata: compañeiras e cómplices percorreron algunhas rúas do barrio ata chegar á sede de ItalGas en Via Palermo para pintar a súa fachada. Este grupo de persoas foi despois á sede dirixencial de Lavazza a entoar berros pola liberdade, contra o coloso do café e o seu edificio glamuroso. Despois dalgúns minutos, cinco leiteiras chegaron para protexer a estrutura e seguen aí.

As forzas da orde foron rapidísimas pero non tanto como as palabras da alcaldesa do Movimento 5 Stelle. Durante a mañá cando a policía aínda se estaba levando ás nosas compañeiras, Chiara Appendino felicitábase dos arrestos coas forzas da orde e en particular con Rinaudo.

Se alguén tiña dúbidas sobre que significa gobernar unha cidade a resposta xusta chegou da súa noxenta boca.

Relanzamos a convocatoria de mañá no Asilo ás 19 h para falar e organizar unha resposta a este enésimo ataque. Achegamos a dirección do cárcere de Turin e os nomes das tres compañeiras que sabemos que están retidas alí, dos outros aínda non coñecemos o destino.

Escribamosles para darlles forza.

Giada Volpacchio
Antonio Rizzo
Francisco Javier Esteban Tosina
Casa Circondariale Lorusso e Cotugno, Via Maria Adelaide Aglieta, 35,
10151 Torino.

—-

O sétimo, os papeis e as poutadas (04/05/17)

Cos papeis, chega tamén o nome do sétimo compañeiro, que están a buscar pero que aínda non atoparon, é Greg. Desexamos que siga sendo un ave de bosque, sen tanta ansiedade. O resto son 17 páxinas de papel impreso e palabras duras definindo as condutas e motivando a esixencia da custodia no cárcere. As acusacións para as presas son, precisamente, resistencia agravada contra público oficial (resistencia á autoridade), secuestro de persoa e danos.

A acusación de secuestro de persoa está soportada en numerosas citacións de materia xudicial que definen a existencia do delito, cando a conduta do reo priva de liberdade física e locomoción a outra persoa, aínda que non de forma absoluta, por un tempo significativo.

Soamente bastaron 10 minutos, o tempo que os carabinieri pasaron encerrados dentro dos seus coches antes de abandonar o lugar. As condutas e a responsabilidade das procesadas está xustificada na coincidencia material e moral, “a simple presenza no lugar da execución do delito pode ser suficiente para integrar os extremos da participación criminal cando, facendo evidente a adhesión á conduta do autor do feito, servise para darlle estímulo á acción e un maior sentido de seguridade”.

A esixencia de encerrar ás procesadas está motivada, segundo a Xuíza Arianna Busato, pola gravidade do feito, polo perigo social destas e polo risco de reincidencia. Non bastaría o arresto domiciliario con control de aparellos electrónicos xa que, dentro do ambiente doméstico, segundo a xuíza, poderían seguir as condutas delituosas. Entre as liñas que motivan as medidas represoras en contra de Greg, Giada, Antonio, Antonio, Camille, Fabiola e Francisco, desvélase a implicación de Rinaudo e as súas pantasmas. Unha vez máis nos papeis xudiciais que describen os pequenos enfrontamentos coas forzas da orde desvélase a percepción dun espazo franco, en man dos anarquistas.

É un intento de loita polo territorio que se caracteriza pola presenza na rúa, os intentos de obstaculizar as redadas, a resistencia aos desaloxos, e a urxencia de vivir no lugar no que se habita tentando suavizar os mecanismos de represión e explotación, creando lazos capaces de estreitarse e crear as condicións para defenderse, e nalgúns momentos contraatacar as ameazas cotiás.

Tamén este anaco de cidade ten uns propietarios: novos donos que, cos seus investimentos e proxectos, intensifican a frecuencia das ameazas represivas e de control- non só en contra de quen tenta loitar no barrio, senón tamén en contra de quen non pode facer outra cousa senón ser desobediente, non pagando o aluguer ou o ticket no bus.

Estes arrestos veñen coordinados por distintos corpos represivos: ROS (Grupo Investigador para a criminalidade organizada e terrorismo), Carabinieri, Policia e DIGOS (División de Investigacións Xerais e Operacións Especiais) atoparon a enésima ocasión para entrar dentro das vivendas okupadas no barrio e entender como orientarse no seu interior, superando e destruíndo barricadas. Agora a caducidade é de 6 meses (tempo que teñen para presentar oficialmente os cargos antes de ser xulgadas e nos que podes estar presa de maneira preventiva) e estase volvendo tristemente un método moi utilizado para criminalizar ás que habitan as casas e o barrio, a aquelas que son solidarias coas súas veciñas e a quen só pasa a botar unha ollada.

Utilizando os arrestos como punto de partida, empezaron unha serie de rexistros, cortes de gas e a destrución totalmente gratuíta, no interior do Asilo, de portas, mobles e partes da estrutura. Non nos queixamos, canalizamos a raiba e calibramos canto tempo e enerxías serán necesarias para reordenar as cousas e quitar as pegadas do paso da policía. Aínda máis molestas soan as felicitacións e o aplauso da preguiceira alcaldesa á operación dos madeiros.

O 4 de maio no Asilo en Via Alessandria 12, ás 19h houbo un encontro para falar e organizarse. Mentres tanto pódese escribir ás compañeiras presas, están todas encerradas no cárcere “Delle Vallette”, e están á espera do interrogatorio de garantía que terá lugar o venres 5 de Maio.

Antonio Pittalis
Antonio Rizzo
Camille Casteran
Fabiola de Costanzo
Francisco Esteban Tosina
Giada Volpacchio

C/O casa circondariale Lorusso e Cutugno.
Via Maria Adelaide Aglietta 35, 10151 Torino

—-

Sobre os últimos arrestos (08/05/17)

Dando a noticia dos últimos arrestos falaramos da desaparición da caixa de beneficios durante o rexistro do Asilo. Hoxe aínda despois dalgúns días, non conseguimos saber se o diñeiro acabou nos petos dalgún policía ou Carabinieri presente na operación, ou se xace xunto os computadores, móbiles e a roupa, nalgún almacen dalgunha comisaria de Turin regularmente rexistrado como obxecto de secuestro. Certo é, que dunha maneira ou outra, foi collida durante a operación do mércores pasado e que, dunha maneira ou outra é unha iniciativa moi pouco usual por parte das forzas da orde. Tentaremos entender, e poñer en conociemiento pronto, como foi.

Mentres tanto para poder asumir os gastos legais da detención das 6 compañeiras activamos unha conta corrente da que vos damos os datos.

IBAN: IT67T0316901600CC0011061808

BIS/SWIFT: CIPBITMMXXX

Destinataria: Giulia Merlini

Para facer transeferencias desde o estranxeiro podería ser necesaria tamén a dirección do banco: Istituto Centrale Banche Popolari Italiane, c.so Europa 18 Milano- 20122

Desde o mércores pasado houbo varias accións en solidariedade con Antonio,Giada, Fabiola, Camille, Fran e Antonio.

—-

Metade dentro, metade fóra. (19/05/17)

Chegou a comunicación por parte dos xuíces do Tribunal XX, que decidiron os destinos cautelares de Giada, Antonio, Fran, Fabiola, Antonio e Camille. Por agora sen ningunha motivación as poucas palabras da presidenta Loretta Bianco e das súas colegotes dispoñen para Antonio, Fran e Antonio, o mantemento da custodia no cárcere e para Giada, Fabiola e Camille o arresto domiciliario coas comunicacións ao exterior prohibidas. As compañeiras sairán entón pero non poderán recibir visitas, cartas ou chamadas de amigas e compañeiras, a menos que residan na mesma vivenda.

Respecto dos delitos, ha caido a acusación de secuestro de persoa, pero permanece a de resistencia grave. A invitación é a de seguir escribindo aos compañeiros que quedan encerrados para que perciban a solidariedade.

Antonio Pittalis
Antonio Rizzo
Francisco Esteban Tosina

C/O casa circondariale Lorusso e Cutugno.
Via Maria Adelaide Aglietta 35, 10151 Torino

—-

Cansas de mirar (22/05/17)

Achegamos algunhas liñas escritas por Camille, Giada e Fabiola cando aínda estaban no cárcere, antes de que fosen condenadas aos arrestos domiciliarios coas comunicacións ao exterior prohibidas. Aqueles días dentro de Delle Vallette puideron estar xuntas nas horas de socialización cotiá, e puideron poñer pensamentos sobre papel, ata que un día contestaron a un saúdo ruidoso das compañeiras que estaban fóra e dixeron algunha palabra contra a carcelera que chegara a poñelas en orde. Por isto foron denunciadas por insultar á carcelera e suspendéronlles as dúas horas do tempo que as permiten permanecer nas celas en compañia de ata 4 detidas.

“Lle Vallete 15/05/17

Cansas de ver os telexornais que falan cada ano de miles de mortos no mar. Cansas de ver ás forzas da orde facendo redadas racistas. Cansas de mirar a quen non pode pagarse un aluguer e acaba na rúa. Cansas de mirar a persoas que foxen dos municipais coas súas bolsas de produtos a baixo custo. Cansas de ver aos madeiros do Estado que matan e de escoitar que foron accidentes. Cansas de ver, decidimos non sufrir xamais as hipocrisías desta época e expresar claramente a nosa raiba contra cada guerra, cada uniforme, cada estrutura para o control e a xestión dos migrantes, cada cárcere e contra calquera que viva da explotación allea. Decidimos vivir nun barrio de forte recualificación onde loitar significa tamén non afacerse nunca a ver á policía operar sen ser molestada, senón facer ruído cando desaloxan edificios enteiros ou quitan as pintadas. Nas mesmas rúas nas que se van abrindo tendas, restaurantes e locais de elite cúmprese unha limpeza social, por exemplo movendo o Balon e o Suk, e botando a todos os que son considerados indecorosos. En Turín, así como noutras cidades de Italia e de Europa, o obxectivo é tamén o de pacificar os barrios chamados conflitivos pero agardamos que isto pase sen moitas dificultades. O 3 de maio fomos arrestadas xunto a outros compañeiros coa acusación de ternos entrometido nun control dos carabinieri. É evidente para todos que a represión tira as portas de quen decidiu non renderse ao inevitable presente. Baixo a acusación está a nosa vontade de seguir buscando complicidade e momentos colectivos de resistencia. Seguiremos sendo un gran no cú dunha sociedade que nos quere obedentes, sumisas e resignadas, convencidas de que a liberdade pódese atopar na transformación alquímica da indiferenza en solidariedade, do illamento en autoorganización e do medo en acción.

Giada, Kam, Fabiola

—-

Fran en folga de fame (02/06/17)

Desde a sección de ingresos do bloque B do cárcere de Lle Vallette, Fran enviou unha carta na que nos comunica que fixo unha folga de fame de 24h, desde o sábado 27 ata o domingo 28 de maio, xunto a outro compañeiro de sección contra as condicións de detención no interior da sección de ingresos, en solidariedade con outros presxs revolucionarixs e para engadirse ao Per Un Giugno Pericoloso (Por Un Xuño Perigoso é un chamado á realización de accións en solidariedade ás individualidades anarquistas, revolucionarias e rebeldes que se atopan baixo a represión).

Noutra carta chegada posteriormente, Fran infórmanos que empezará outra folga de fame, esta vez de 7 días, a partir do luns 5 de xuño contra as condicións de detención na sección de recentemente chegados e para obter o traslado a outra sección.

Aproveitamos para comunicar que foi disposto o xuízo inmediato para os feitos que levaron aos arrestos do 3 de maio e o proceso empezará, saltándose o xuízo preliminar, o 5 de outubro. Achegamos a carta de Fran sobre a folga de fame de 24 horas.

Ola a todos e a todas:

Estou no bloque B na sección de ingresos do cárcere de Lle Vallette en Turín.

Nesta sección está permitido ir ao ximnasio dúas mañás por semana, ao cinema unha mañá por semana e unha tarde para facer actividades artísticas ou musicais. Hai tamén unha clase de italiano á vez que o ximnasio, arte ou música. Normalmente todos queren ir a esas actividades porque che conceden 30 minutos máis de patio. Estamos encerrados 22 horas ao día, dúas horas son de patio.

Ningunha socialización cos outros detidos, fálase só entre as reixas ou durante a ducha. Case todos os colchóns teñen mofo, recibimos ameazas e chantaxes continuos dos carceleros e ningunha ou pouca información do que é o cárcere e dos nosos dereitos. Para saber algo se pasan as informacións entre detidos ou se ten que agardar a que os carceleros estean de bo humor. É propiamente unha sección punitiva, obrigados a escoitar as súas respostas degradantes e apáticas!

Despois de “Romper o illamento”, as folgas de fame en Palestina e o chamado para Un Giugno Pericoroso, decidín facer unha folga de fame de 24 horas. Desde o sábado 27 de maio desde a hora na que apagan as luces na sección, ao domingo 28 de maio á mesma hora, máis ou menos ás 21h. Fágoo non só para contar que é a sección de Ingresos, ou sexa unha reclusión punitiva de feito. Non só para saudar aos/as rebeldes, os/as revolucionarios/revolucionarias, polos e polas que loitan para a liberación total, todos e todas os prisioneiros e as prisioneiras que non agachan a cabeza e todos aqueles e a todas aquelas que rexeitan as medidas cautelares como as compañeiras de Madrid e Barcelona, de xeito conxunto; senón tamén para dar forza e determinación aos compañeiros e as compañeiras que decidiron facer o chamado para Un Giugno Pericoroso.

Mentres en Italia os xefes de Estado do G7 e todas as merdas como eles comen caviar e lagostas, outro compañeiro e eu non comeremos. Non vemos oportuno avisar á administración desta nosa decisión, porque non obteremos nada deles, vista a súa política punitiva para os novos encarcerados. Importante nesta protesta, aínda que simbólica, é que a comunicación sexa precisa e que se cren relacións de complicidade, por isto non estarei só nin dentro nin fóra.

Tomei esta decisión, aínda que cun pouco de atraso e sen coordinarme cos outros compañeiros encerrados no cárcere de Lle Vallette polos longos tempos de comunicación a través do correo, porque creo que é xusto apoiar as decisións doutros compañeiros cos que estou moi de acordo e tamén para contar a merda que temos que sufrir aquí dentro! Despois de ler o chamado de Alfredo: “Romper o illamento” para a súa folga de fame, despois de coñecer a existencia da folga de fame dos presos palestinos e despois o chamado para xuño, tomei esta decisión.

Outros compañeiros de sección estaban de acordo, en particular para protestar en contra do illamento que vivimos aquí dentro porque nos minan a socialización; Eliximos o domingo porque neste día as chantaxes e as ameazas son máis frecuentes: temos que facer miles de voltas para gañar minutos fóra da cela, despois da ducha, despois do patio, escóitanse frecuentemente as peticións dalgún segundo máis para falar con algún veciño. Cren que nos imos a quedar calados dándonos crostatine (doce italiano). Hai tamén outras motivacións, por exemplo, no meu caso que case nunca falo cos carceleros, foi difícil entender o funcionamento do cárcere, ás veces perdéndome algún beneficio. Outros están moito peor que eu. Eu na cela teño de todo, outros moito menos ou están en celas baleiras. Este domingo non comeremos, non colleremos nada da súa comida de merda, nin as crostatine, nin o coello. Pódense quedar os seus crostatine de merda. Esta situación supón un privilexio para os traballadores da sección, que teñen a cela aberta durante o día, e asumen o papel de carceleros nunha verdadeira selva de poderes, día tras día.

Co compañeiro de sección que quere facer folga de fame comigo, decidimos poñer unha comunicación da folga na parte exterior da cela, para que así os carceleros e todos os que queiran poidan lela. Cando pase o carriño pecharei o blindo (ranura por onde se introduce a comida) e avisarei ao traballador da comida. Se houbese máis conciencia política, poderíase tentar conquistar a socialización ou o ter as celas abertas, como despois das leas de 2008 cando conseguiron que lles levasen a cea os domingos.

A todos os que creron e loitaron, a todos os que cren e loitan, a todos os que crerán e loitarán pola liberación total. Por ou para a anarquía. Un saúdo rebelde.

Anónima toxina. 26 de maio 2017.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: