“Paz…” · Texto anónimo atopado nas rúas de Compostela

Hai uns días, unha digna e fermosa aínda que breve mostra de dignidade e raiba suspendía durante aproximadamente dúas horas a paz social compostelana, para dar paso aos enfrontamentos e á loita na rúa contra a policía mercenaria dos especuladores. Moitas foron as voces que alzaron durante e despois dos incidentes a súa hipócrita censura moral contra as accións das “violentas”, mentras aplaudían, como aplauden día tras día, a violencia atroz da propiedade e a orde mercantil, da policía e a lei.

Agora, colamos este texto anónimo que recibimos no noso correo electrónico e que segundo dicía a mensaxe, foi atopado nas rúas compostelanas.

Barricadas Escárnio

“PAZ…
É nacer por protocolo administrativo,
Sentir demasiado cedo o perigo de supervivencia,
Ser obrigadx a sentar, calar, acatar…
Paz é interiorizar a represión dos refluxos de vida autónoma
Ata facerte intolerante ao mínimo risco, dependente do confort
E así poder ser maleadx según os caprichos do diñeiro
Paz é moralización e persecución se pos un pé fóra do rego
Paz é invertir horas e horas da túa vida en actividades que só teñen
sentido para a economía
Para saborear as migallas do que podería ser, envelenadas coa paranoia
de perdelas…
E poder acceder a unha ampla gama de narcoses
Paz é rematar os teus días sen unha función, mais que para a explotación
química dos corpos.
Paz é a producción extensiva de miseria, o estado de mínima enerxía das
persoas reprimidas e ailladas,
Victimagresorxs de diferentes calidades, inmersxs nunha rede de chantaxes e ameazas altamente complexa e tecnificada, dinamizada pola Orde da Rendabilidade…
A ESA PAZ, OPOÑEMOS:

A DETERMINACIÓN DE EXPERIMENTAR A PROPIA AUTENTICIDADE
DE NOS LIGAR A OUTRXS
DE SABOTEAR ESTA SOCIEDADE,
DENTRO E FÓRA DAS NOSAS CABEZAS

Arriscar como antídoto para o pánico,
contra a cobardía que salvagarda o malestar
E invalida toda consecuencia
A trascendencia de cada decisión tomada por min mesmx
A deserción de toda institución
Nas marxes, nas fírgoas, nas sombras,
Ampliar a autonomía de cada espazo, en cada relación
Contra toda uniformidade, contra toda ideoloxía,
Ao lado dxs que loitan

————————————————–

Para as que toman a vía da complicidade coa Paz baseada na agresión
(dirixentes, policías, empresarixs, funcionarixs, profesorxs,
médicxs…):

Non somos poucxs xs que sentimos a raiba

A VOSA MORAL VOLTARÁ A SER SÓ PÓ

Tédesnos en frente…”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: