[Compostela] Xornada Antiautoritaria pola Guerra Social o vindeiro 10 de xuño no CSA do Sar

Recibimos e espallamos!

O vindeiro 10 de xuño no CSA do Sar teremos unha Xornada Antiautoritaria que comezará ás 18:30h e na que contaremos cunha presentación do fanzine “Réquiem por unha viaxe sen retorno” (a cargo do editor) que contén un texto do compañeiro Nikos Romanós (anarquista grego preso por participar na expropiación de bancos). De seguido, ás 20:00h pasaremos á palestra “O anarquismo fronte ao contexto represivo peninsular e internacional”, a cargo das compas Gabriel Pombo e Elisa di Bernardo, ambas anarquistas que sufriron a represión máis dura nas súas carnes, a compañeira Elisa na Italia e o compañeiro Gabriel no Estado español e na Alemaña (e, no caso de Gabriel, durante varias décadas). As compas farán achegas sobre a represión e o seu contexto duns anos a esta parte tanto a nivel peninsular como a nivel internacional, e sobre a nosa postura como anarquistas perante esa cuestión.

Haberá bocatas veganos para aquelas que teñades fame!
Todo o diñeiro que se recade coa actividade destinarase a financiar o proxecto do Ateneo Anarquista Agustín Rueda (aínda en proceso).
Estades todas convidadas!

Advertisements

2 Respostas to “[Compostela] Xornada Antiautoritaria pola Guerra Social o vindeiro 10 de xuño no CSA do Sar”

  1. Can vello Says:

    Rapazada, ese día ás 21.00 h hai mani en solidariedade co Escarnio. Igual podíase adiantar isto ou algo?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: