A Distribuidora Anarquista Polaris edita “Hasta que todes seamos libres… Una mirada crítica antiautoritaria a los vicios de la lucha contra el especismo”

As compañeiras da Distribuidora Anarquista Polaris de Pontevedra veñen de escribir e editar esta publicación de crítica e autocrítica do movemento animalista/antiespecista que comparten e presentan do seguinte xeito:

Presentámosvos a nosa nova públicación, titulada “Hasta que todes seamos libres… Una mirada crítica antiautoritaria a los vicios de la lucha contra el especismo” e que podedes descargar de balde facendo click nos enlaces a continuación ou conseguir copias físicas escribíndonos ao noso correo electrónico: distripolaris@riseup.net

Para descargar ou ler online a publicación:

Que nos leva a escribir e editar unha publicación como esta? Pois principalmente, a sensación de estar cada vez menos identificades coa forma e o contido que está a adoptar o veganismo e algunhas loitas contra o especismo.

Cremos que faltan moitas cousas. Unha perspectiva política clara, unha reformulación teórica que actualice o discurso, unha práctica activista máis consecuente, e sobre todo, notamos unha gran falta de intersecionalidade e aínda que é certo que nos últimos anos vemos un aumento de colectivos e persoas que tentan abordar a cuestión da loita contra o especismo cunha perspectiva intersecional (grupos e asociacións feministas que teñen a liberación animal como unha base do seu activismo, grupos antiespecistas que asumen á vez posicionamentos antifascistas, antirracistas, etc…) non podemos negar a sensación de que a maioría de persoas veganas limítanse a cambiar o que comen sen analizar nada máis. Isto amólanos e desmotívanos, porque nos fai atoparnos enemigues potenciais mesmo entre as poucas persoas que nun momento dado sentimos ou cremos que nos entendían e apoiaban, pero que nos deixan a soas cando tentamos propoñerlles ou ofrecerlles medios e espazos para levar o seu activismo un pouco máis aló e desenvolver unha postura máis inclusiva.

Por todo iso, e con contundencia aínda que desde a humildade, sacamos adiante este texto, tentando achegar como boamente puidemos o noso punto de vista sobre diferentes “vicios” que vemos no animalismo, o antiespecismo e as loitas, en xeral, contra a explotación de animais non-humanos e contra o especismo.

Agardamos telo conseguido e remover algunha conciencia, axitar, resultar ferintes, porque o sentimos, pero cremos que hai cousas que non poden nin deben tratarse desde o bo rollo. A cultura do bo rollo xa fixo demasiados estragos. Pero que busquemos ese efecto non significa que o noso obxectivo sexa polemizar porque si ou xerar disputas internas que “guetifiquen” máis aínda aos movementos que loitan por un mundo onde se respecte aos animais non-humanos. O que queremos é continuar loitando, pero para facelo consideramos que antes é necesario poñer sobre a mesa moitos debates, e aquí está a nosa pequena contribución a iso.

O texto, por suposto, non está suxeito a licenza algunha nin queremos a patente de nada. Non cremos na teoría como un ben privativo nin como algo co que comerciar ou que acaparar, senón que a entendemos como algo que necesariamente ten que ser común, compartido, que non debe pertencer a ninguén para pertencer a todes, que debe ser aberta e libre. Por iso, se che gusta este texto, se te sentes identificade co que di ou cres que pode axudarche a ti ou a outras persoas e colectivos da túa contorna para sacar conclusións útiles ou a expor cousas nas que se cadra non pensasen dabondo, cópiao, regálao, fai que circule. Se pola contra non che gusta, non estás dacordo ou tes algunha crítica, ponte en contacto con nós e estaremos encantades de debater e de recibir as túas críticas, sempre que teñan unha intención de achegar e non sexan meras rabechas destrutivas.

Dito isto, deixámosvos xa co texto, non sen antes dicir que nel hai tamén críticas a certos ambientes ou personaxes do antiespecismo ou do animalismo con quen non nos interesa establecer diálogo algún porque as súas actitudes parécennos repugnantes. Cremos importante visibilizar os feitos que se comentan porque cremos que o silencio é complicidade e que hai opresións que non poden seguir invisibilizadas, que necesitan ser identificadas, nomeadas e expostas, para poder combatelas. Non pediremos desculpas nin daremos máis explicacións sobre isto. Se escoce é porque cura.

As editoras // Abril-Maio 2017

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: