Xornadas pola recuperación da memoria anarquista na Coruña

xornadascorunaTemos o inmenso pracer de presentarvos en primicia o cartaz das xornadas de recuperación da memoria anarquista da Coruña que, baixo o título de “Coruña Libertaria”, desenvolveranse a semana do 29 de maio ao 3 de xuño nos distintos Centros Sociais antiautoritarios da cidade.

Con esta iniciativa pretendemos recuperar a historia de loita social da Coruña, eminentemente anarquista e tradicionalnmente ninguneada desde os sectores progresistas ben pensantes que falsean o peso do movemento libertario. Posto que pese a que as correntes socialistas e galeguistas eran claramente minoritarias nos tempos de pre-guerra na cidade, foron enxalzadas polo oficialismo en favor dos seus intereses actuais e en detrimento da realidade històrica de hexemonía do movemento libertario. Deste xeito quixemos que as charlas se realicen nos Centros Sociais herdeiros ideolóxicos das loita contra o poder que, lonxe de desaparecer, aínda sosteñen a día de hoxe a bandeira da liberdade e o combate contra toda forma de autoridade. Afastando así a memoria histórica do movemento obreiro dos museos, os institutos e da naftalina institucional coa que os novos dirixentes progres preténdennola meter dobrada.

Luns 29 de Maio ás 20h: “O tráxico maio de 1901 e outras loitas” por Rosalía Regueiro no local da Unión Anarcosindicalista (rúa Washington 36)

Martes 30 ás 20h: “A represión do Movemento Libertario na Coruña” por Emilio Grandío no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (rúa La Paz nº16)

Mércores 31 ás 20h: “Anarquista ou nada. Mulleres libres e casas libertarias” por Carmen Blanco e Claudio Rodriguez Fer no Centro Social Okupado A Insumisa (rúa Metrosidero sen número, frente a porta do cuartel de Atochas)

Xoves 1 de Xuño ás 20h: “Os Ateneos Libertarios da Coruña” por Eliseo Fernandez no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (rúa La Paz nº16)

Venres 2 ás 20h: “De Ricardo Mella a Lois Pereiro e a maleta de Xosé Villaverde” por Iria Presa no Centro Social A Comuna (rúa Verea do Polvorín 35)

-Sábado 3-

Ás 11h Roteiro: A libre-xeografía da Coruña, con Manuel Rivas. Saída da Dársena e remate con comida popular vegana na Praia das Lapas

A partir das 20h: documentais libertarios no Centro Social Okupado A Insumisa (rúa Metrosidero sen número)

Que as disfrutedes con saúde e anarquía!!!

Fonte: http://airmandadedacosta.info/index.php/2017/05/20/xornadas-recuperacion-da-memoria-anarquista-da-coruna/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: