“Non hai nada anarquista no eco-fascismo: Unha condena das ITS” por It’s Going Down

BosqueTiramos e difundimos traducido de La Rebelión de las Palabras este texto que el tirou e traduciu do portal anarquista norteamericano It’s Going Down! e que fai unha crítica/condena do grupo ITS e da autodenominada “corrente eco-extremista”. Tamén traducimos a nota introdutoria do compañeiro.

O 3 de maio, unha muller foi asasinada na Cidade Universitaria de México D.F. Mentres moitas voces lamentaban a perda falando sobre a violencia machista e os feminicidios e a medida que saían máis datos sobre a identidade da asasinada, o grupo ITS (Individualistas Tendendo ao Salvaxe) publicou un comunicado (como de costume, maiormente divulgado polos mass-media) adxudicándose non só ese asasinato, senón tamén o de dúas persoas máis nun carreiro, ás que mataron para segundo eles, deixar claro que “ningún humano estará a salvo na natureza” (ningún humano salvo eles, claro, que como son “individualistas” e “tenden ao salvaxe”, están bendicidos pola natureza e poden facer sendeirismo sen que lles disparen a sangue frío). Este feito volveu levantar a polémica sobre este grupo en México e alén. Agora, recollo en inglés de Act For Freedom Now (que á súa vez reproducen o texto tomado de It’s Going Down!), traduzo a castelán e difundo este texto de crítica e rexeitamento cara ás ITS.

Xa era hora de que alguén dese un golpe máis na mesa sobre esta cuestión, xa que, sinceramente, cada vez cústame máis entender a todes aqueles “anarquistas” que baixo a presunta premisa da loita contra a dominación, apoian a un grupo que xustifica os asasinatos arbitrarios e que ademais ofrece bastantes motivos para dubidar seriamente da veracidade das súas declaracións de responsabilidade e da realidade da súa praxe.

Segundo unha nota engadida ao final do post con este texto publicado en inglés en Act For Freedom Now!, “compas cercanes ao círculo de 325 están a preparar unha crítica sobre ITS, un artigo será publicado no futuro distante”.

—-

“Cando o horror toca á túa porta é difícil esconderse, só queda respirar, tomar valentía e facerlle fronte. Todos os días tristemente comparto noticias de persoas desparecidas ou asasinadas (sempre no fondo de min pedindo que nunca sexa alguén cercan@ ou conocid@). Compartín a nota da muller atopada en CU e desde o primeiro momento indigneime e protestei pola criminalización da vítima. Á mañá seguinte espértome co horror e a dor de que se trataba do meu familiar.”

– Carta da familia de Lesvi Ribeira á sociedade mexicana

“Responsabilizámonos do homicidio doutro ser humano en Cidade Universitaria o día 3 de maio. Moito xurdiu despois de atopar a este maldito ser recargado sen vida no teléfono público “que se sufría de alcoholismo, que non era estudante, que se isto, que se aquilo”, pero que máis dá? É só unha masa máis, é só un maldito humano que se merecía a morte, que máis dá se era do sexo feminino? (aquí as feministas tolearán), xa deixen de queixarse e mellor póñanse ao tiro, (non só mulleres se non tamén homes) xa que calquera pode ser o seguinte.”

– 29º Comunicado de Individualistas Tendendo ao Salvaxe (ITS)

Algunhas cousas non terían que ser ditas, pero como ocorre con demasiada frecuencia neste desastre de mundo, o que debería ser máis obvio a miúdo mergúllase nas esixencias da política, as ideoloxías, o diñeiro, a emoción ou os clicks na internet. O propósito desta peza é condenar os recentes actos de eco-extremistas en México e os que os animan desde fóra.

Esta crítica non aspira a alterar o comportamento de Individualistas Tendendo ao Salvaxe (ITS), Individualidades Tendendo ao Salvaxe (ITS), Reacción Salvaxe (RS), Grupo Indiscriminado Tendendo ao Salvaxe (GITS), Mafia Eco-Extremista, ou de calquera nome ao que se cambien mañá. Como calquera outro tirano sociópata enganado, estes individuos autodeclaráronse por enriba do reproche, a crítica, a razón ou a rendición de contas. Nomeáronse a si mesmos xuíces, xurado e verdugo; gardiáns da Verdade usando un pasado romantizado para xustificar as súas accións. Como autoritarios absolutistas, construíron un marco teórico que, aínda que sempre cambiante e inconsistente, dalgún xeito sempre remata cunha xustificación de por que chegan a soster un coitelo nas gorxas de toda a humanidade. En resumo, pensan e actúan como o Estado.

Houbo un debate sobre ITS nun podcast de IGD o pasado mes de decembro. Para aquelas non familiarizadas, ITS e a súa aparición de acrónimos afiliados xurdiron publicamente en 2011 como un grupo anticivilización que voou cousas polo aire e tentou matar a xente que non lles gustaba, principalmente científicos e investigadores de universidades. En comunicados anteriores, falan favorablemente do anarquismo e a revolución. Co curso de só uns poucos anos e varios grupos e separacións, adoptaron un posicionamento firme de rexeitamento e reacción. Desaprobaron o anarquismo, a revolución, o esquerdismo ou calquera cousa relacionada co social ou o humano. Orgullosamente adoptaron o manto do eco-terrorismo e proclamaron o seu desgusto polos que lles gustan John Zerzan ou Ted Kaczynski, a quen eles eloxiaron previamente.

Como era de agardar, a través do seu crecente illamento e reactividade, as ITS convertéronse en simples asasinos (ou polo menos gustaríalles que pensasen así). “O ser humano merece a extinción” e “Situámonos contra o ser humano, sen preocuparnos polo uso da civilización para levar a cabo os nosos actos” é agora o seu credo. Como tal, no Estado de México, as reclamacións das ITS saíron a cazar aos madeireiros para matalos, pero non atopando ningún, decidiron emboscar, disparar e asasinar a unha parella nun carreiro o 30 de abril, porque “Só queremos que quede claro que ningún humano estará a salvo na natureza”. Suxiren que os humanos deberían permanecer nas cidades, pero logo reclaman a responsabilidade do feminicidio do 3 de maio de Lesvy Rivera na Universidade Nacional Autónoma de México, dicindo: “Nin sequera nas vosas malditas cidades estaredes seguros”. O fenómeno das ITS, aínda que comeza en México, estendeuse por gran parte de América Latina, con grupos que usan o nome de ITS para reclamar a responsabilidade dos ataques – incluíndo os intentos de asasinato masivo de xente común e de clase traballadora – en múltiples países.

Comprender o que levou á creación e evolución de grupos tales como ITS é un tema que se aborda mellor nunha peza separada. Como mencionamos antes e no podcast, atopan as súas raíces nas correntes insurrecionais e anticivilización do anarquismo. México en particular ten un vibrante movemento insurreccional clandestino de acción directa. México tamén é onde o 99% de todos os “crimes” fican impunes, onde os narcos, a policía, os militares e os políticos traballan man a man ou se matan uns a outros e a outros próximos a decenas de miles. Tamén se unen en contra dos movementos sociais sobre o terreo: a represión é a única lingua que fala o Estado mexicano. Non é difícil de entender, nun país estragado polo neoliberalismo, onde os chamamentos ao Estado atópanse con porras e balas, onde os anarquistas xa están a voar cousas, e onde todo o mundo cunha axenda parece matar á xente e escapar con iso, por que xurdiría un grupo como ITS.

Con todo, ao mesmo tempo en México, aparte dalgúns sitios web, os ITS e as súas accións non foron eloxiados nin aceptados por anarquistas nin por ninguén máis. Isto probablemente tamén contribúe á escalada de violencia pola súa banda – ninguén lles presta atención realmente, excepto para desestimalos ou condenalos. Polo menos un grupo anarquista declarou publicamente a súa crenza de que a ITS é unha operación estatal, deseñada para deslexitimar o movemento radical máis amplo.

Parece máis probable que ITS sexa un grupo xenuíno que cre no que di. Se realmente fixo o que di é outra cuestión. Algúns ataques ocorreron certamente, pero un número curiosamente grande de ataques de ITS fallan ou non se mencionan en ningures excepto nas súas declaracións. Afirman que isto se debe a que a policía e os medios conspiran para non chamar a atención sobre os seus actos. Con todo, a típica acción directa anarquista insurrecional case sempre se informa con información precisa, fotos que mostran o dano causado, e pódese verificar nos informes corporativos dos medios de comunicación. Como as ITS son moito peores que outros grupos de acción directa na realización de accións directas é unha pregunta sen resposta. É improbable que as ITS matasen a calquera das tres persoas que recentemente afirmaron matar. A declaración non comparte detalles dos asasinatos e só inclúe unha foto tomada de Facebook. Especialmente no que respecta ao feminicidio de Lesvy Rivera na UNAM, é probable que as ITS busquen un paseo de balde nos costados dunha traxedia que xerou unha acción e unha cobertura considerables entre as anarquistas e as radicais que odian tanto, pero cuxa atención tan desesperadamente buscan .

Así que as anarquistas dámoslla? É certo que mesmo a existencia desta peza é unha capitulación á súa procura de atención. Pero peor son os que promoven, mesmo implicitamente, as accións dos ITS. Sitios como Anarchist News, Radio Radical Libre, Atassa, Little Black Cart e Black Powder Press. A escusa de “un retweet non constitúe un respaldo” non vale aquí. Como di ITS: “Advertirámolo desde un comezo…“. E agora eles din matar a tres humanos simplemente porque eran humanos. Os seguidores de ITS seguirán distribuíndo a propaganda dun grupo que pola súa propia admisión non só non é anarquista senón orgullosamente terrorista, rexeitando toda ética, moral ou principios de liberación? Só existen para matar á xente.

Non debería ter que explicarse por que esa postura non merece apoio. Dunha cuestión menos perentoria é que a maneira en que ITS concibe a “natureza” é en si mesma unha construción social e civilizatoria. A súa base ideolóxica (xa cambiante) de asasinato desmorónase baixo un escrutinio real.

Algúns defenden as publicacións e debates (ou trolleos, por así dicilo) que enxendran porque mentres que quizá non están de acordo con matar á xente, as análises que as ITS presentan son intelectualmente estimulantes e merecedores de consideración. Se ITS matouna, Lesvy Rivera pode seguramente apreciar que o seu brutal asasinato foi atopado intelectualmente estimulante por alguén. É o pico da arrogancia colonial e racista que estes desde a seguridade dos seus fogares estadounidenses ou europeos síntanse cómodos debatendo os puntos máis finos dunha ideoloxía que equivale á xente latina matando a outra xente latina. Agardamos con impaciencia a publicación nestas páxinas dos comunicados de ISIS ou de Al-Qaeda debido ás súas críticas intelectualmente estimulantes do imperialismo dos EUA en Oriente Medio.

O único apoio que as ITS deberían estar a recibir das anarquistas é animalos a que practiquen a súa dedicación á extinción humana neles mesmos. Igual que os fascistas do ISIS están a se atopar cunha auténtica resposta anarquista, os fascistas das ITS deberían ser chamados á tarefa, non mimados.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: