Desenvolver relacións de afinidade

“Hoxe a alma afógase nunha masa de encontros ao azar. Estamos na procura daquelxs que aínda están o suficientemente vivxs para apoiarse unhxs a outrxs máis alá disto; aquelxs que fuxen da Vida Normal”

– Against Sleep and Nightmare

Vivimos nunha sociedade na que a maioría dos nosos encontros foron xa definidos en forma de roles predeterminados e relacións nas que non temos nada que dicir. Unha aleatoriedade desprovista de sorpresa rodea o tormento programado do traballo cun “tempo libre” que carece de gozo, da capacidade de asombro ou de calquera liberdade real de actuar ao noso antollo, un “tempo libre” non moi diferente do traballo do que se supón que é un respiro.

A explotación faise presente no conxunto da existencia ao estar cada unha das nosas interaccións canalizadas cara unha forma de relacionarse que xa foi determinada en función das necesidades da orde dominante, co fin de garantir a reprodución continuada dunha sociedade na que unhxs poucxs controlan as condicións da existencia de todxs, e por tanto posúen as nosas vidas.  Así pois, a revolta contra a nosa explotación non é esencialmente unha loita política, mesmo económica, senón unha loita contra a totalidade da nosa existencia actual (e por tanto contra a política e a economía), contra as actividades e interaccións cotiás que nos son impostas polo Estado e todas as institucións e aparellos de dominación e control que compoñen esta civilización. Esta loita non se pode levar a cabo por calquera medio. Require un método de atoparse e actuar no mundo no que se manifestan aquí e agora novas relacións, as de individuxs libres que rexeitan ser explotados e dominadxs e igualmente rexeitan dominar ou explotar. Noutras palabras, a nosa loita debe ser a reapropiación inmediata das nosas vidas, en conflito coa sociedade actual.  Partindo desta base, o rexeitamento á formalidade e o desenvolvemento de relacións de afinidade non pode ser visto en termos meramente tácticos ou estratéxicos. Máis ben, son o reflexo na práctica daquilo polo que estamos a loitar se, efectivamente, estamos a loitar por retomar as nosas vidas, por reapropiarnos da capacidade de determinar as condicións da nosa propia existencia, é dicir, a capacidade para a auto-organización.

O desenvolvemento de relacións de afinidade é especificamente o desenvolvemento dun profundo coñecemento dx outrx dun modo complexo, unha profunda comprensión das ideas, soños, desexos, paixóns, aspiracións, capacidades e concepcións da loita e da vida, dxs demais compañeirxs. É por suposto un descubrimento o que se ten en común, pero máis significativamente é un descubrimento das diferenzas, do que é único en cada individux, porque é na diferenza onde se pode descubrir realmente que proxectos pódense levar a cabo con outrxs. Dado que o desenvolvemento de relacións de afinidade é en si mesmo un reflexo dos nosos obxectivos como anarquistas e dado que se propón crear un coñecemento profundo e en constante expansión dx outrx, non se pode abandonar simplemente ao azar. Necesitamos crear adrede a oportunidade para os encontros, discusións e debates nos que as nosas ideas, aspiracións e visións da loita revolucionaria poidan poñerse en discusión, onde as afinidades reais e os conflitos reais saian á luz e se desenvolvan, non co obxectivo de atopar un termo medio no que todxs transixan por igual, senón para clarificar distincións e así descubrir unha base real para crear proxectos de acción que non sexan simplemente desenvolver o papel de radical, activista ou militante, senón que sexan reflexos dos desexos, paixóns e ideas de quen se implique. Aínda que as publicacións, os taboleiros de discusión na internet e a correspondencia poden proporcionar medios para lograr isto nalgúns niveis, en canto son foros abertos tenden a ser demasiado aleatorios, co risco de que o debate perda proxectualidade desviándose cara o intercambio democrático de opinións que teñen pouca conexión coa vida real.

Ao meu entender, as mellores e máis significativas discusións poden ter lugar en encontros cara a cara, entre xente con algunha claridade de por que se reunen para debater. Así pois, organizar espazos de discusión, debates, encontros, ect, é unha parte integral do desenvolvemento de relacións de afinidade e por tanto de proxectos de acción. A necesidade de perseguir o desenvolvemento de relacións de afinidade de forma intencionada non significa o desenvolvemento dunha base formal para a afinidade. A formalidade soterra a posibilidade de afinidade, porque está baseada por natureza nun espazo común predeterminado, por tanto arbitrario. A organización formal baséase nunha unidade ideolóxica ou programática que resulta por último unha adhesión á organización como tal. As diferenzas débense deixar de lado pola causa da organización, e cando as diferenzas déixanse de lado, o mesmo ocorre cos soños, desexos, aspiracións e paixóns dado que estas só poden pertencer ax individux. Pero, de feito, a organización formal non che ten nada que ver coa intención ou a proxectualidade. En realidade, ao proporcionar unha ideoloxía á que adherirse, libra ax individux da responsabilidade de pensar por si mesmx e desenvolver a súa propia comprensión do mundo e da súa loita nel. Ao proporcionar un programa, libra ax individux da necesidade de actuar autónomamente e facer análises prácticos das condicións reais nas que se está loitando. Por tanto, en realidade a formalidade soterra a proxectualidade e a capacidade para a auto-organización e desta forma soterra o obxectivo da loita anarquista. As relacións de afinidade son a base necesaria de auto-organización no nivel cotián máis básico da loita da vida. É o coñecemento profundo e crecente dx outrx o que proporciona a base para desenvolver proxectos de revolta que reflictan verdadeiramente nosas propias aspiracións e soños, para desenvolver unha loita compartida baseada no recoñecemento e, no mellor dos casos, o apaixonado gozo de nosas moi reais e fermosas diferenzas.

O desenvolvemento da revolución social, requerirá, por suposto, dunha organización da actividade máis aló do ámbito das nosas relacións de afinidade, pero son os proxectos que desenvolvemos destas relacións os que nos proporcionan a capacidade para a auto-organización, a forza para rexeitar toda formalidade e, por tanto, a todos os grupos que pretenden representar a loita, xa se chamen partidos, sindicatos ou federacións. Nas relacións de afinidade, empeza xa a desenvolverse unha nova forma de relacionarse libre de todos os roles e de toda relación social xa manida, e con esta unha aparente impredicibilidade que as autoridades nunca entenderán. Aquí e agora, abrazamos un mundo de maravilla e gozo que é unha arma poderosa para destruír o mundo de dominación.

Tirado da revista Willful Disobedience Vol. 2 No. 12

Traducido por B.Castrón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: