“O medo ao conflito” por Feral Faun

O seguinte texto foi publicado orixinalmente na revista anarquista Willful Disobedience (número 2) e escrito por Feral Faun (Fauno Salvaxe), que tamén usa o pseudónimo Wolfi Landstreicher (Landstreicher en alemán significa vagabundo), e que fixo numerosas achegas a diversos eidos da teoría anarquista contemporánea desde un enfoque que bebe de diversas fontes, desde o anarquismo individualista de Stirner ata os debates e diálogos sobre o insurreccionalismo, a relación entre o anarquismo e o nihilismo, a crítica da civilización (se ben deslígase das posturas primitivistas), a crítica do esquerdismo…

Traducido por Disnomia para Abordaxe!

“Donos de nós mesmos”

“Non é unha falta que che resistas contra min e que afirmes a túa particularidade, a túa individualidade: non tes que ceder nin que renegar de ti mesmo.”

– Max Stirner

Onde queira que un par de anarquistas se reunan, existirán argumentos. Isto non sorprende, xa que a palabra “anarquista” é usada para describir unha ampla gama de a miúdo contraditorias prácticas e ideas. O único común denominador é o desexo de liberarse da autoridade, aínda cando os anarquistas nin sequera se poñen dacordo no que é a autoridade, deixando de lado o problema da clase de métodos indicados para eliminala. Estes problemas fan aparecer moitos outros e o argumentar faise inevitable.

Os argumentos non me molestan. O que me molesta é enfocarse en tratar de chegar a un acordo. É asumido que “porque somos anarquistas”, todos debemos desexar realmente o mesmo; os nosos aparentes conflitos deben ser meramente malentendidos que podemos censurar, para así atopar un lugar común. Cando algúns evitan falar as cousas e insisten en manter as súas distancias, son catalogados de dogmáticos. Esta insistencia en atopar un lugar común pode ser unha das fontes mais importantes do diálogo sen fin que tan frecuentemente ocupa o lugar de actuar, para crear as nosas vidas segundo os nosos propios termos. Este intento de atopar un terreo común involucra a negación de conflitos moi reais.

Unha estratexia usada frecuentemente para negar o conflito é reclamar que un argumento é só un desacordo sobre as palabras e os seus significados. Coma se as palabras que un utiliza e como un escolle usalas non tivese conexión coas ideas, soños e desexos dun. Estou convencido que alí hai un par de argumentos que son meramente sobre as palabras e os seus significados. Esas poucas disputas poden ser facilmente resoltas se os individuos involucrados puidesen clara e precisamente explicar o que eles queren dicir. Cando os individuos non poden sequera chegar a un acordo sobre que palabras ou como usar estas, indica que os seus soños, desexos e maneiras de pensar están tan separados que mesmo cando usan só un idioma, non poden atopar unha lingua común.

A negación do conflito e da singularidade dos individuos pode reflectir un fetiche pola unidade que se deriva dos residuos do esquerdismo ou do colectivismo. A unidade sempre foi altamente valorada pola esquerda. Xa que a maioría dos anarquistas, a pesar dos seus intentos de separase da esquerda, son simplemente esquerdistas anti Estado, están convencidos de que só unha frente unida pode destruír esta sociedade, a que eternamente nos obriga a unirnos non segundo as nosas eleccións, e que debemos, por conseguinte, superar as nosas diferenzas e unirnos xuntos para apoiar a “causa común”. Pero cando nos entregamos á “causa común”, estamos obrigados a aceptar o máis baixo común denominador de entendemento e loita. As unións que son creadas desta maneira son falsas unións que florecen soamente grazas á supresión de desexos e paixóns únicas dos individuos involucrados, transformándoos nunha masa.

Para min esta base son eu mesmo, a miña vida con todas as súas paixóns e soños, os seus desexos, proxectos e encontros. Desde esta base eu fago “causa común” con ninguén, pero podo frecuentemente atopar individualidades con quen podo ter afinidade. É moi posible que os teus desexos e paixóns, os teus soños e proxectos coincidan cos meus. Acompañados por unha insistencia sobre levar a cabo aquela oposición a toda forma de autoridade, tal afinidade é unha base para unha xenuína unidade entre individualidades únicas e insurxentes, a cal dura só o que os individuos desexen. Certamente, o desexo da destrución da autoridade e da sociedade pode movernos para loitar nunha unidade insurrecional que chegue a ser a gran escala, pero nunca un movemento de masas; senón que tería que ser unha coincidencia de afinidades entre individualidades que persisten en facer súas as súas vidas. Esta clase de insurrección non pode ter lugar por medio da redución das nosas ideas ao máis baixo común denominador con cada un con quen estea dacordo, senón só a través do recoñecemento da singularidade de cada individuo, un recoñecemento que abraza os conflitos actuais que existen entre persoas, independentemente de que tan feroces eles poidan ser, como parte das abraiantes riquezas de interacións que o mundo ten para ofrecernos unha vez que nos libramos a nós mesmos do sistema social que roubou as nosas vidas e as nosas interaccións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: