[Alemaña] Breve resumo da sesión 18 e 19 do xuizo polo caso Aachen

Na sesión do día 28 de abril testificou a experta da policía no tema de comunicacións. Centráronse nas mensaxes, chamadas e contactos compartidos nos varios teléfonos incautados. Quedou constancia de que nos teléfonos non había mensaxes de benvida a outros países e que Vodafone non ten acceso aos datos de 2014 (porque ten a obrigación de cancelalos despois dun ano). No cotexo das axendas, apareceron algúns números de teléfono en común, e doutra banda non houbo chamadas entre estes teléfonos nas datas próximas ao atraco. Había un interese especial na significación de mensaxes de números curtos (tipo atención ao cliente das compañías) e a fiscalía indicou que a petición a Vodafone España realizouse só 2 semanas antes.

Ademais nunha das vivenda particulares rexistrada o 13 de abril non se atopou nada probatorio.

A sesión do día 5 de maio consistiu na lectura dalgunhas partes do sumario. Por unha banda a defensa achegou documentación varia que demostra, mediante a sentenza que arquiva o caso de Pandora 2 e a sentenza de Monica e Francisco, que GAC non é unha organización terrorista.

Doutra banda, leuse o recurso interposto en decembro de 2016 polo avogado dunha das compañeiras ao auto de prisión preventiva, alegando, entre outras cousas, que a mostra de adn (no falso control de alcoholemia) foi tomada de forma ilegal, polo que non sería válida. O xulgado de Köln xustificou a permanencia en prisión do compañeiro ante a gravidade do delito, e achegou indicios da relación das acusadas co movemento anarquista.

Ademais leuse o curriculum (laboral) dunha das compañeiras para que o tribunal poida coñecer á acusada mellor.

Calendario das seguintes sesións:

· 12 de maio, experta en biometría por parte da fiscalía.
· 18 de maio, alegación da fiscalía e posible petición da pena.
· 22 e 31 de maio empeza a alegación da defensa.
· O 7 e 13 de xuño quedan abertas en función do que suceda nas anteriores sesións.

FACEMOS UN CHAMAMENTO A ACUDIR Ao XUÍZO!!!!
É moi importante nosa presenza nestes últimos momentos!!!!!
Que as nosas compañeiras non se atopen soas e que sintan a calor e a forza de amigas e solidarias!!!!!

Máis info e todas as outras sesións anteriores en: https://solidaritatrebel.noblogs.org/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: