A Xunta prepara un novo “soborno institucional” á prensa afecta ao réxime

A que nos referimos con “soborno institucional”? Pois á nova convocatoria de axudas por valor de 1,7 millóns de euros aos medios informativos galegos que, como todos os anos, repartirán de forma absolutamente maioritaria entre as grandes empresas do sector afíns aos seus intereses. Deste xeito, La Voz de Galicia e o Faro de Vigo repartíronse un millón de euros de anteriores convocatorias (718.000 a primeira e 305.000 o segundo). E iso pese a que as axudas van destinadas a “alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura”, e, non é por nada, pero nese sentido, eses dous xornais, a min como que me dá a risa Marialuisa. Non é casualidade que as bases do concurso foran creadas á medida destas grandes cabeceiras, esixindo unicamente un 8% de información escrita en galego ou premiando con máis cartos xustamente a quen máis periódicos venda (cando a lóxica perogrullesca indica que o que máis vende e o que menos precisa).

Pero a realidade agocghada detrás destas axudas nada ten que ver coa promoción de Galicia, nin do seu idioma, nin de ningunha outra excelsa e filantrópica medida culturetas; pois do que de verdade se trata é de comprar con diñeiro público a afinidade dos medios hexemónicos e garantirse así o aplauso xornalístico ás políticas institucionais e a persecución mediática de calquera disidencia.

Porque aquel que crea que vivimos nun país con prensa libre é un auténtico imbécil (ou un completo iluso moi mal informado, que, á fin e ao cabo, é do que se trata). Posto que aquí hai moito tempo que os grandes medios empresariais de adoctrinamiento de masas responden os intereses oligárquicos dos grandes grupos de presión financeiros. E calquera tipo de xornalismo de investigación serio (como o que no seu día destapou os G.A.L.) é cousa do pasado século… no mellor dos casos. E se non, fixarvos en que, en cuestións de escándalos e corrupción, son sempre os xornais os que van detrás das investigacións xudiciais e non ao contrario, como pasa na maior parte dos países do mundo. Por non dicir que a pesar de que agora nos damos conta de que a corrupción política leva décadas instaurada nas nosas institucións, non foi ata onte pola tarde que os xornais empezaron a darlle cobertura. Tan independentes xornalistas e non atoparan ningunha pista ata agora? Ou quizá eles tamén cobraban (e cobran) o seu 3%?

O caso é que un ano máis as moedas de Judas están sobre a mesa. E xa veremos o que pasa. Aínda que a ninguén sorprenderá o máis que seguro resultado. Porque a prensa non é libre mentres cobre, do mesmo xeito que os cidadáns non teñen unha opinión imparcial mentres sexan bombardeados acotío pola prensa e a publicidade. E do mesmo xeito que mediante a propaganda pódese transformar sen dificultades a opinión social como a prensa decida; mediante os cartos pódese orientar a prensa na dirección que lle interese a quen se beneficia do fluxo do capital.

Fonte: airmandadedacosta.info

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: