[Grecia] Compañeiro antifascista atacado por neonazis no seu lugar de traballo en Kavala

Recollemos de La Rebelión de las Palabras (que traduciu da versión en inglés publicada en Act For Freedom Now!) esta nova falando dun ataque neonazi contra un compañeiro anarquista e antifascista na cidade de Kavala, Grecia. A vida do compañeiro non correría perigo, pero a causa dos golpes dos nazis (que foron buscalo ao seu lugar de traballo, nun posto de comida rápida) o compa tería sufrido fractura cranial, fractura nasal e tamén unha fractura ao redor dos ollos.

O martes 22 de marzo un compañeiro que estaba a traballar nun posto de comida rápida en Kavala foi atacado ao redor do mediodía por Triantafilios Alexandridis e Andreas Rigouli (os mesmos que apuntaron cunha pistola a un compañeiro o ano pasado), dúas figuras ben coñecidas da banda nazi para-estatal coñecida como Fénix. O ataque ocorreu fronte a clientes da comida rápida xa que o compañeiro estaba a traballar durante a hora punta. Máis tarde, o compañeiro foi levado a un hospital polos seus colegas.

Os fascistas atacáronlle con obxectos que causaron fracturas no lado dereito do cranio, o nariz e ao redor dos ollos. Adoptaron a súa estratexia habitual: un deles empezou falándolle ao compañeiro e o outro golpeouno desde o outro lado. A intervención dos clientes limitou o dano, pero os fascistas lograron abandonar o comercio sen problemas. Durante o asalto, os fascistas tamén roubaron o teléfono móbil do compañeiro.

As antifascistas mobilizáronse inmediatamente e tentaron localizar aos fascistas, pero era demasiado tarde: xa se agocharan no seu tobo patrullado pola policía.

Non é a primeira vez que fascistas foron a atacar a lugares de traballo en Kavala; non podemos esquecer o asalto e incendio á tenda dunha compañeira durante as celebracións de Imia en xaneiro de 2014. Como entón, a policía protexeu aos seus queridos fillos.

Os clientes que ameazaron con informar dos agresores á policía foron ameazados á súa vez, xa que os dous neonazis supostamente dixeron aos clientes que terían problemas e que en calquera caso non tería sentido. Cando o dono da tenda tentou informar do incidente á policía, dixéronlle que o compañeiro “tamén debía ter feito algo”. Está por tanto claro que hai colaboración entre os fascistas e o departamento de policía de Kavala, baseada na cobertura e participación de escuadrones da DIAS (policía en moto) en ataques fascistas.

Hai preguntas respecto ao “ximnasio de loita” onde os fascistas realizan o seu adestramento (Alexandridis a nivel profesional): Saben que os seus atletas pegan a rapaces estudantes? Aproban que mulleres sexan atacadas no seu lugar de traballo?

Por se isto non fose dabondo, o xoves 23, un compañeiro viu aos dous agresores tomándose un café tranquilamente con membros da policía, mesmo a pesar de que a noite anterior el nomeoulles nunha declaración respecto ao incidente. El foi repetidamente provocado.

Con todo, non estamos sorprendidas en absoluto e non agardamos nada mellor. Non importa canto gocen os fascistas da protección policial: Nunca poderán sentirse a salvo.

Chegará o momento no que non poidan coidar os uns dos outros, e entón devolverémoslles toda a súa violencia.

Dunha cousa estamos seguras: A policía e os nazis teñen os mesmos asuntos.

Abaixo os fascistas, adiante as compañeiras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: