“Ninguén vai vir salvarche, compañeiro”

Texto asinado por Dr. Bones e publicado orixinalmente en inglés na web The Conjure House e reproducido logo en Anarchist Library.

Ninguén vai vir a salvarche, compañeiro. Ninguén.

Non se ve revolución algunha no horizonte, non hai partido, non hai ningunha gran idea que finalmente vaia a facer ver á humanidade o seu potencial e nos vaia a liberar das cadeas.

Non hai vangarda, nin propósito, nin un método segredo que todos podemos usar para máxicamente facer aos poderosos resignarse ao destino dunha existencia ordinaria.

Houberon pretendentes. Hai curas e chulos e falsos deuses que che piden que os adores. Daranche “ciencias” inmortais e identidades e aseguraranche que se suficiente número de xente ponse o uniforme ou fala as palabras correctas todo estará ben.

Tamén hai por suposto os que negan mesmo isto, os que rexeitan toda acción sen que cada detalle estea planeado. Quen dirixirá as escolas, quen construirá as estradas, como os pneumáticos ardendo e as barricadas aumentarán as nosas pegadas?

Eles chamarán aos nosos plans ilusos , pouco prácticos, unha fantasía insurreccional.

Eles din isto medio durmidos.

Eles, tan sabios, maúllan e din que “hai que agardar a que o pobo se levante”. A xente xa se levantou, e foron esmagados. O movemento Occupy fallou, Standing Rock fallou. E todo o que queda é Ti e Eu.

Eles, tan fortes, roncan e din que agardan a que lles quiten os seus dereitos, o dereito a asemblea ou a votar unha liña invisible que non respectarán. Onde estiveron eles cando o Patriot Act, ou a NDAA? Fixeron peticións, choraron, perderon.

Din que están a agardar un gran evento nun universo con millóns deles cada día. Cada día os criterios cambian, cada día seguen medrando facéndose máis vellos e inactivos.

Todo o mundo agarda e ninguén quere empezar, todo o mundo quere unirse pero ninguén quere mancharse as mans. Todos agardan para unha gran revolta xeneralizada, pero se roubas unha mazá ou queimas un coche patrulla chamaranche “aventureiro”.

Todo o mundo está seguro de que o cambio está tras a esquina, que poderes divinos van poñer no camiño correcto. Todo o mundo está seguro de que o tempo está do noso lado, que os bos sempre gañan e que este estado de cousas non pode durar por moito máis tempo. Todos din que é moi posible facer unha revolución sen derramar sangue e sen ferir sentimentos, que todos terán voz e a todos coidaráselles.

Todos teñen claro que a revolución será como un paquete de Amazon: rápido, limpo e listo para ser gozado directamente na porta de casa. Eles teñen fillos e deben pensar neles primeiro, pero con gusto pasarán por enriba do teu corpo unha vez construíses o camiño para que eles poidan camiñar.

Todos agardan. Agardan algo. Agardan a alguén, alguén que veña a salvalos.

Ninguén vén para salvarche compañeiro. Non hai ninguén.

Esta xente vai morrer igual que viviron. Van estar exactamente no lugar onde xa están, no sofá, e loitarán online porque iso non lles custa nada. Igual que a mordaza para as “noites especiais”, a política é o fetiche que os fai sentirse diferentes.

Sempre falan sobre emocións, sobre canta “solidariedade” dan e necesitan. Cada vez que un mozo negro xace nunha piscina do seu propio sangue eles séntense realmente mal, de verdade. Pero eles teñen traballos, non o ves? e familias, e shows para ver en TV e un coche ao que manter.

Sentiránse mal por ti compañeiro se perdes o teu emprego. Porque farán un chamamento á folga xeral e farán carteis, insignias e pins, sempre que sexa un fin de semana e non nas súas vacacións por suposto, e con suficiente antelación para avisarlles.

Están a facerse vellos, esta xente, felices con saber que se tivesen a oportunidade farían algo espectacular. Eles terán os seus pequenos e felices funerais, non os funerais tristes, onde se celebrará a súa vida mediocre falando de que tan “valentes” foron e que tan “dura” foi a súa loita pola liberdade.

Quen nunca se menciona, como e cando, cortésmente, non son discutidos.

Hai millóns deles compañeiro, sempre os houbo e sempre os haberá. Eles nacen, retórcense un intre e logo volven ao buraco do que se arrastraron para saír.

Eles buscan unha guía, miran a que se poden unir e esperan pacientemente a que veña alguén para meterlles a comida na boca e axudarlle a masticar.

Vas agardar a esta xente compañeiro?

Vas agardar á mesma xente que prefiren que sexas TI o que sufra e TI o que morras con tal de que eles poidan xogar sen riscos?

Vas agardar á mesma xente que non vai mover nin un dedo para axudarche a menos que non se vaian a meter en problemas e todo o difícil estea xa resolto?

Vas agardar e facer plans para convencer aos que necesitan ser convencidos, os cales non van moverse nin un centímetro ata que non saiban cantas árbores serán plantadas en cada escola que de súpeto é accesible a cegos e xordos?

Vas agardar por aqueles que catalogan os teus actos como pecados mentres que rezan enfronte das porras dos policías?

Vas agardar para que todo o planeta póñase de acordo ao redor dunha idea, un evento monumental que sería o primeiro en toda a nosa historia?

Estás listo compañeiro, para morrer como eles, rodeado de favores baratos e música aínda máis barata mentres os teus amigos cantan himnos a unha existencia banal?

Ou vas facer algo?

Non me confundas cun idiota, compañeiro, e agardo que ti tampouco o sexas. Non quero nin morrer nin ir ao cárcere. Non teño interese en ser un mártir porque quero ser libre, do mesmo xeito que ti.

Pero se estas preparado para actuar, para deixar de lado as discusións e construír de verdade, entón quizais teñamos unha oportunidade. Ti e Eu, xa non vou falar máis deles.

E se nos centramos en ser libres? E se construímos as estruturas que necesitamos para levar isto a cabo? E se en lugar de discutir sobre o estilo do corte de pelo ou a cor da bandeira, discutimos sobre cultivos para plantar ou atracos a realizar?  E se creamos un sindicato, unha banda, adicada a buscar a liberdade?

Que tal se deixamos as ciber-discusións e volvémonos compañeiros de verdade, do tipo dos que se agochan os uns aos outros da policía e ofrecen un lugar seguro onde agocharse?

Que tal se podemos confiar o un no outro de modo que saiba que vou estar seguro onde sexa que vaia por que se atacan a un, realmente atacan a todos? E se en lugar de agardar unha guerra apocalíptica comezamos a levar a cabo a NOSA propia guerra cotidianamente, unha guerra contra todo o que nos escraviza?

E se facemos isto? Que tal se deixamos de lado as teorías e centrámonos nisto? Por que non? Por que agardar?

Ninguén vai vir a salvarnos compañeiro. Ninguén.
Así que correspóndenos a ti e a min…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: