[Italia] Irrupción en espazos ocupados e detencións en Torino. Arrestado un compañeiro ibérico.

Deteñen a varias anarquistas en Italia. Para obter máis información actualizada visitade a web italiana: http://www.informa-azione.info/

Segundo publicou hoxe diversos medios italianos, está mañá (03/05/2017) seis libertarios vinculados co Asilo Occupato de Turín foron detidos nunha operación conxunta de policía e carabinieri. Entre as persoas arrestadas figuran catro italianos, un francés e un libertario de orixe española para os que foron decretadas medidas cautelares de prisión preventiva.

Os arrestos están relacionados cun episodio de enfrontamento cunha patrulla de carabinieri ocorrido o pasado 28 de febreiro nas inmediacións do Asilo Occupato de Turín. Os axentes alegan danos sobre o vehículo policial cando se dispoñían a realizar unha identificación que, ante a chegada dunha quincena de persoas, non puideron realizar.

A operación policial deu comezo ás 06:30 horas cando a policía rodeou o centro social turinés onde foron detidos cinco activistas anarquistas despois de que resistisen durante varias horas no tellado do espazo ocupado. Fran,un compañeiro de orixe española, foi detido pola DIGOS, policía política italiana, noutro espazo ocupado da capital da rexión piamontesa.

O Asilo Occupado de Turín é un centro social da área anarquista que realiza numerosas iniciativas de loita polo territorio e contra os desafiuzamentos no barrio turinés de Aurora. Desde hai algúns meses atópase baixo o punto de mira por parte das institucións represivas que decretaron diversas medidas cautelares contra persoas que o frecuentan como a prohibición de residir en Turín ou a reclusión preventiva en cárcere.

Recollido de: alasbarricadas.org

Fonte orixinal: http://www.informa-azione.info/torino_repressione_irruzione_in_diversi_spazi_occupati_e_6_arresti

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: