Solidariedade coa nova okupa “La Ingobernable” (Valencia)

Deixamos a continuación esta información des compas da Ingobernable, novo espazo anarquista okupado nunhas instalacións que a Universidade de Valencia tiña en completo desuso e abandono desde facía máis de 5 anos, xustificando o seu abandono deliberado do espazo (na procura do pelotazo especulativo máis apetecible) con que estaba en mal estado e supoñía un risco (afirmación falsa xa desmentida mesmo por unha fundación de arquitectos).

As persoas que okupan o edificio coa intención de convertilo nun espazo do común libre de opresións e en loita contra esta orde de cousas, fixeron pública a súa iniciativa o pasado día 1 de maio, e desde ese momento só están a recibir ameazas e un aumento exponencial da seguridade na zona, tanto en forma de policía como en forma de gardas de seguridade privada. Moita forza para elas e moito desprezo para os madeiros, os seguratas e as autoridades universitarias! 10, 100, 1000 centros sociais!

A asemblea do espazo liberado A Ingobernable comunica que despois dunha semana de okupación, e de facer pública esta onte 1º de Maio, a universidade respondeu contundentemente, aumentando a seguridade privada (en colaboración coa policía local e nacional) ata deixarnos nun estado de asedio. Isto supón que ningunha persoa pode saír nin entrar no edificio, non permitindo que se nos fornezca ningunha subministración básica tales como auga e comida.

A universidade triplicou o número de traballadorxs da seguridade privada, rodeando o edificio. A actitude destes está a ser provocadora, violenta e ameazadora, chegando a expresar un literalmente “se eu píllovos por aquí fóra ídesvos a acordar de min despois disto”, “vai saír cara a bromiña”, “ídesvos arrepentir para toda a vida” dicía mentres xogaba coas esposas de maneira intimidatoria. Queremos asegurar que a nosa actitude foi dialogante e pacífica en todo momento. Este foi o único contacto que tivemos con calquera institución ligada á Universidade de Valencia ata o momento.

Este é un espazo que a Universidade abandonou á súa sorte fai xa máis de 5 anos, co pretexto de que se atopaba inhabilitado e supoñía un risco para os seus ocupantes. Non fai moito a fundación Goerlich de arquitectos desmentiu esta versión, declarando que o espazo está en perfectas condicións para ser usado e reaberto de novo.

Aínda así, desde a ingobernable declara que non vai ceder ante ningunha chantaxe nin ameaza, que somos fortes e estamos unidas. Que A Ingobernable non se abandona!

A SOLIDARIEDADE E O APOIO MUTUO SON NOSAS MELLORES ARMAS, MANTÉMONOS INGOBERNABLES.

Para tomar o control das nosas vidas

Pola horizontalidad
Pola forza colectiva
Pola autogestión
Pola liberdade
Pola ANARQUÍA

···

O espazo liberado A Ingobernable nace da ilusión dun grupo de persoas cun obxectivo común, crear de forma colectiva un espazo baseado na autoxestión e o apoio mutuo, a solidariedade e a acción directa.

Así mesmo, A Ingobernable declárase anticapitalista, antifascista, antipatriarcal, antiespecista e en contra de todo tipo de estruturas baseadas na dominación, o control e a discriminación como as que imperan na sociedade na que vivimos.

Por todo iso, a loita continúa contra a violencia do Estado e toda a súa maquinaria represora, contra a propiedade privada, o consumismo e o individualismo, contra a manipulación que se exerce mediante os mass-media, contra o heteropatriarcado, contra a opresión dos diferentes pobos, contra a gentrificación e contra a destrución do tecido social nos barrios.

INGOBERNABLES, para tomar o control das nosas vidas

Pola horizontalidad
Pola forza colectiva
Pola autogestión
Pola liberdade
Pola ANARQUÍA

Cambiemos o noso presente para construír o futuro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: