[Ponte Vedra] Erre que erra: O milhor alcaide do BNG insiste em parabenizar e confraternizar coa BRILAT do ejército espanhol

Por O gajeiro na gávea

Hai uns días publicaba en Abordaxe un artigo que elaborei a raíz da reunión do novo xeneral da BRILAT co “esperpentísimo” alcalde Lores en Pontevedra, unha xuntanza da que ambos semellaban ter saído moi contentos e que poñía de manifesto, unha vez máis, a cordial relación de colaboración que o BNG en Pontevedra mantén cos corpos militares e asasinos do Estado español (mentras algunhas das súas militantes enchen ao mesmo tempo a boca con discursiños internacionalistas). Agora, o noso compa de O gajeiro na gávea ven de publicar no seu blogue outro artigo de seu despois de que, como era de agardar, o alcalde cedera o espazo da Alameda pontevedresa para o desfile e a exposición de armamento que a BRILAT pretende realizar a finais deste mes, e que colamos a continuación agradecéndolle tamén que se fixera eco das nosas propias achegas.

Unha vez máis, digo… Dime con quen andas e direiche quen es.

Miguel Anxo Fernández Lores -médico e politólogo a semelhança do autor da obra canónica do galeguismo ativista e militante, do egrégio do nacionalismo galego: D. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e que ao igual que este é conhecido polo apelido materno- ponherá, o vindeiro 27 de maio “Día de las Fuerzas Armadas Españolas”, a Alameda pontevedresa a plena disposiçom da Brigada de Infantería Ligera (Brilat), para que esta exponha os seus veículos, armamento e equipas de telecomunicaçom.

De tal jeito vem de faze-lo público nesta semana a través dos falsimédios galegos o novo General ao mando desta brigada aerotransportável, Antonio Romero, quem explicou que a cidadania “tiene derecho a conocer en qué se gastan sus impuestos, qué es lo que hacen las Fuerzas Armadas”, e é por isso que o alcaide bloqueiro cedeu a Alameda para tam grande empenho guerreiro.

Pero nom é que a Lores lhe dera agora um arrebato militarista, nom oh… Já as compas de Abordaxe! venhem dando conta pontoal do seu apego militarista quando em fevereiro de 2016 celebrara a BRILAT, com grande boato, o seu 50 aniversário desfiando polas ruas da cidade do Lérez; e mais quando há só uns dias faziam-se eco da notícia que remitia ás palavras do novo general, quem destacava o “bo clima” de colaboraçom co concelho do BNG em Ponte-Vedra, e mesmo ás palavras de Lores quem, pola sua banda, celebrou a relaçom de “respeito mútuo” entre as duas partes e agradeceu a colaboraçom da Brilat cos diferentes eventos desportivos e culturais da cidade, além de desejar-lhe ao novo jefe militar que “esteja a gosto em Ponte-Vedra”.

E assim vam as coisas democráticas por estes lores, digo lares, onde as candidaturas que outrora eram consideradas caseque como da extrema esquerda e claramente antimilitaristas, som as que sentam em enormes cadeiras de sky ou coiro a falar entre risas de veículos e armamento que agora mesmo está a causar mortes nalgum lugar do planeta e que vam expôr na Alameda pontevedresa para que crianças e maiores observem com acalma a sua capacidade destruitora.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: