O traballo é a actividade dos incapacitados

A identidade entre traballo e ausencia de poder decisorio pódese demostrar non só fáctica, senón tamén conceptualmente. Fai uns poucos séculos as persoas eran conscientes da relación entre traballo e imposición social. En case todas as linguas europeas o concepto «traballo» refírese orixinalmente só á actividade da xente sen poder decisorio, dos dependentes, os servos e os escravos. No ámbito lingüístico xermánico referíase ao traballo ímprobo dun neno orfo e, por iso, caído na servidume. En latín «laborare» significa tanto como «sufrir unha pesada carga» e refírese, en síntese, aos padecimentos e vexacións dos escravos. As palabras románicas «travail», «traballo», etc., derívanse do latín «tripalium», unha especie de xugo que se empregaba para a tortura e castigo de escravos ou outras persoas privadas de liberdade. Na expresión «o xugo do traballo» aínda resoa esa orixe.

«Traballo», por tanto, non é nin na súa orixe etimolóxica un sinónimo de actividade humana autónoma, senón que se remite a un triste destino social. É a actividade dos que perderon a súa liberdade. A expansión do traballo a todos os membros da sociedade non é, en consecuencia, máis que a xeneralización da dependencia servil; e a adoración moderna do traballo, non é máis que a elevación case relixiosa desta situación. Estas circunstancias puidéronse ocultar con éxito e púidose interiorizar este despropósito social porque a xeneralización do traballo viuse acompañada da súa «cosificación», a través do sistema moderno de produción de mercadorías: a maioría das persoas xa non están baixo o látigo dun só señor. A dependencia social converteuse nun conxunto de relacións abstractas do sistema e, por tanto, fíxose total. Nótase en todas partes e, precisamente por iso, apenas pode concibirse. Onde todos son servos, son todos ao mesmo tempo señores, en tanto que cada un é o seu propio tratante de escravos e vixiante. E todos obedecen ao ídolo invisible do sistema, ao «gran irmán» da explotación do capital que os enviou baixo o «tripalium».

Este texto é o punto 8 do Manifesto contra o traballo, escrito en 1999 polo Zeitschrift Krisis (Grupo Krisis), Alemaña.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: