Movilizacións anarcosindicalistas o vindeiro 1 de maio en Pontevedra e Vilagarcía

cartel-2017-cnt FINAL
O Sindicato Pontevedra Libertaria e o Sindicato Arousán Libertario, convocan para o vindeiro 1º de maio unha movilización que inclúe unha manifa matutina en Vilagarcía ás 12:00h que partirá da Praza Ravella, e unha outra manifestación en Pontevedra ás 19:00h convocada na rúa Pasantería. Con esta movilización din pretender realizar un chamado ás traballadoras/es a organizarse asembleariamente para crear un tecido solidario e enfrontarse nos centros de traballo aos patróns que nos condean á pobreza. E tamén visibilizar o anarcosindicato como ferramenta de loita diferenciándose doutros sindicatos-corporacións que usan a connivencia cos poderes do Estado como forma de subsistir e lucrarse no que para eles é xa un negocio.
Advertisements

10 Respostas to “Movilizacións anarcosindicalistas o vindeiro 1 de maio en Pontevedra e Vilagarcía”

  1. Creo que se borrou o comentario que fixen hai un cachiño, que viña sendo.

    Esta xente non vai este ano con CCOO e UGT?

    • Hola, non se borrou ningún comentario simplemente estes precisan de aprobación, por esa razón non se fai público no momento en que o realizas. Sobre a pregunta que formulas, pouco podemos axudarche nós. Toda a info que temos da convocatoria é a que recibimos na nosa conta de correo e a que se pode ler no post. De tódolos xeitos, aconsellámoste que contactes coas organizacións que realizan dita convocatoria se queres informarte dun xeito máis completo. Premendo nos nomes destes sindicatos atoparás unha ligazón hacia os seus perfís nas redes sociais. Agardamos ter axudado.

      Saúde

    • baixa ría Says:

      A movilización da mañá en Vilagarcía consiste nun bloque anarcosindicalista dentro da manifestación de UGT e CCOO. A movilización da tarde en Pontevedra será unha manifestación específica dos dous sindicatos libertarios á marxe de calquera outra organización sindical.

  2. Un pouco contradictorio, non? Pola mañá aderirse á manife dos sindicatos-corporacións o pola tarde criticalos…

    • Eu non vexo contradición algunha, paréceme unha forma máis de visibilizar a súa proposta, sobre todo tendo en conta que ademais fan unha convocatoria específicamente anarcosindicalista pola tarde en Pontevedra. Dúas movilizacións nun día ten mérito, e hai que ter en conta que a manifa de Pontevedra é única manifestación da Galiza específicamente anarcosindicalista para este un de maio, dobre mérito.

    • retrimado Says:

      Contradictorio?? Non menos contradictorio que ir coa CGT, ou integrar a plataforma Nunca Máis. Algúns para o queredes tedes a pel moi fina paréceme a min…

  3. Un fulano de Pontevedra Says:

    En Pontevedra, a que antes era CNT e agora Sindicato Pontevedra Libertaria tras a onda de desfederacións que chegou fai un tempiño, xa fai anos que non se manifesta xunto con CCOO e UGT. De feito, nos últimos anos a mani da CNT era máis tarde que a de CCOO, UGT, CIG e demáis, precisamente para non coincidir.

    Non o digo porque eu sexa simpatizante da vía anarcosindical nin moito menos, pareceme unha ferramenta obsoleta e sen sentido para ser honesto (e aquí poderiamos debater durante horas os motivos polos que penso isto, pero seguramente Internet non sexa a canle máis axeitada para ese debate), pero non é certo que o anarcosindicato vaia en Pontevedra con CCOO, UGT, etc. Polo menos, nas manis do 1 de maio dos últimos anos non foi así.

    Un saúdo.

  4. Outro que non se entera Says:

    Comentarios sobre o primeiro de maio do ano pasado en Pontevedra:

    http://www.alasbarricadas.org/forums/viewtopic.php?f=20&p=633937

    A cousa é de risa

  5. Madre mía, y ahora llegan con los foros... Says:

    Lógico, no se entera ni él ni nadie, porque a todo el mundo se la trae al pairo vuestras batallitas anarcosindicales.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: