[Poznán, Polonia] Crónica da manifestación antifascista do 8 de abril

Tirado de La Rebelión de las Palabras (que traduce ao castelán desde o inglés) e traducido ao galego para Abordaxe! por Disnomia.

O sábado 8 de abril, unha manifestación baixo o lema “O nacionalismo non pasará” foi organizada polo colectivo anarquista Rozbrat, en Poznan. A protesta foi organizada como unha oposición á crecente onda de odio, xenofobia, racismo e homofobia. A meta era amosar esta onda como un resultado da explotación do capitalismo. A manifestación foi apoiada por varios grupos e organizacións, tales como organizacións de extranxeires que viven en Poznan, organizacións feministas e LGTBQI+, a comunidade académica e cultural. Houbo aproximadamente 800 persoas participando. A manifestación empezou no centro da cidade, á beira dun dos centros comerciais onde tivo lugar o ataque racista a un cidadán polaco de orixe siria de hai uns meses. Despois de ler os comunicados “O nacionalismo non pasará” e “Estudantes e académicos da Universidade Adam Mickiewicz contra o nacionalismo e o racismo”, a manifestación foi atacada por uns poucos nacionalistas. O ataque foi rapidamente repelido pola reacción inmediata des manifestantes. Antifascistas correron tras os agresores, pero a policía bloqueou o camiño des antifascistas, bloqueou a entrada ao centro comercial onde os agresores agocháronse e evitou a persecución e en efecto protexeu aos nacionalistas. A policía non foi tras os nacionalistas pero evitou a persecución des antifascistas e tentou atrapalos a eles e non aos agresores. Como soubemos máis tarde, un dos agresores é o dono da tenda “patriota” Nadorowy (Nacional) en Poznan. É ben coñecido pola súa colaboración con organizacións nacionalistas e fascistas tales como Młodzież Wszechpolska (Mozos Polacos) e Nadorowy Świt (Amencer Nacional). Un dos agresores deixado atrás polos seus amigos acabou co seu fodido cu pateado por todas partes. Tras acougarse a situación, a marcha avanzou.

Polo camiño houbo varios discursos de representantes da AMU, do Grupo Stonewall, grupos antifascistas e anarquistas. A medida que a manifestación se aproximaba á oficina do partido no goberno, a policía ameazou e bloqueou a ruta da manifestación informada. Varias persoas da fronte da manifestación deron un paso adiante, unha moza saltou na escaleira do furgón policial. Os axentes de policía apresuráronse a baixar e arrestar á moza, pero afortunadamente algunhes des manifestantes correron ao rescate. Houbo un enfrontamento coa policía, que tentou sacar a individues da multitude para arrestarlles. A policía golpeou aes manifestantes con cachiporras e asperxeu gas pementa. As organizadoras apelaron aos policías para acougarse e deixar á manifestación pasar. Finalmente, a manifestación continuou ata as oficinas do partido do goberno, onde se emitiron protestas contra a actividade policial, es manifestantes enfurecides berraron sobre a coalición policial cos fascistas e apuntaron que o partido no goberno non só permitiu tal acción, senón que a alentou. Logo, a manifestación moveuse cara ao clube e librería anarquista Zemsta (Vinganza), onde a protesta rematou. Zemsta foi varias veces un obxectivo dos ataques nacionalistas e o último tivera lugar facía tres semanas. O representante de Zemsta declarou que o colectivo non parará de loitar polas persoas, polos dereitos des traballadores e dos animais e polas actividades antifascistas.

Como resultado dos enfrontamentos coa policía y os nacionalistas, 7 antifascistas foron arrestades e levades a un centro de detención lonxe do centro da cidade. A información do número e a localización des antifascistas arrestades só estivo disponible ao solpor. Ao final, todes foron liberades ao día seguinte e acusades de estar involucrades na pelexa. É significativo que ningún fascista foi arrestado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: