“Dime con quen andas e direiche quen es” · O novo xeneral da BRILAT destaca o “bo clima” de colaboración co concello do BNG en Pontevedra

Artigo para Abordaxe! por Disnomia
Información tirada do xornal virtual Pontevedra Viva.

Non nos sorprende en absoluto ver que alén dos seus discursiños progres e das súas constantes referencias oportunistas e teimudas á mitoloxía marxista e aos gobernos de países coma Venezuela e Cuba, no fondo, o BNG continúa sendo un PSOE á galega, entregado ás boas relacións e ao colegueo xa non tácito e relutante senón puramente activo e sorrinte cos corpos asasinos do Estado español, neste caso a Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable, máis coñecida coma BRILAT, que conta cunha importante base no monte das aforas da cidade de Pontevedra.

Con todo, non deixa de parecerme interesante poñer en evidencia a falsedade dese rostro “revolucionario” que o BNG adopta cando lle convén.

Onte, martes 25 de abril, o “excelentísimo” señor Lores, alcalde de Pontevedra, entrevistábase co novo xeneral da BRILAT, Antonio Romero Losada, no que ambos describirían logo como “un bo clima de colaboración”. De feito, o xeneral tería definido esta primeira toma de contacto como “moi positiva” e apuntaría que a colaboración entre ambas institucións é “moi necesaria”. Pola súa parte, o Sr. Lores tería celebrado tamén a relación de “respecto mutuo” entre ambas partes e teríalle desexado ao seu novo amigo milico que “estea a gusto en Pontevedra” xa que o alcalde, polo visto, atopa “imprescindible” a participación como voluntarios dos soldados da BRILAT nos eventos deportivos e culturais que se realizan na cidade. Que xenerosos e que boa xente son estes homes da BRILAT, que tan pronto colaboran de voluntarios nas carreiras polas rúas pontevedresas como ocupan militarmente países árabes para expoliar os seus recursos e controlar os seus mercados (deixando polo camiño uns cantos cadáveres xa de paso).

En fin, eu, como xa dixen, non podo senón recalcar de novo a hipocrisía patética que, unha vez máis, asoma por detrás das miserentas relacións de cordialidade que o BNG mantén cos aparellos represivos e os corpos militares asasinos do Estado español en Galiza. E como toque final a esta historia, gustaríame lanzar unha pregunta ao aire para aqueles e aquelas militantes marxistas que fan parte en Pontevedra da organización Mar de Lumes (Comité galego de solidariedade internacionalista), que nas súas campañas posiciónase contra as operacións militares imperialistas na Siria, na Palestina ou no Curdistán… como vos atrevedes a falar deses conflictos desde a vosa posición de privilexio occidental mentras que, ao mesmo tempo, facedes parte do BNG, que se codea xustamente cos corpos de xenocidas que levan a cabo ou participan activamente nesas maniobras militares que criticades? En serio, non vos entran nin sequera unhas náuseas só de pensalo? A que xogades?

Eu mantéñome no meu lugar…
Ai ferri corti contra o Estado, os seus defensores e os seus falsos críticos.
Porque ao pobo non debería interesarlle ningunha guerra salvo a guerra social.

Advertisements

3 Respostas to ““Dime con quen andas e direiche quen es” · O novo xeneral da BRILAT destaca o “bo clima” de colaboración co concello do BNG en Pontevedra”

  1. […] o seu 50 aniversário desfiando polas ruas da cidade do Lérez; e mais quando há só uns dias faziam-se eco da notícia que remitia ás palavras do novo general, quem destacava o “bo clima” de colaboraçom co […]

  2. Disnomia Says:

    Matizo que cando digo que en Mar de Lumes fan parte do BNG non me estou a referir a que Mar de Lumes, como organización, estea vinculada ao BNG, senón a que en Pontevedra, boa parte da militancia de Mar de Lumes son tamén parte do BNG.

  3. […] uns días publicaba en Abordaxe un artigo que elaborei a raíz da reunión do novo xeneral da BRILAT co “esperpentísimo” a…, unha xuntanza da que ambos semellaban ter saído moi contentos e que poñía de manifesto, unha […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: