[Memmingen, Alemaña] Antifascistas prenden lume a un clube fascista

Tiramos e traducimos do blogue do compa de La Rebelión de las Palabras (que traduciu do inglés ao castelán) a seguinte nova e comunicado informando do incendio dunha cabaña en Memmingen, Alemaña, que era usada por grupos neonazis como espazo de encontro e reunión.

No comunicado fan tamén unha crítica extrapolable a moitos outros lugares e situacións, pero que neste caso alude á falta de coherencia nas consignas que nas manifestacións antifascistas chaman a “esmagar aos fascistas” pero que logo na práctica non se ven reflexadas en ataques reais…

O 22 de abril, unha manifestación contra os activistas neonazis baixo o lema “Lembrar significa Loitar” tivo lugar en Memmingen, no Allgäu, con moites antifascistas tomando as rúas. Tan importante como atopamos estas cousas, segue sendo moi decepcionante cando nas manifestacións escoitamos consignas como “Hai nazis nesta cidade / Formade bandas e esmagádeos!”, pero logo na práctica o maior grupo neonazi en Bavaria usou unha casa clube na cidade durante meses e un selo musical neonazi, “Oldschool Records”, está situado a poucos quilómetros e apenas houbo ningunha resistencia visible contra calquera das dúas cousas. E por tanto, apenas hai ningunha cuestión de “esmagamento”. É por isto que decidimos tomar accións na noite do 24 de abril ao 25 de abril. Colocamos un dispositivo incendiario na casa clube do grupo neonazi “Voz da Raiba” coa esperanza de que outres antifascistas sexan inspirades para tomar accións similares e establecer unha resistencia antifascista militante na Alta Swabia e no Allgäu. Porque non hai retagarda silenciosa!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: