Historia secreta do queer

descargaA finais do século XVIII, mentres Inglaterra vivía un auxe de sociedades secretas e de imaxinarios ata entón prohibidos que tiñan que ver coa identidade sexual e a prohibición, xurdiu un tipo de literatura que satirizaba as inclinacións sexualmente ambiguas dalgúns homes. O segredo das sociedades secretas nas que, moi posiblemente, e en moitas delas, levaban a cabo prácticas gays que quedaban celosamente gardadas entre os participantes e membros do grupo, empezaron a circular rumores entre os ingleses de que moitos daqueles homes, algúns deles respetadísimos membros na comunidade, en segredo levaban unha dobre vida.

Un século antes de que o xuízo contra Oscar Wilde sacudise Inglaterra e Europa, expondo a un público masivo o debate sobre a homosexualidade, apareceu a figura do «macaroni», un personaxe habitual en viñetas da prensa que era mostrado con lecturas denigrantes. Non se usaba aínda a palabra «homosexual», pero o público comezou a afacerse ás reconstrucións do macaroni realizadas por debuxantes e escritores: grandes e estrambóticas perrucas empolvadas, fascinación pola moda, uso excesivo de maquillaxe… todo isto segundo a prensa da época definía ao macaroni arredor de 1770 e que podía moverse libremente só en festas de máscaras e bailes de disfraces. E moito máis: macaroni equiparouse a sodomita, quizais alimentado polas fantasías do público ante o hermetismo dos grupos secretos. Algo parecido sucedía coas mulleres, que eran chamadas «safistas» en lugar de «lesbianas», unha palabra que entón non existía.

Mesmo afirmouse a existencia dun Club Macaroni, ao que acusaban de sodomía, algo que lembraba moito ao soado e lendario Club do Lume Infernal. Horace Walpole, nunha carta datada en 1764 fala deste club, describíndoo como un lugar no que se reúnen os mozos que viaxaron, lucindo todos eles «longos peiteados rizados e usan prismáticos». O Macaroni Club estaría formado por ingleses e non ingleses relacionados co Grand Tour, a viaxe que todo adolescente dunha familia podente debía realizar antes de completar a súa «instrución», viaxando por toda Europa, sobre todo Francia e Italia, onde aprendía todo o relevante sobre música, literatura ou calquera outra disciplina artística, admirando persoalmente as obras dos pintores e artistas clásicos. Dicíase que regresaban propagando toda clase de vicios importados de países como Italia ou Francia. O macaroni (que proviña de «maccherone», equivalente a unha persoa de escasa honestidade e dada ás extravagancias) era o reflexo da hostilidade cara ao dandismo, a cultura francesa e italiana que sentían unha parte dos ultraconservadores ingleses.

Deste xeito, aos poucos o londiniense estaba a ser condicionado cara á criminalización do gay, o que deu lugar a que nas mesmas datas en que proliferou a imaxe do macaroni desatouse unha caza de bruxas antisodomita que, en realidade, agochaba homofobia. En xullo de 1772, o capitán Robert Jones (ao que a prensa chamou «militar macaroni») foi xulgado por sodomía e encarcerado no Old Bailey. Acusóuselle de sodomizar a un neno de trece anos, polo que foi condenado á forca. En outubro, unha nova testemuña do mozo, que confesou que declarara feitos falsos, púxoo en liberdade. Aínda que se librou da morte, os xuízos contra gays continuaron. Un século máis tarde, Oscar Wilde e Alfred Douglas serían as seguintes grandes vítimas.

Fonte: agenteprovocador.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: