Entrevista ás compas de Fraguas, proxecto de okupación rural en Guadalajara en risco de desaloxo

Tiramos e traducimos de Regeneración Libertaria esta entrevista realizada ás compas que se atopan habitando en Fraguas, un pobo okupado nesta pedanía castelá, perto de Guadalajara, e que agora atópase en risco de desaloxo, o que tamén supón un perigo extra para algunhas das persoas que alí viven, imputadas e ás que piden 4 anos de cárcere (a cada unha) máis o pago de cuantiosas multas.


Desde o mesmo instante que nos decatamos da ameaza de desaloxo deste proxecto de okupación rural na pequena pedanía de Fraguas (Guadalajara), puxémonos en contacto co grupo de xestión desta iniciativa porque criamos que a mellor maneira de difundir o seu proxecto e amosarlles a nosa solidariedade, era precisamente realizando unha entrevista onde nos respondesen en primeira persoa a todas as nosas preguntas e ganas de saber, que non foron poucas.

Agradecémoslles enormemente a súa resposta ás nosas inquietudes, e agardamos que dando a coñecer este proxecto teñades tantas ganas como nós de acudir en persoa, apoiar no proceso represivo que lanzaron contra eles/as e estreitar lazos para manter viva esta inciativa de autonomía e convivencia no campo.

– Para comezar gustaríanos que contásedes un pouco sobre Fraguas, cal é a súa situación xeográfica e contexto ecolóxico? cal é a súa historia recente?

Fraguas é un pobo da Serra Norte de Guadalajara, as terras son parte do Concello de Monasterio, do cal foi pedanía e a xestión das mesmas pertence á Xunta de Castilla-La Mancha. O terreo é considerado pola adminstración como Parque Natural, a pesar de ser na súa maioria monocultivo de piñeiro en terrazas artificiais que tapizan case todas as ladeiras da contorna. As primeiras referencias históricas son do século XV, pero non se sabe cando empezaron os asentamentos na zona. A partir da década dos sesenta do século pasado, o réxime franquista iniciou unha campaña para baleirar de xente a serra (na cal hai moitos máis pobos abandonados agardándovos) coa escusa de plantar piñeiros. En Fraguas concretamente, comezaron por expropiarlles as terras e por tanto non deixarlles pastar, quitáronlles o médico e a escola e fóronlles enganando para que vendesen tamén as casas. O último habitante en irse, Don Benito, foi en 1968. A partir de aí destruíron o que quedou concienzudamente, bulldozers desmontando os tellados e mesmo con prácticas militares durante os anos 90. Desde entón dábase esa situación de abandono ata que chegamos nós a Fraguas en abril de 2013.

– Cando descubristes Fraguas e cales foron as motivacións encamiñadas a iniciar un proxecto para okupalo?

Descubrimos Fraguas no ano 2012 tras xuntarnos dous grupetes de persoas con ganas de okupar Fraguas con inquietudes parecidas. A nivel colectivo, ademais das individuais, as nosas motivacións pricipais para okupar, habitar e recontruir Fraguas foron e son a través da comunidade, a autosuficiencia, o autogoberno e a autoxestión económica. O desexo de poñer en marcha un modelo convivencial autónomo e horizontal a nivel de produción e consumo que se enfronte co preestablecido e puidese transcendernos a nivel persoal. Unha ansiada volta ao campo.

– Que proxectos desenvolvestes no pobo e cales estades a desenvolver actualmente?

Temos principalmente tres retos: a reconstrución do pobo, a autosuficiencia e a convivencia. A nivel do primeiro obxectivo reconstruímos tres casas e temos outras tres obras en marcha. Da autosuficiencia real aínda estamos lonxe pero é unha clara tendencia na que se enmarca o proxecto, en cuestións de luz autoabastecémonos grazas á enerxía solar. A convivencia é o noso gran reto, a cal traballamos día a día.

– Como xestionastes o proxecto en todo este tempo? (Grupos de traballo, asembleas…) Como se ve modificado ese modelo de xestión respecto de como o entendemos na cidade?

A xestión do proxecto levouse a cabo mediante asembleas horizontais, priorizando o traballo en grupo sen especializar e xestionándoo desde o común. A diferenza principal é o proxecto de comunidade convivencial, vinculado a todos os ámbitos da nosa vida, compañía, lecer, traballo e loita política.

– Desde a vosa aprendizaxe nestes anos, como describiriades a experiencia de okupacion rural? que obstáculos atopastes?

A experiencia é en xeral ilusionante, ver e sentir a un grupo de persoas empoderado, xestionando as terras e espazos e as súas vidas da maneira máis autónoma que coñecemos, é verdadeiramente alentador. O principal obstáculo somos nós mesmos/as, a convivencia marca e moita xente marchouse do proxecto por non xestionar ben os conflitos. Outro obstáculo claro é o poder estatal que desde o principio aperta con multas e a día de hoxe acusa a 6 de nós dos delitos de usurpación de monte público, delito contra a ordenación do territorio e danos. Solicítannos 4 anos de cárcere e unha gran cantidade de diñeiro.

– É dura a vida no campo buscando a máxima autoxestión? Tedes contacto coa cidade?

Desde o noso parecer a vida no campo non é máis dura que na cidade. Si que é certo que a carga de traballo que temos é brutal e que a nivel emocional estamos saturados pero xa se sabe que sarna con gusto non pica e que estamos convencidos/as do que facemos. Claro que temos contacto coa cidade, case todos/as vimos de cidades grandes e por tanto a nosa contorna esta alí. Ademais non queremos ser uns/has tolos/as que simplemente se botan ao monte, queremos vincularnos con outras loitas da cidade e servir de exemplo (como outros/as son para nós/as) da volta ao campo pero baixo paradigmas diferentes.

– Valorades a posibilidade de aliarvos cos movementos sociais e políticos das cidades?

Sen dúbida, somos parte dos movementos sociais e políticos, sendo conscientes de que con distintos métodos de loita a solidariedade e o apoio mutuo son valores que temos que fomentar entre a loita urbana e rural.

– Recentemente soubemos que vos queren desaloxar. Contádenos brevemente desde cando vén esta ameaza, quen están detrás deste intento de desaloxo e que intereses teñen sobre Fraguas?

A presión por parte da Xunta de Castilla-La Mancha vén case desde antes de okupar Fraguas, xa nos avisaron técnicos e forestais de cal ía ser a súa resposta. As multas comezaron ao ano de estar alí xa coa ameaza por parte dos axentes forestais de que se estaba tramitando a denuncia pola vía penal. En xuño de 2015 chamáronnos a declarar ao Xulgado de Instrución nº 4 de Guadalajara, acusados de usurpación de monte público. Durante o mes de abril deste ano 2017 fóronnos chegando os escritos de acusación nos que engaden delitos contra a ordenación do territorio e danos. A denuncia pona a Consellería de Agricultura e Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural. O interese que poden ter é o control e o poder sobre as terras, o mantemento da propiedade e a destrución de alternativas prácticas ao seu modelo de sociedade.

– Que medidas represivas penais ou económicas queren impoñervos?

Pois nos solicitan a cada unha das persoas que estamos imputadas unha multa de 600 euros pola usurpación de monte público, 2 anos de cárcere por delitos contra a ordenación do territorio, outros 2 anos de prisión polo delito de danos e un total de 26.677 euros en concepto de responsabilidade civil polo mencionado delito de danos (que veñen xustificados polos custos da demolición e xestión dos residuos da mesma).

– Algunhas estratexias para a resistencia que nos poidades contar?

Principalmente a nosa estratexia a curto prazo vai ser a difusión do proxecto e a problemática legal enfrontando ao poder cunha carga moral da que eles carecen. A longo prazo nosa firme convicción de defender o proxecto.

– Por último, darvos as grazas por concedernos esta entrevista. Unhas palabras que queirades expresar para os/as letores/as de Rexeneración?

Grazas a vós/as, comentar tan só que o campo está baleiro agardando, e que foi o pasado pero é sen dúbida o futuro. Que Fraguas está aberto para que veñades coñecernos e quen sabe a que máis. Para calquera cousa, visitas, dúbidas ou críticas, escribídenos ao correo electrónico:

fraguaspobladores@gmail.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: