[A Coruña] Atención! Cambiada a hora para a Xornada Antiespecista do venres 21 no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

Infórmannos de que as horas da Xornada Antiespecista preparada para este venres 21 de abril no Ateneo Libertario Xosé Tarrío da Coruña mudaron. As actividades terán lugar ás 20:00 e ás 20:45 respectivamente, como aparece no cartaz actualizado (a continuación).

Lembrámosvos de seguido a información da devandita xornada:

20:00 – Proxección: “The Herd” (O Rabaño) + Debate sobre interseccións entre especismo e patriarcado.

The Herd é unha curtametraxe realizada pola directora vegana e feminista Melanie Light en Reino Unido no ano 2014. Foi descrita coma a primeira curtametraxe vegana e feminista pola propia directora, que pretende rachar co Referente Ausente, que diría Carol J. Adams, para amosar a realidade das industrias lácteas de todo o mundo dun xeito controvertido pero impactante e directo, amosando unha situación onde as víctimas explotadas polo seu leite non son vacas senón femias humanas. A violencia do proceso de obtención do leite, a apatía total dos explotadores ou a loita por fuxir e defenderse dalgunhas das mulleres son os temas principais nos que discurre a trama.

20:45 – Presentación “Memorias de Liberdade”

Algunhas persoas participantes do colectivo de “Comunicación Anarquista Abordaxe!” e da “Distribuidora Anarquista Polaris” vimos de editar por primeira vez en galego este texto que narra unha das campañas de loita pola liberación animal máis efectivas xamáis emprendidas contra a industria peleteira nos EUA. Teremos connosco aos compañeiros editores que nos falarán deste libelo e das accións e experiencias de loita pola liberación animal e a defensa da terra que conta.

Haberá ceador vegano

Ateneo Libertario Xosé Tarrío
R/ La Paz nº 16, no barrio de Os Mallos (A Coruña)
Facebook: @AteneoLibXoseTarrio

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: