Unha represalia máis para o preso en loita que denunciaba malos tratos en Teixeiro

Informa tokata.info

Recibimos outra carta de Sergio Medina Castel, onde nos di que xa ten a condución pedida a Sevilla e que non lle escribamos a Teixeiro, senón que el avisará cando chegue ao sur. Con todo, non estaría de máis algunha carta dándolle ánimos. Aínda podería chegarlle, se se envía pronto e, se non chega, sempre se pode gardar copia e mandala despois a Sevilla. En todo caso, non nos esquezamos do compañeiro Sergio. A seguir podedes ler a súa comunicación:

Teixeiro, 6-IV-2017

Estimadxs compañeirxs!!

Recibín a vosa carta o día 30/3/2017, mandeivos hai pouco unha carta poñendo a miña situación persoal, enviándovos as instancias do meu xaxún e táboa reivindicativa, non se sei se o fixen ben así ou ditas instancias hai que envialas a algún lado. Bo, referente á miña situación persoal, estou fodido. Agora lévanme a Sevilla 2, manténdome en primeira fase, inventándose que eu peguei a dous carcereiros. Pero a historia foi que por facer a folga e a táboa reivindicativa déronme un palizón, articulándome en 72. Dous días, tirado como unha cabicha sen mantas, nin nada, e, despois, con 42 días de illamento en cela por esa movida, condución ou dispersión a 800 km da miña familia. Pero seguirei loitando e estarei en contacto con vós, (…). Non me mandedes carta ata que chegue a Sevilla 2, eu xa vos escribo cando chegue alí, como vos mandei unha dirección na anterior carta para que me escribise a xente, non lla deades, porque é a de Teixeiro e, como vos conto, estarei en Sevilla 2 nunha semana ou dúas como moito, (…).

Quero que publiquedes no boletín o que contei do meu puño e letra na anterior carta, as malleiras, as torturas, as dispersións, todo. Non quero que esta puta xente que me levan apalizando toda a condena queden impunes, quero denunciar ao centro de exterminio de León, tedes os papeis médicos e, como me pasou a malleira que me deron agora no buraco de Teixeiro, estiven 15 días sen poderme mover das ostias que me deron, tamén mandeivos o parte médico do médico carcereiro que me viu. Estou a lume de biqueira con vós e sempre LOITA E RESISTENCIA. Non me escribades máis a Teixerio, cando chegue a Sevilla 2, escríbovos unha carta dicindo que xa estou nese bunker e mandádesme o último boletín, o que estades a debater, as direccións das miñas compas. Vou despedindo cun forte abrazo libertario. Saúde.

Grazas por todo compañeirxs, axudádeme coas denuncias de León e Teixeiro. Unha aperta, xa vos escribo cando chegue ao sur.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: