Piden tres anos de cárcere a quen convocou a XIII marcha á prisión de Teixeiro

Unha petición fiscal de tres anos de cárcere para a persoa convocante e outras dúas, unha de ano e oito meses e outra de ano e nove meses, para dous dos participantes son o absurdo e desproporcionado saldo represivo da XIII marcha á Prisión de Teixeiro, sucedida no 2013.

Aquel ano, tras tentar a garda civil identificar a un dos participantes por lanzar os habituais foguetes cos que xs manifestantes transmiten a súa solidariedade axs internos (o ruído permite que xs presos se decaten da protesta), produciuse un pequeno rifirrafe entre picoletos e manifestantes. O asunto non tivo demasiada transcendencia, xa que nin sequera houbo detencións no momento, e limitouse a un tira e afrouxa cos participantes para tentar que non identificasen o compañeiro en cuestión. Pois ben, pasados catro anos dos sucesos chegan as peticións fiscais para o inminente xuízo, ademais da imputación polo uso dos artefactos pirotécnicos e outra por supostas lesións a un picolo, ambas algo inferiores a dous anos de prisión (polo que non se entra na cadea a menos que se teñan antecedentes), e ata aquí algo máis ou menos previsible, o máis sorprendente do caso é a petición fiscal de tres anos de cárcere para unha das persoas que dera o seu D.N.I. para convocar a Marcha. Ampáranse no artigo legal previsto para manifestacións nas que desde a organización promóvese o levar armas ou explosivos co fin de organizar altercados, para, deste xeito, poder soster semellante petición fiscal desproporcionada (que, de ser validada por un xuíz, implicaría o inmediato ingreso en prisión).

Dáse o caso de que esta non é a primeira ocasión na que se producen desproporcionadas actuacións represivas contra os participantes nas anuais Marchas á Prisión de Teixeiro (que xa van pola súa decimoséptima entrega), pois parece ser que a delegación do goberno mantén un pulso cos manifestantes por acabar con semellante desvergoña como pode ser o amosar solidariedade ás persoas privadas de liberdade. Desta forma en varias ocasións multouse a todxs xs participantes por non ser convocada a Marcha; cando as Marchas empezaron a convocarse entón sancionaron aos coches dos asistentes con absurdas multas de tráfico; sométese sempre axs solidarixs a desproporcionados e exhaustivos controis antiterroristas con rexistros dos seus vehículos a cargo de picolos armados con subfusile; e mesmo chegaron a picar as rodas dos coches dos manifestantes nunha ocasión (máis de vinte rodas furadas de dazanove coches)… e é que os camiños da benemérita son inescrutables.
Seguiremos informando.

Fonte: airmandadedacosta.info

Advertisements

Unha resposta to “Piden tres anos de cárcere a quen convocou a XIII marcha á prisión de Teixeiro”

  1. […] de La Rebelión De Las Palabras recogende Irmandades da Costa (nuevo blog anarquista que pretende centrar, que no limitar, su contenido, al contexto local y […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: